Os médicos que atenden a Teresa Romero van manter as medidas de illamento da paciente ata comprobar que ningún dos fluídos do seu corpo presenta restos da infección por virus do ébola. A auxiliar de enfermería lucense superou a doenza pero ainda terá que seguir a tratamento para paliar os seus efectos // Máis de cen empresas comprométense a usar o galego e piden á Xunta e ás universidades que lles faciliten as ferramentas e medios para poder facelo. Foi no día da galeguidade empresarial e cando se cumpren dez anos da aprobación do plan de normalización lingüística // Novo atraco na Coruña. Esta vez a plena luz do día. A media mañá era asaltada unha xoieiría do centro da cidade. Tres individuos disfrazados con perrucas roubaron a punta de pistola o negocio. Lograron levar 30 reloxos de marcas de luxo cun valor aínda sen cuantificar. A policía conseguiu deter a dous. 22/10/14
Os médicos que atenden a Teresa Romero van manter as medidas de illamento da paciente ata comprobar que ningún dos fluídos do seu corpo presenta restos da infección por virus do èbola. A auxiliar de enfermería lucense superou a doenza pero ainda terá que seguir a tratamento para paliar os seus efectos // Máis de cen empresas comprométense a usar o galego e piden á Xunta e ás universidades que lles faciliten as ferramentas e medios para poder facelo. Foi no día da galeguidade empresarial e cando se cumpren dez anos da aprobación do plan de normalización lingüística // Novo atraco na Coruña. Esta vez a plena luz do día. A media mañá era asaltada unha xoieiría do centro da cidade. Tres individuos disfrazados con perrucas roubaron a punta de pistola o negocio. Lograron levar 30 reloxos de marcas de luxo cun valor aínda sen cuantificar. A policía conseguiu deter a dous. 22/10/14
Os médicos que atenden a Teresa Romero van manter as medidas de illamento da paciente ata comprobar que ningún dos fluídos do seu corpo presenta restos do ébola // Máis de cen empresas comprométense a usar o galego // Novo atraco na Coruña. Esta vez a plena luz do día. 22/10/14
O anticiclón déixanos hoxe, un día máis, tempo estable. Sol en practicamente toda Galicia e calor. 22/10/14
Novidades xudiciais respecto ao crime da nena Asunta Basterra. A Audiencia provincial da Coruña anulou a inclusión no sumario da gravación das conversas entre os pais da pequena, mentres estaban detidos no cuartel da Garda Civil // Nas próximas horas coñeceranse os resultados da última análise de sangue realizada a Teresa Romero para comprobar se está xa libre do virus do ébola. Se se confirma que xa non ten carga vírica, poderá saír do illamento ao que estivo sometida, durante os últimos 15 días, e considerarase curada da doenza // Un informe económico elaborado polo BBVA prevé un crecemento da economía galega para o ano que vén, dun 2,2%. Un prognóstico que mellora en dúas décimas as previsións feitas pola Xunta. 21/10/14
Novidades xudiciais respecto ao crime da nena Asunta Basterra. A Audiencia provincial da Coruña anulou a inclusión no sumario da gravación das conversas entre os pais da pequena, mentres estaban detidos no cuartel da Garda Civil // Nas próximas horas coñeceranse os resultados da última análise de sangue realizada a Teresa Romero para comprobar se está xa libre do virus do ébola. Se se confirma que xa non tén carga vírica, poderá saír do illamento ao que estivo sometida, durante os últimos 15 días, e considerarase curada da doenza // Un informe económico elaborado polo BBVA prevé un crecemento da economía galega para o ano que vén, dun 2 con 2 por cento. Un prognóstico que mellora en dúas décimas as previsións feitas pola Xunta. 21/10/14
A Audiencia provincial da Coruña anulou a inclusión no sumario da gravacion das conversas entre os pais de Asunta Basterra, mentres estaban detidos no cuartel da Garda Civil // Nas próximas horas coñeceranse os resultados da última análise de sangue realizada a Teresa Romero para comprobar se está xa libre do virus do ébola // Un informe económico elaborado polo BBVA prevé un crecemento da economía galega para o ano que vén, dun 2,2%. 21/10/14
Seguimos con sol e calor en toda Galicia. As temperaturas seguirán en valores semellantes os de onte. Máis frescas en torno aos 25 graos polo norte e rondando os 30 no sur. 21/10/14
O Bispado de Tui-Vigo tomou o control da asociación Orden y Mandato de San Miguel Arcángel, tras unha investigación sobre a conduta moral do seu fundador e presidente, que foi apartado das súas funcións // A Sanidade, con máis de 3.400 millóns de euros de orzamento e a educación con por riba de 2.100 millóns de euros, son as partidas que contan con maiores cantidades nos orzamentos da comunidade para o ano que vén // O BNG mudará a súa denominación para concorrer ás próximas eleccións municipais. Presentarase baixo a marca electoral BNG-Asembleas abertas, tal como explicou hoxe o portavoz nacional da formación nacionalista, Xavier Vence. 20/10/14
O Bispado de Tui-Vigo tomou o control da asociación Orden y Mandato de San Miguel Arcángel, tras unha investigación sobre a conduta moral do seu fundador e presidente, que foi apartado das súas funcións // A Sanidade, con máis de 3.400 millóns de euros de orzamento e a educación con por riba de 2.100 millóns de euros, son as partidas que contan con maiores cantidades nos orzamentos da comunidade para o ano que vén // Teresa Romero semella terlle gañado a batalla ao évola. A súa familia respira aliviada á espera de coñecer os resultados de novas análises para descartar definitivamente a existencia de évola no seu organismo // Hoxe comenza a campaña de vacinación contra a gripe que durará dous meses. Sanidade recomenda vacinarse aos maiores de 60 anos, enfermos crónicos e embarazadas. Solicita á poboación que non acudan masivamente nesta primeira semana porque a maior incidencia non se espera ata mediados de decembro. 20/10/14
O Bispado de Tui-Vigo tomou o control da asociación Orden y Mandato de San Miguel Arcángel, tras unha investigación sobre a conduta moral do seu fundador e presidente // A Sanidade, con máis de 3.400 millóns de euros de orzamento e a educación con por riba de 2.100 millóns de euros, son as partidas que contan con maiores cantidades nos orzamentos da comunidade para o ano que vén // Teresa Romero semella terlle gañado a batalla ao évola. 20/10/14
Volveu o sol e con el o anticiclón que nos vai acompañar durante toda a semana. Hoxe agardamos valores practicamente de verán en moitos puntos. 20/10/14
Día hoxe de limpeza nalgunhas das zonas máis afectada polo temporal Margit. Esta mañá continuaban achicando auga nalgúns garaxes de Vigo. A zona de Balaídos foi unha das máis afectadas onde os cortes de luz mesmo obrigaron a parar a factoría de Citröen. No estadio aínda hoxe seguen sen subministro eléctrico facendo inventario de danos.
O proxecto de orzamentos para 2015 ascende a 8.436 millóns de euros, cun leve incremento sobre os deste ano. Prevén un crecemento económico do 2%, creación neta de emprego e redución da taxa de paro ata o 20%. Crecen por vez primeira desde o ano 2007, e destinarán 8 de cada dez euros a servizos sociais, educación e sanidade.
Diminúe o número de delitos que se tramitan nos xulgados. O ano pasado foron case un sete por cento menos que no anterior. Pero aumentaron os que tratan de asuntos de corrupción, que foron unha quinta parte máis que no ano anterior. (17/10/14)
Día hoxe de limpeza nalgunhas das zonas máis afectada polo temporal Margit. Esta mañá continuaban achicando auga nalgúns garaxes de Vigo. A zona de Balaídos foi unha das máis afectadas onde os cortes de luz mesmo obrigaron a parar a factoría de Citröen. No estadio aínda hoxe seguen sen subministro eléctrico facendo inventario de danos.
O proxecto de orzamentos para 2015 ascende a 8.436 millóns de euros, cun leve incremento sobre os deste ano. Prevén un crecemento económico do 2%, creación neta de emprego e redución da taxa de paro ata o 20%. Crecen por vez primeira desde o ano 2007, e destinarán 8 de cada dez euros a servizos sociais, educación e sanidade.
Diminúe o número de delitos que se tramitan nos xulgados. O ano pasado foron case un sete por cento menos que no anterior. Pero aumentaron os que tratan de asuntos de corrupción, que foron unha quinta parte máis que no ano anterior. (17/10/14)
Día hoxe de limpeza nalgunhas das zonas máis afectada polo temporal Margit.
O proxecto de orzamentos para 2015 ascende a 8.436 millóns de euros, cun leve incremento sobre os deste ano.
Diminúe o número de delitos que se tramitan nos xulgados pero aumentaron os que tratan de asuntos de corrupción. (17/10/14)