Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Reiníciase a actividade laboral considerada non esencial. Traballadores da construcción e da industria, que pararon hai quince días, poden volver aos seus postos, pero con novos protocolos de seguridade // Para axudar a protexerse aos que volven ao traballo, as forzas de seguridade comezaron a distribución de máis de seiscentas mil máscaras sanitarias no transporte público e polígonos de Galicia // Os viveiros de flores e plantas ornamentais rexistran perdas de 14 millóns de euros porque, coas floristerías pechadas, non teñen a quen venderlle. Agora na primavera é cando venden o 80% da producción. 13/04/20

O andazo de coronavirus perde forza en Galicia. Nas últimas horas reducíuse o ritmo de contaxios e baixa o número de ingresados nas UCIs. As víctimas mortais son, a día de hoxe 278, en hospitais e xeriátricos // O confinamento obriga a suspender os actos da Semana Santa en Ferrol e Viveiro, declarados de interese turístico internacional e con gran impacto económico. Na cidade do Landro só se suspenderon en dúas ocasións // Vilas turísticas blíndanse para evitar a chegada de visitantes nesta Semana Santa atípica. Sanxenxo ou o Grove intensifican os controis policiais e xa tramitaron varias denuncias. (08/04/2020)