Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Conflicto no PSOE coruñés. A secretaria local afirma que ela aporta 3500 euros ó partido, en concepto de cotas, e que a alcaldesa non aporta nada, malia estar obrigada a facelo.

Os mariscadores de Ferrol anuncian novas protestas tras non chegar a ningún acordo coa consellería do mar para paliar os efectos do descenso das capturas.

En deportes, destacar a racha impecable do Liceo de hockei a patíns . Conta os partidos por victorias. leva sete de sete.

Quince minutos por diante para repasar a actualidade da provincia coruñesa, neste xoves 19 de novembro.

Desde a medianoite pasada Sanxenxo e O Grove teñen restriccións a mobilidade e peche da hostelería por mor da covid. Súmanse ao listaxe de 68 concellos con maiores limitacións.

O conselleiro de Sanidade, que asegura que os datos globais en Galicia son bos porque na súa opinión baixan os positivos e os falecementos, sinala que en Nadal podería haber menos restriccións, pero que serán unhas festas diferentes.

Institucións Penitenciarias abriu unha investigación para esclarecer a morte de Rosario Porto. A nai da nena compostelá Asunta Basterra apareceu morta no cárcere de Ávila onde cumpría unha condena de 18 anos polo asasinato da súa filla adoptiva.

Repasamos a actualidade de Galicia en Radio Nacional.

Sanxenxo prepárase para a entrada en vigor, esta medianoite, das medidas máis drásticas de restrición. O Comité Clínico advirte de que o Nadal estará marcado en toda Galicia polas medidas para evitar contaxios. A incidencia baixa na maior parte das zonas urbanas, pero persite noutras.// Rosario Porto, a nai de Asunta Basterra, era atopada morta esta mañá na sua cela da prisión de Brieva, en Avila..// Detido en Vilanova de Arousa un sobriño de Manuel Charlín polo atropelo mortal a unha veciña da vila, a pasada noite. Diego Silva Charlin nun coche de alta gama. 18/11/20

Pequenas e medianas empresas familiares viables ata aparición da COVID, loitan agora pola súa supervivencia. Estas compañías son as primeiras que se poden beneficiar da moratoria de créditos ICO que acaban de aprobar o Goberno, ante a paralización do mercado e a posible falta de ingresos ata o vindeiro verán. Un destes casos é o da empresa de autocares Arousa Bus.

A familia Núñez leva oitenta anos no negocio do transporte público con autobuses. Agora esta á fronte a terceira xeración. Ata aparición da COVID era unha empresa viable con presencia en Galicia e no mercado internacional, cunha frota de 12 autobuses para atender a transporte público non regular. Dende o mes de marzo, e por primeira vez na súa historia, están totalmente parados. Porque non hai turismo, actividade deportiva nin eventos culturais nin familiares.

Sanxenxo prepárase para entrar, a partir desta medianoite, nas medidas máis drásticas de restrición: confinamento perimetral, peche da hostalaría e reunións limitadas a convivintes.. //Os casos activos descenden hoxe lixeiramente, ata situarse en 9.051, a pesar dunha repunta no número de contaxios rexistrados nas últimas horas, de máis de 500.// Rosario Porto, condenada polo asasinato da sua filla Asunta, aparece morta, aforcada na sua cela da prisión de Brieva, en Avila. Cumpría a pena de 18 anos de cárcere, imposta xunto ao seu ex marido Alfonso Basterra, polo crime cometido en 2013. //A crise golpea con especial dureza ao sector dos autocares turísticos. Pequenas e medianas Empresas viables e con previsións de crecemento antes da aparición da Covid, loitan agora por sobrevivir, ante a previsión de que o mercado seguirá paralizado durante meses. 18/11/20

Sanxenxo prepárase para entrar, a partir desta medianoite, nas medidas máis drásticas de restrición: confinamento perimetral, peche da hostalaría e reunións limitadas a convivintes.. //Os casos activos descenden hoxe lixeiramente, ata situarse en 9.051, a pesar dunha repunta no número de contaxios rexistrados nas últimas horas, de máis de 500. Rexistráronse seis falecementos e os pacientes ingresados nas UCIs son un total de 102..// Rosario Porto, condenada polo asasinato da sua filla Asunta, aparece morta, aforcada na sua cela da prisión de Brieva, en Avila. Cumpría a pena de 18 anos de cárcere. //A crise golpea con especial dureza ao sector dos autocares turísticos. Pequenas e medianas Empresas viables e con previsións de crecemento antes da aparición da Covid, loitan agora por sobrevivir. 18/11/20

Situación intermedia entre o anticiclón centrado na península Ibérica e a borrasca que se situa no litoral portugués. Así, os ceos estarán parcialmente cubertos con máis nubes nas provincias da Coruña e Pontevedra, onde se esperan as chuvias más persistentes. 18/11/20

Funcionarios de la cárcel de Brieva (Ávila) han encontradoahorcada en su celda a Rosario Porto, condenada a 18 años de cárcel por asesinar junto a su marido a su hija adoptiva, Asunta Basterra. Porto había cumplido ya siete años de condena y ya había intentado quitarse la vida y autolesionarse, al menos, en otras dos ocasiones cuando estaba en las cárceles de A Coruña y Pontevedra.

Centos de hosteleiros movilizanse en Santiago para reclamar axudas para o sector.

 O concello de Compostela aproba en pleno destinar tres millóns e medio de euros, que non foron gastados o ano pasado, a paliar os efectos da pandemia entre os colectivos máis afectados.

 O Parlamento reclama por unanimidade que se axilicen os trámites para que a Casa Cornide sexa declarada ben de interese cultural, para evitar  que os Franco poidan vendela.

A actualidade da provincia de A Coruña, neste mércores 18 de novembro.

Sanxenxo e O Grove súmanse aos concellos que teñen peches perimetrais. A medida, que supón o peche da hostelería entra en vigor a próxima medianoite.

Concentración ás portas da residencia de maiores de Salvaterra do Miño para denunciar as malas condicións nas que viven. No centro faleceron 24 anciáns e a fiscalía investiga a siituación.

Unha cita coa información de Galicia.

Baixa o número total de casos activos, que se sitúa en 9.060, son medio cento menos ca onte. Por Áreas Sanitarias o descenso obsérvase en todas, agás na de Lugo, que rexistra un lixeiro aumento, e en Santiago que mantén o mesmo número de casos. A cifra de mortes aumenta en 17.// Ainda que hoxe está prevista unha nova xuntanza do Comité Clínico, o presidente da Xunta indicou que non será ata dentro de duas semanas cando se decidirá se se relaxan ou non as medidas de restricción para frear os contaxios. // Un empresario do Grove, ca actividade da sua orquestra cancelada dende antes do verán, decidíu utilizar o trailer para transportar leituga a outros países. 17/11/20