Un coruñés de Vimianzo, de 38 anos, é o primeiro galego que leva un corazón artificial // 300 mil aves morren atrapadas nos anzois das redes de palangre de todo o mundo // Cada vez visitan Galicia máis turistas estranxeiros. 800 mil ata setembro, que gastaron aquí case 700 millóns de euros. 28/10/14
Teremos ceos anubados pero o risco de precipitacións é pequeno. So pode caer algunha na parte máis occidental da provincia da Coruña, durante a tarde. 28/10/14
Recupéranse en centros hospitalarios de Vigo as dúas persoas feridas no accidente da avioneta que acabou esnafrada contra unha zona arborada, a poucos metros da Autoestrada AP-9, na localidade pontevedresa de Barro // Satisfacción na Coruña, logo da detención dunha banda de ladróns que asaltara máis dun cento de vivendas. Case todos son xeorxianos pero tamén hai entre eles un acusado, de nacionalidade española // Por primeira vez, dende hai sete anos, aumenta a inserción laboral dos licenciados universitarios galegos. O 63% dos que remataron os seus estudos no curso 2010-2011 atoparon traballo. 27/10/14
Recupéranse en centros hospitalarios de Vigo as dúas persoas feridas no accidente da avioneta que acabou esnafrada contra unha zona arborada, a poucos metros da Autoestrada AP-9, na localidade pontevedresa de Barro // Satisfacción na Coruña, logo da detención dunha banda de ladróns que asaltara máis dun cento de vivendas. Case todos son xeorxianos pero tamén hai entre eles un acusado, de nacionalidade española // Por primeira vez, dende hai sete anos, aumenta a inserción laboral dos licenciados universitarios galegos. O 63% dos que remataron os seus estudos no curso 2010-2011 atoparon traballo. 27/10/14
Recupéranse en centros hospitalarios de Vigo as dúas persoas feridas no accidente da avioneta // Satisfacción na Coruña, logo da detención dunha banda de ladróns que asaltara máis dun cento de vivendas // Por primeira vez, dende hai sete anos, aumenta a inserción laboral dos licenciados universitarios galegos. 27/10/14
Hoxe aínda disfrutamos de bo tempo. Despois dunha fin semana na que moitos volveron ás praias as previsións apuntan a que pouco a pouco vai ir mudando a situación. A semana principia con sol e con temperaturas por agora moi agradables. 27/10/14
A Garda Civil detivo en Vigo un home de 38 anos ....por corrupción de menores e acoso a través de internet. Están identificadas, de momento, 13 das súas vítimas, de entre 11 e 17 anos de idade.
A partir do domingo as cadeas de televisión emitirán por novas frecuencias , polo que será preciso adaptar... as antenas colectivas dos edificios. Uns 70.000 precisarán da visita dun antenista.
Un asesor financeiro recoñece terse apropiado de 120.000 euros dos seus clientes durante os catro anos que traballou como axente dun banco no concello de Monterrei, en Ourense. (24/10/14)
A Garda Civil detivo en Vigo un home de 38 anos ....por corrupción de menores e acoso a través de internet. Están identificadas, de momento, 13 das súas vítimas, de entre 11 e 17 anos de idade. O detido era monitor dun equipo de baloncesto feminino nun colexio da cidade.
A partir do domingo as canles de televisión emitirán por novas frecuencias , polo que será preciso adaptar... as antenas colectivas dos edificios. Uns 70.000 precisarán da visita dun antenista. Os instaladores de telecomunicacións advirten, que para recibir as axudas do Goberno, as comunidades deben contratar empresas rexistradas. no Ministerio de Industria
Un asesor financeiro recoñece terse apropiado de 120.000 euros dos seus clientes durante os catro anos que traballou como axente dun banco no concello de Monterrei, en Ourense. Di estar tan arrepentido do que fixo... que pensa devolverlles os cartos... aos 14 clientes afectados, entre eles o unico que denunciou o caso. a familia dun enfermo de alzheimer (24/10/14)
A Garda Civil detivo en Vigo un home de 38 anos por corrupción de menores e acoso a través de internet.
A partir do domingo as cadeas de televisión emitirán por novas frecuencias .
Un asesor financeiro recoñece terse apropiado de 120.000 euros dos seus clientes. (24/10/14)
Hoxe o tempo déixanos moitas nubes pero de momento temperaturas moi agradables. As máximas iso sí serán máis baixas cas que estivemos a disfrutar durante a semana. (24/10/14)
O paro reduciuse en Galicia en 26.000 persoas no 3º trimestre do ano segundo a enquisa de poboación activa. En total hai 258 mil parados, case 21 mil menos ca hai un ano. Galicia é a cuarta Comunidade na que máis subiu o número de ocupados. Os datos da EPA tamén dín que hai case 88 mil fogares en Galicia con todos os seus membros no paro // A Xunta acorda cos Ministerios de Economía e Defensa a instalación dun centro de investigación sobre avións non tripulados, (os denominados drons) no aerodromo lucense das Rozas. O proxecto suporá o investimento de 10 millóns de euros e posibilitará a creación de 50 postos de traballo // O caso da orde relixiosa, descabezada polo bispado de Tui-Vigo, chega agora aos xulgados. Un xuíz de Tui abriu dilixencias logo de que un detective, contratado polas familias de varios adeptos, aportase datos sobre o comportamento da asociación Orden y Mandato de San Miguel Arcángel. Describen como esa orde controlaba os contactos e as decisións dos membros da orde. 23/10/14
O paro reduciuse en Galicia en 26.000 persoas no terceiro trimestre do ano segundo a enquisa de poboación activa. En total hai 258 mil parados, case 21 mil menos ca hai un ano. Galicia é a cuarta Comunidade na que máis subiu o número de ocupados. Os datos da EPA tamén dín que hai case 88 mil fogares en Galicia con todos os seus membros no paro // A Xunta acorda cos Ministerios de Economía e Defensa a instalación dun centro de investigación sobre avións non tripulados, (os denominados drons) no aerodromo lucense das Rozas. O proxecto suporá o investimento de 10 millóns de euros e posibilitará a creación de 50 postos de traballo // O caso da orde relixiosa, descabezada polo bispado de Tui-Vigo, chega agora aos xulgados. Un xuíz de Tui abriu dilixencias logo de que un detective, contratado polas familias de varios adeptos, aportase datos sobre o comportamento da asociación Orden y Mandato de San Miguel Arcángel. 23/10/14
O paro reduciuse en Galicia en 26.000 persoas no terceiro trimestre do ano segundo a enquisa de poboación activa // A Xunta acorda cos Ministerios de Economía e Defensa a instalación dun centro de investigación sobre avións non tripulados, no aerodromo lucense das Rozas // O caso da orde relixiosa, descabezada polo bispado de Tui-Vigo, chega agora aos xulgados. 23/10/14
Segue o bo tempo e as temperaturas agradables, aínda que unha pequena fronte atravesa hoxe a nosa comunidade. 23/10/14