Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Galicia rexistra 130 mortos con coronavirus e case 4.400 afectados, 165 ingresados nas UCIS. Xa son 333 os pacientes dados de alta // As medidas para frear o virus provocan un aumento do desemprego histórico. Máis de oito mil persoas quedaron en paro en marzo en Galicia. Na nosa comunidade hai case 174.500 parados, ademais das 156 mil persoas en suspensión temporal de emprego // O illamento dos doentes ingresados con coronavirus nos hospitais supón un sufrimento emocional engadido. A maioría dos centros galegos están a facilitar o contacto con familiares a través de videochamadas. (02/04/2020)

Galicia supera o cento de falecidos con coronavirus, ao acadarse as 115 vítimas. Con todo, a taxa de letalidade é a máis baixa de todas as comunidades. Os casos rexistrados aquí pasan dos catro mil // Os productores de leite manteñen o abastecemento a unha industria que viu aumentar a demanda dos seus produtos. As granxas intensifican a seguridade polo risco de contaxios // Facenda devolverá máis de seiscentos millóns de euros a máis dun millón de contribuintes galegos na campaña da renda que comeza hoxe, co plan e o calendario habituais. (01/04/2020)

Soben a 94 os mortos con coronavirus en Galicia, tras producirse hoxe oito novos falecementos. Aquí hai 3.758 contaxiados, 147 deles ingresados na UCI // A Xunta intervén as residencias de maiores de Barreiro, en Vigo, e de Aldán, en Cangas, tras detectarse entre residentes e coidadores case douscentos positivos por coronavirus // Sobreviviu á gripe española de 1918, a dúas guerras mundiais e á Guerra Civil española. Lulú Vázquez acaba de cumprir 110 anos confinada na súa casa Pontevedra (31/03/2020)