Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Sexta alerta vermella na costa. Activada en todo o litoral galego ata as oito da tarde. A maioría da flota segue amarrada, por mor do mal estado do mar // A xunta aproba o plan integral de turismo ata 2016, cos principais eixos no termalismo, a gastronomía e o camiño de Santiago. 06/02/14

Galicia se prepara para la embestida de dos nuevas borrascas. Una llegará esta madrugada, y la otra, durante el fin de semana. El fuerte oleaje y las rachas de viento han vuelto a provocar daños.

Confrarías de pescadores, mariñeiros e admistracións recontan os danos causados pola forza do mar que volveu desatarse, a primeira hora de hoxe. A borrasca deixou case duascentas incidencias en toda a comunidade, tanto na costa coma no interior, por vento e anegamentos.

Un remolcador de Salvamento Marítimo controla o barco dos Emiratos Árabes que segue á deriva a unhas 50 millas da costa da Coruña, logo de que os seus cinco tripulantes foran recatados, sen danos, por un helicóptero da Consellería de Pesca. O seu remolque está a ser dificultado polo mal estado do mar.

Quedaron en libertade con cargos os dous garda civís de Arousa detidos por presunta relación có tráfico de drogas. Os axentes, destinados nos cuarteis de Cambados e O Grove, terán, agora, a obriga de comparecer ante o xuíz cada 15 días, imputados por catro delictos. (05/02/14)

Galicia está hoxe nunha zona de transición, á espera dunha nova fronte que nos afectará na madrugada e que deixará de novo fortes ventos e chuvias intensas. (05/02/14)

Confrarías de pescadores, mariñeiros e admistracións recontan os danos causados polos temporais.

Un remolcador de Salvamento Marítimo controla o barco dos Emiratos Árabes que segue á deriva a unhas 50 millas da costa da Coruña.

As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo recibe hoxe a súa acreditación como reserva da biosfera. (05/02/14)

Confrarías de pescadores, mariñeiros e admistracións recontan os danos causados pola forza do mar que volveu desatarse, a primeira hora de hoxe. A borrasca deixou case duascentas incidencias en toda a comunidade, tanto na costa coma no interior, por vento e anegamentos.

Un remolcador de Salvamento Marítimo controla o barco dos Emiratos Árabes que segue á deriva a unhas 50 millas da costa da Coruña, logo de que os seus cinco tripulantes foran recatados, sen danos, por un helicóptero da Consellería de Pesca. O seu remolque está a ser dificultado polo mal estado do mar.

As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo recibe hoxe a súa acreditación como reserva da biosfera. Esta zona, que abrangue 17 concellos do norte da Coruña, foi distinguida con este título pola Unesco hai medio ano. Hoxe, representantes seus recollen o diploma en Madrid. sostebilidade. (05/02/14)

A intensidade do vento acadou xa refachos de máis de 140 km na Mariña de Lugo e en puntos altos das provincias de Pontevedra e A Coruña // A nova cicloxénese explosiva que nos está a afectar aconsella extremar as precaucións e mañá fará elevar a alerta ao máximo nivel en toda a costa // O paro subiu en Galicia en xaneiro en dez mil persoas. Hai agora 280 mil parados na nosa comunidade. A maior suba foi no sector dos servizos como é habitual despois do Nadal. A Seguridade Social perdeu algo máis de 13 mil afiliados // Declarou nos xulgados de Betanzos o empresario de Cambre que permanecera secuestrado durante cinco días ata ser rescatado pola garda civil. Cre que os secuestradores o confundiron con outra persoa, supostamente un irmán, e nega que tivera unha débeda con eles. 04/02/14

Petra xa está sobre Galicia. A nova cicloxénese explosiva que afecta á nosa comunidade deixa xa chuvias intensas e ventos de máis de 120 kilómetros por hora. A previsión é que se superen os 140, sobre todo na Mariña Lucense // O paro subiu en Galicia en xaneiro un 3.69%, en dez mil persoas, segundo os datos dos servizos de emprego, que sitúan en douscentos oitenta mil o número total de parados na nosa comunidade. A maior suba foi no sector dos servizos como é habitual despois do Nadal. A Seguridade Social perdeu 13.249 afiliados // Esta mañá entraron en servizo os 16 kilómetros que faltaban para rematar a autovía do Cantábrico en Galicia. Os dous treitos pendentes, entre Abadín e Mondoñedo, en Lugo, tiveron un investimento de 192 millóns de euros, os máis complexos da A-8 na nosa comunidade. Tras dez anos de obras, xa é posible circular todo por autovía desde A Coruña ata a fronteira con Cantabria. 04/02/14

Petra xa está sobre Galicia. A nova cicloxénese explosiva que afecta á nosa comunidade deixa xa chuvias intensas e ventos de máis de 120 kilómetros por hora // O paro subiu en Galicia en xaneiro un 3.69%, en dez mil persoas, segundo os datos dos servizos de emprego // Esta mañá entraron en servizo os 16 kilómetros que faltaban para rematar a autovía do Cantábrico en Galicia. 04/02/14

Temos un novo sistema frontal sobre Galiica,asociado a unha borrasca e que vai deixar choivas xeneralizadas, fortes en Pontevedra, suroeste da Coruña e Oeste de Ourense. 04/02/14

Amplíase cara ao leste da Mariña a busca do rapaz de 15 anos, que foi engulido por unha onda cando paseaba na bicicleta por un espigón, en Foz. Crese que as correntes puideron arrastralo. Unha zapatilla aparecida na costa de Barreiros e que se sospeita é do desaparecido parece confirmar esa hipótese // A neve impediu ir a clase a perto de 650 alumnos de trinta colexios e institutos de Ourense e Lugo. Sete centros escolares suspenderon a actividade, seis deles, en Ourense. Meteogalicia mantén o nivel de alerta amarelo ata as nove desta noite por nevaradas por riba dos 600-700 metros. 03/02/14

Amplíase cara ao leste da Mariña a busca do rapaz de 15 anos, que foi engulido por unha onda cando paseaba na bicicleta por un espigón, en Foz. Crese que as correntes puideron arrastralo // Os destrozos provocados pola cicloxénes Nadja na Coruña poden acadar o millón de euros. A forza do mar arrancou uns 150 metros da balaustrada de pedra que circunda a praia de Riazor // A neve impediu ir a clase a perto de 650 alumnos de 30 colexios e institutos de Ourense e Lugo. Sete centros escolares suspenderon a actividade, seis deles, en Ourense // O Alcalde de Lugo, López Orozco, do Partido Socialista, nega ter recibido sobres con subornos entregados pola empresa Vendex e di que non vai dimitir. E o Concello da Coruña rexeitou hoxe a demisión ou destitución do tenente de alcalde, Julio Flores, do Partido Popular, tamén imputado na Operación Pokémon. 03/02/14

Amplíase cara ao leste da Mariña a busca do rapaz de 15 anos, que foi engulido por unha onda // Os destrozos provocados pola cicloxénes Nadja na Coruña poden acadar o millón de euros // A neve impediu ir a clase a perto de 650 alumnos de trinta colexios e institutos de Ourense e Lugo. 03/02/14