Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Unha intensa borrasca mantén en alerta laranxa por chuvia e vento as provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra // Baixan as listas de espera en todos os servizos e as de cirurxía sitúanse en algo menos de 55 días, a menor espera na historia do Sergas // A Veiga, na montaña de Ourense, consegue frear a perda de veciños cun plan integral contra o despoboamento. 16/01/20

Unha intensa borrasca mantén en alerta laranxa por chuvia e vento as provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra // Varias casas dunha aldea da Pontenova (Lugo) levan máis dun mes sen liña telefónica como consecuencia dos temporais de antes do nadal // Baixan as listas de espera en todos os servizos e as de cirurxía sitúanse en algo menos de 55 días, a menor espera na historia do Sergas // Familias, médicos e políticos saen á rúa na Baña para pedir máis horas de atención pediátrica // O Lugo cae ante o Raio Vallecano en Vallecas e o Deportivo recibe ao Racing de Santander // A Veiga, na montaña de Ourense, consegue frear a perda de veciños cun plan integral contra o despoboamento. 16/01/20

Hoxe temos a chegada dunha fronte activa que arrastra moita humidade. Esta situación deixará unha xornada de ceos moi anubrados con chuvias xeneralizadas localmente fortes, acompañadas de aparato eléctrico e saraiba. A cota de neve estará arredor dos 1.100 metros ó final do día. As temperaturas seguirán sen cambios significativos. O vento durante a mañá soprará do suroeste forte, con refachos moi fortes, rolando a compoñente oeste tralo paso da fronte. 16/01/20

Unha intensa borrasca mantén en alerta laranxa por chuvia e vento as provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra // Varias casas dunha aldea da Pontenova (Lugo) levan máis dun mes sen liña telefónica como consecuencia dos temporais de antes do nadal // Baixan as listas de espera en todos os servizos e as de cirurxía sitúanse en algo menos de 55 días, a menor espera na historia do Sergas // Familias, médicos e políticos saen á rúa na Baña para pedir máis horas de atención pediátrica // O Lugo cae ante o Raio Vallecano en Vallecas e o Deportivo recibe ao Racing de Santander // A Veiga, na montaña de Ourense, consegue frear a perda de veciños cun plan integral contra o despoboamento. 16/01/20

O plan dun colexio público de Lugo para loitar contra a obesidade infantil e promover unha vida saudable estenderase a colexios de toda Galicia // Empeza unha tempada de lamprea que se agarda boa e nas pesqueiras de Herbón, no río Ulla, xa houbo as primeiras capturas // Os premios da cultura galega homenaxearon ao movemento musical e cultural da movida viguesa dos anos oitenta. 15/01/20

O plan dun colexio público de Lugo para loitar contra a obesidade infantil e promover unha vida saudable estenderase a colexios de toda Galicia // Máis de tres mil persoas maiores reciben formación académica nas universidades galegas // Os prezos subiron un 0,7% en Galicia en 2019, unha décima menos que no conxunto do Estado // Os premios da cultura galega homenaxearon ao movemento musical e cultural da movida viguesa dos anos oitenta // Fernando Vidal xa é o novo presidente do Deportivo // Empeza unha tempada de lamprea que se agarda boa e nas pesqueiras de Herbón, no río Ulla, xa houbo as primeiras capturas. 15/01/20

Pequena tregua á espera da chegada dun novo temporal mañá xoves. O vento amainou despois dunha noite con refachos que superaron os 120 quilómetros por hora en moitos puntos da Coruña, Pontevedra e norte de Lugo. Tamén as precipitacións foron desaparecendo e dando paso á apertura de grandes claros. Cara ao final do día aumentará a nubosidade e volverá chover no litoral oeste e polo sur. Tamén arreciará de novo o vento. 15/01/20