Ascenden a 208 os falecidos con coronavirus nos hospitais de Galicia e a medio cento os que morreron co virus en residencias de maiores, pero comeza a reducirse a rapidez dos contaxios e o número dos ingresados en coidados intensivos // Semana Santa sen viaxes nin procesións. Coa poboación confinada, o sector hostaleiro perde unha das tempadas altas e agarda o verán con incerteza e cunha avalancha de cancelacións // O illamento social necesario contra a pandemia é máis doado de manter nas zonas rurais. Acompañamos a unha patrulla da Garda Civil no seu percorrido polos Ancares lucenses para botar unha man ás persoas que precisan axuda. (07/04/2020)
Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Malena González y Abelardo Vázquez
Galicia rexistra o menor incremento de contaxios de coronavirus dos últimos quince días. 167 novos casos, elevan o total a 5.342. Os mortos suben a 241, entre hospitais e residencias de maiores // O hospital de campaña de Expocoruña podería estar operativo en 24 horas para acoller ata 240 pacientes leves ou en recuperación // Detido un empresario de Santiago polo roubo de preto de dous millóns de máscaras e outro material sanitario nun almacén do polígono do Tambre. (06/04/2020)
Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Malena González y Abelardo Vázquez
A pesar de que no se puede viajar sin tener un motivo justificado, en Galicia han detectado que hay quien prepara pisos para alquilar. Las autoridades recuerdan que es un comportamiento muy grave y avisan de que se van a intensificar los controles y que las sanciones serán contundentes.
Galicia suma 149 mortos, 19 máis que onte, e aumentan a 4.635 os casos de coronavirus. Deles 176 están na UCI e a maioría recupéranse na casa // As forzas de seguridade reforzan os controis nas saídas das cidades e nos accesos a concellos turísticos, para frear posibles traslados non permitidos // As universidades galegas dan por feito que non vai haber máis clases presenciais neste curso. (03/04/2020)