Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Hostaleiros de toda Galicia pola situación desesperada que están a atravesar. Un recorrido ata a praza do Obradoiro, que se converte na primeira manifestación conxunta de empresarios e traballadores do sector na nosa comunidade. //O presidente da Xunta descarta relaxar as restriccións ata a primeira semana de decembro.//Os casos activos seguen a baixar e sitúanse hoxe en 9.060, logo de rexistrarse 400 novos contaxios no último día. Os falecementos contabilizados ascenderon a 17. Hai algo máis de 500 pacientes hospitalizados dos que 106 están nas UCI. //Un ultraconxelador capaz de conservar temperaturas de 80 graos baixo cero. Pertence a unha empresa de Santiago que reune as condicións técnicas para almacenar as vacinas anunciadas para a Covid-19 cando estean autorizadas a sair ao mercado. 17/11/20

Hostaleiros de toda Galicia protestan pola situación desesperada que están a atravesar. Un recorrido ata a praza do Obradoiro, que se converte na primeira manifestación conxunta de empresarios e traballadores do sector. //O presidente da Xunta descarta relaxar as restriccións ata a primeira semana de decembro.//Os casos activos seguen a baixar e sitúanse hoxe en 9.060, logo de rexistrarse 400 novos contaxios no último día. Os falecementos contabilizados ascenderon a 17. //Un ultraconxelador capaz de conservar temperaturas de 80 graos baixo cero. Pertence a unha empresa de Santiago que reune as condicións técnicas para almacenar as vacinas anunciadas para a Covid-19 cando estean autorizadas a sair ao mercado. 17/11/20

Situación intermedia entre o anticiclón centrado na península e a borrasca que se situará no litoral portugués. Así, o ceo estará parcialmente cuberto, con máis nubes nas provincias da Coruña e Pontevedra, donde se esperan as chuvias máis persistentes. 17/11/20

 Aumenta o número de casos positivos por coronavirus nas tres áreas sanitarias da provincia. Son 59 os enfermos que precisan atención nas unidades de cuidados intensivos.

 Os traballadores da uci do hospital de Santiago continúan coa folga indefinida. Reclaman máis persoal e mellores condicións laborais.
 
 O concello da Coruña promove a construcción de 50 vivendas de protección oficial no polígono de Xuxán. Serán de dúas e tres habitacións.
 
 O aeroporto de Alvedro recupera parte dos seus vos a Madrid. Serán tres díarios.

 A actualidade da provincia da Coruña, neste martes 17 de novembro.

O gromo na residencia de Mos, que suma 145 positivos, orixinouse hai unha semana entre traballadores e familiares asintomáticos, pese aos estrictos controis e cribados que se levan a cabo. Así o entenden os responsables do centro, un dos máis grandes de Galicia, que pasara ata agora sen ningún caso dende o comenzo da pandemia // Os casos activos sitúanse hoxe en 9.110, logo de rexistrarse algo máis de 400 novos contaxios no último día. A presión hospitalaria, en cambio, non da tregua con 32 novas hospitalizacións e soben a 110 os pacientes ingresados nas unidades de coidados intensivos. // Os neumáticos e as luces, Dous elementos claves para a seguridade dos vehículos, que os axentes da garda civil controlarán con especial atención nas estradas galegas dende hoxe. A campaña da Dirección XEral de Tráfico durará ata o xoves. 16/11/20

Ffoco, o festival de fotografía coruñés, Pretende dar a coñecer os traballos que se fan en Galicia e establecer conexións con América Latina. Por iso, este ano hai un espazo dedicado Paolo Gasparini. Tamén nesta edición se inclúe un apartado de fotografía histórica no que se recorda ao Papagayo, o barrio chinés da Coruña hoxe desaparecido.

O festival leva catro anos de rodadura. Este ano estrea sede na Fundación Luís Seoane, cunha programación protagonizada por máis de 30 creadores que, a través dunha ducia de actividades, achegan os seus traballos a novos públicos.

O gromo na residencia de Mos, que suma 145 positivos, foi orixinado pola visita de algún familiar ou traballador asintomático, pese aos estrictos controis e cribados que se levan a cabo. // Seguen á baixa os casos activos, que se sitúan en 9.110, logo de rexistrarse algo máis de 400 novos contaxios. A presión hospitalaria, en cambio, non da tregua con 32 novas hospitalizacións e soben a 110 os pacientes ingresados nas unidades de coidados intensivos. //O aeroporto de Alvedro revitalízase, logo de nove meses de caída de viaxeiros, con novas conexións que permiten ir e volver a Madrid no día. O concello e a Cámara de Comercio da Coruña asumen o 40 por cento do sobrecuste nun convenio con Iberia. 16/11/20

O gromo na residencia de Mos, que suma 145 positivos, foi orixinado pola visita de algún familiar ou traballador asintomático, pese aos estrictos controis e cribados que se levan a cabo. // Seguen á baixa os casos activos, que se sitúan en 9.110, logo de rexistrarse algo máis de 400 novos contaxios. A presión hospitalaria, en cambio, non da tregua con 32 novas hospitalizacións e soben a 110 os pacientes ingresados nas unidades de coidados intensivos. //O aeroporto de Alvedro revitalízase, logo de nove meses de caída de viaxeiros, con novas conexións que permiten ir e volver a Madrid no día. 16/11/20

Despois dunha mañá con néboas e máis frío, temos ceos despexados e temperaturas máximas entre 15 a 18 graos. No mar ata media tarde está activo un aviso amarelo por ondas de 4 a 5 metros. 16/11/20