Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A auxiliar de enfermaría contaxiada de ébola en Madrid é da localidade lucense de Becerreá, onde viven varios membros da súa familia. Enfermou, logo de atender a un dos dous misioneiros españois contaxiados no continente africano e que morreron tras ser repatriados // O Presidente da Xunta anunciou un aumento das deducións fiscais de cen euros ao mes para as familias que teñan o segundo fillo e de 200 a partir do terceiro. Foi no debate sobre o estado da autonomía onde tamén dixo que o Goberno Autónomo quere por en marcha un plan de emprego para mozos, para o que se destinaran 48 millóns de euros máis e tamén para parados maiores de 45 anos // Un membro de Resistencia Galega recoñeceu hoxe que preparaban un atentado contra a sede do PP en Moaña. Díxoo na audiencia nacional onde son xulgados 3 presuntos integrantes desa organización, acusados de colocar  explosivos nunha instalación de telecomunicacións no monte Sampaio, de Vigo, en 2012. Piden pra eles 17 anos de cárcere. 07/10/14 

A auxiliar de enfermaría contaxiada de ébola en Madrid é da localidade lucense de Becerreá, onde viven varios membros da súa familia // O Presidente da Xunta anunciou un aumento das deducións fiscais de cen euros ao mes para as familias que teñan o segundo fillo e de 200 a partir do terceiro // Un membro de Resistencia Galega  recoñeceu hoxe que preparaban un atentado contra a sede do PP en Moaña. 07/10/14

Seguimos con ceos moi nubosos e chuvias que durante a a mañá foron débiles e ocasionais pero de cara a tarde poden ser máis frecuentes sobre todo polas Rías baixas. As temperaturas seguen a baixar. 07/10/14

O xuíz da Audiencia Nacional, Fernando Andreu, decretou o ingreso en prisión de Raúl Agulleiro, o mozo de 24 anos detido coma presunto autor do atentado da semana pasada contra a casa do concello de Baralla, en Lugo // Aprobada a fusión de Abanca e o Banco Etcheverría. A Xunta de accionistas da entidade, herdeira das caixas de aforros aprobou hoxe a operación, consistente nunha ampliación de capital de Abanca // Morre nun incendio na súa vivenda de madrugada na Coruña. O falecido é un home  de 51 anos que vivía nun noveno piso no barrio de Elviña. Un irmán da vítima co que convivía logrou fuxir das lapas que puideron comezar o deixar un deles unha vela acesa. 06/10/14

O xuíz da Audiencia Nacional, Fernando Andreu, decretou o ingreso en prisión de Raúl Agulleiro, o mozo de 24 anos detido coma presunto autor do atentado da semana pasada contra a casa do concello de Baralla, en Lugo // Aprobada a fusión de Abanca e o Banco Etcheverría. A Xunta de accionistas da entidade, herdeira das caixas de aforros aprobou hoxe a operación, consistente nunha ampliación de capital de Abanca. O grupo resultante convértese no décimo banco español polo volume dos seus activos // Morre nun incendio na súa vivenda de madrugada na Coruña. O falecido é un home  de 51 anos que vivía nun noveno piso no barrio de Elviña. Un irmán da vítima co que convivía logrou fuxir das lapas que puideron comezar o deixar un deles unha vela acesa. 06/10/14

Moitas nubes e choivas sobre todo nas provincias atlánticas principiamos semana. Chuvias máis frecuentes e intensas na Coruña e Pontevedra e que se foron estendendo o resto. 06/10/14

O xuíz da Audiencia Nacional, Fernando Andreu, decretou o ingreso en prisión de Raúl Agulleiro, o mozo de 24 anos detido coma presunto autor do atentado da semana pasada contra a casa do concello de Baralla, en Lugo // Aprobada a fusión de Abanca e o Banco Etcheverría // Morre nun incendio na súa vivenda de madrugada na Coruña. O falecido é un home  de 51 anos que vivía nun noveno piso no barrio de Elviña. 06/10/14 

17.000 euros en horas extra é o que leva cobrado un dos funcionarios do concello de Marín en Pontevedra no que levamos de ano. Unha elevada cifra que o consistorio xustifica porque dende hai catro anos non poden contratar persoal // O 20% dos galegos fuma habitualmente. O estrés da vida diaria e o medo a engordar son os principais motivos para non deixalo // Barak Obama escolleu un viño mencía dunha pequena adega da Ribeira Sacra para o brinde da Cea de Gala da Hispanidade en Whashintong. 03/10/14 

17.000 euros en horas extra é o que leva cobrado un dos funcionarios do concello de Marín en Pontevedra no que levamos de ano. Unha elevada cifra que o consistorio xustifica porque dende hai catro anos non poden contratar persoal // Avespas asiáticas asañáronse cun obreiro que cortaba madeira en Cervo, ao que lle deron 27 picadas // O xurado declara culpable ao acusado de matar a pai e fillo en Xermade, despois de brutais malleiras. O coñecido como violador do estilete, condenado a 21 meses // O 20% dos galegos fuma habitualmente. O estrés da vida diaria e o medo a engordar son os principais motivos para non deixalo // O neno Ismael Carballo, cun déficit da hormona do crecemento, foi atendido no hospital Clínico de Santiago, despois de que os Reis recibiran unha carta da familia pedindo apoio para o tratamento // Todo preparado en Lugo para unha semana de festas do San Froilán, unha das grandes citas do outono galego que reúne a milleiros de persoas de toda Galicia. 03/10/14

17.000 euros en horas extra é o que leva cobrado un dos funcionarios do concello de Marín en Pontevedra no que levamos de ano. Unha elevada cifra que o consistorio xustifica porque dende hai catro anos non poden contratar persoal // O 20% dos galegos fuma habitualmente. O estrés da vida diaria e o medo a engordar son os principais motivos para non deixalo // O neno Ismael Carballo, cun déficit da hormona do crecemento, foi atendido no hospital Clínico de Santiago, despois de que os Reis recibiran unha carta da familia pedindo apoio para o tratamento // Lugo abre esta noite as festas do San Froilán, unha das grandes citas do outono galego que reúne a milleiros de persoas de toda Galicia. 03/10/14