Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Estamos hoxe nunha situación de transición, agardando unha nova fronte que chegará na vindeira noite. Ainda así en moitas zonas non nos libramos de algúns orballos ocasionais. 24/02/14

A operación Patos contra a corrupción iniciouse hai máis dun ano a raíz da denuncia dunha empresa competidora contra Cespa e Eiriña, as principais firmas implicadas. O Delegado do Goberno propuxo hoxe medidas para medir a eficiencia da administración de xustiza, co fin de mellorala // 131 persoas seguen ingresadas en Hospitais galegos afectados de gripe. 31 delas na UCI.Dende hai un mes 23 persoas perderon a vida a causa deste andazo que aínda nos vai seguir afectando outras tres semanas, segundo os cálculos do Servizo Galego de Saúde // Desde mañá e ata o próximo 21 de marzo xa se pode facer a solicitude de praza nas escolas infantís a Galiña Azul do próximo curso para menores de tres anos. As listas provisionais de admitidos publicaranse o 2 de maio e as definitivas o 27 dese mesmo mes. 21/02/14

O tempo vainos dar unha tregua durante esta fin de semana. Será a primeira de bo tempo tras dous meses seguidos de borrascas. Soben as temperaturas e sobre todo na tarde de mañá locirá o sol en practicamente toda Galicia // O Delegado do goberno en Galicia propón medir a eficiencia da Xustiza para mellorala. Samuel Juárez cre que sería de interese público saber que xuíces conseguen instruír e xulgar máis casos ou cantos dos imputados resultan finalmente condenados // A mulleres cobran de media un 23 por cento menos que os homes en Galicia. Ademais, a diferenza de retribución entre sexos, lonxe de desaparecer, ten aumentado coa reforma laboral. Así o recolle un informe de UGT, ante o día pola igualdade salarial entre homes e mulleres. 21/02/14

O tempo vainos dar unha tregua durante esta fin de semana // Delegado do goberno en Galicia propón medir a eficiencia da Xustiza para mellorala // A mulleres cobran de media un 23 por cento menos que os homes en Galicia. 21/02/14

A Xunta aproba un plan de emprego xuvenil dotado con 100 millons de euros destinado aos 95.000 mozos galegos menores de 30 anos que están no paro. O plan fai especial fincapé nos 30 mil mozos con menor formacion // Estudantes de secundaria e da universidade maniféstanse hoxe nunha vintena de localidades galegas contra a lei de mellora da calidade educativa, a lomce, e contra os recortes na educación. Nalgunhas das concentracións, coma na de Santiago, algúns manifestantes romperon cristais e lanzaron ovos e pintura en caixeiros bancarios e escaparates de comercios // O Partido Popular abriulle un expediente informativo ao concelleiro de obras de Nigrán en Pontevedra, o único cargo público detido na operación "Patos" contra unha presunta rede de corrupción en contratos municipais. 20/02/14

Estudantes de secundaria e da universidade maniféstanse hoxe nunha vintena de localidades galegas contra a lei de mellora da calidade educativa, a lomce, e contra os recortes na educación // O alcalde de Nigrán, o popular Alberto Valverde,convocou con urxencia este mediodía ao seu grupo de goberno para avaliar a situación, tras o rexistro efectuado na casa consistorial e a imputación do concelleiro de Obras // A Xunta aproba un plan de emprego xuvenil dotado con 100 millons de euros destinado aos 95.000 mozos galegos menores de 35 anos que están no paro. O plan fai especial fincapé nos 45.000 mozos con menos ou ningunha formacion // O consello tamen aprobou a ultima actuacion prevista para construir a depuradora da ria de vigo, para que estea en funcionamento o ano que vén. 20/02/14

Unha nova borrasca acaba coa tregua que nos dera o mal tempo. Unha fronte fría cruzou a comunidade nas primeiras horas da mañá deixando choivas xeneralizadas. 20/02/14

Estudantes de secundaria e da universidade maniféstanse hoxe nunha vintena de localidades galegas contra a lei de mellora da calidade educativa // O alcalde de Nigrán, o popular Alberto Valverde, analizou co seu goberno a imputación do concelleiro de Obras // A Xunta aproba un plan de emprego xuvenil dotado con 100 millons de euros. 20/02/14

A Xuiza que instrue o sumario da operación Patos, sobre presuntas adxudicacións irregulares de contratos públicos, deixou en libertade con cargos aos cinco detidos. Entre eles o concelleiro de Nigrán José Alvarez Valverde, único político implicado polo de agora // Inauguradas unhas novas instalacións do Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia, o CTAG, no Porriño. Custaron uns dez millóns de euros e servirán para aumentar a capacidade de investigación do centro en electrónica e e sistemas intelixentes de transporte. Mellora tamén a súa capacidade para facer ensaios e validacións de novos proxectos e productos para o sector do automóbil. 19/02/14

Empezaron a prestar declaración no xulgado de Vigo os cinco detidos na chamada operación "patos" contra unha presunta trama de corrupción na concesión de obras e servizos nos concellos galegos // Primeiro día sen alertas meteorolóxicas, logo da sucesión de profundas borrascas que nos vén afectando dende antes do nadal. Nestes case dous meses os avisos acadaron en oito ocasións o nivel vermello, case sempre polo vento e a forte oleaxe, pero tamén houbo situacións problemáticas por intensas choivas e por nevaradas // A Audiencia Provincial de Ourense condena aos catro xulgados polo crime do chofer asasinado en Verín. A muller e a filla da víctima recibiron penas de 20 anos de cárcere cada unha. O sicario portugués ao que contrataron para a agresión foi condenado a 22 anos de prisión e o ex-noivo da filla acusado de ter participado na trama, a 16 anos. 19/02/14

Empezaron a prestar declaración no xulgado de Vigo os cinco detidos na chamada operación "Patos" // Primeiro día sen alertas meteorolóxicas, logo da sucesión de profundas borrascas que nos vén afectando dende antes do nadal // A Audiencia Provincial de Ourense condena aos catro xulgados polo crime do chofer asasinado en Verín. 19/02/14