Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Sete persoas foron detidas pola garda Civil coma acusados de ter secuestrado a un empresario da localidade coruñesa de Cambre ao que tiveron 5 días encerrado nun pendello nas proximidades de Lalín // Rosario Porto exerceu hoxe a súa autodefensa nos xulgados de Santiago. O xuiz Vázquez Taín accedeu a que así fora a pesar da oposición das partes personadas. A súa presenza nas declaracións das seis testemuñas que declararon hoxe obrigou a pospor o último exame psiquiatrico ó que a ía ser sometida. nos interrogatorios non fixo preguntas // Cúmprense 6 meses do accidente do tren de Santiago no que morreron 80 persoas e quedaron feridas máis de 140. As vítimas do Alvia aínda sufren as secuelas da traxedia. 24/01/14

Se cumplen seis meses del accidente de tren de Santiago que costó la vida a 81 personas y heridas a más de 140. Siguen en marcha dos investigaciones para aclarar las causas de un siniestro que ha marcado al barrio de Angrois.

Sete persoas foron detidas pola garda Civil coma acusados de ter secuestrado a un empresario da localidade coruñesa de Cambre ao que tiveron 5 días encerrado nun pendello nas proximidades de Lalín // Rosario Porto exerceu hoxe a súa autodefensa nos xulgados de Santiago. O xuiz Vázquez Taín accedeu a que así fora a pesar da oposición das partes personadas. A súa presenza nas declaracións das seis testemuñas que declararon hoxe obrigou a pospor o último exame psiquiátrico ó que a ía ser sometida. nos interrogatorios non fixo preguntas // Cúmprense 6 meses do accidente do tren de Santiago no que morreron 80 persoas e quedaron feridas máis de 140. As vítimas do Alvia aínda sufren as secuelas da traxedia. Entre elas hai agradecemento para os veciños de Angrois e os equipos de rescate. 24/01/14

Sete persoas foron detidas pola garda Civil coma acusados de ter secuestrado a un empresario da localidade coruñesa de Cambre // Rosario Porto exerceu hoxe a súa autodefensa nos xulgados de Santiago // Cúmprense 6 meses do accidente do tren de Santiago no que morreron 80 persoas e quedaron feridas máis de 140. 24/01/14

Primeira vítima mortal polo andazo de gripe, este ano en Galicia. Trátase dun paciente de 77 anos que estaba ingresado no complezo hospitalario de Pontevedra e que faleceu onte á tarde // A planta envasadora de Coca-cola da Coruña líbrase do peche que sí vai afectar a outras catro factorías repartidas por toda España. Os seus 320 traballadores estudan agora as condicións do expediente de regulación de emprego presentado pola multinacional e que podería supor baixas ou recolocacións // A xunta aproba a construcion dos tres primeiros parques eólicos despois de que adaptase o seu concurso ás novas condicions do goberno central, coa retirada das primas ás enerxias renovables. Supoñen 70 millons de euros de investimento e a producion de enerxia abonda para fornecer a 50 mil fogares. 23/01/14

A planta envasadora de Coca-cola da Coruña líbrase do peche que sí vai afectar a outras catro factorías repartidas por toda España. Os seus 320 traballadores estudan agora as condicións do expediente de regulación de emprego presentado pola multinacional e que podería supor baixas ou recolocacións // Galicia pecha 2013 cun lixeiro aumento do paro. A nosa foi a terceira comunidade na que máis empregos se destruiron durante o ano pasado. Segundo a Enquisa de Poboación Activa, publicada hoxe, perdéronse aquí máis de 38.000 postos de traballo // Pais galegos mercan a vacina da varicela nas zonas fronteirizas de Portugal, onde xa empeza a escasear. Desde xaneiro, só se administra a nenos a partir de 12 anos en toda España. 23/01/14

A planta envasadora de Coca-cola da Coruña líbrase do peche que sí vai afectar a outras catro factorías repartidas por toda España // Galicia pecha 2013 cun lixeiro aumento do paro // Pais galegos mercan a vacina da varicela nas zonas fronteirizas de Portugal, onde xa empeza a escasear. 23/01/14

A factoría lucense de fabricación de taboleiros Tablicia xa tén novo propietario, logo de levar paralizada máis dun ano // Hoxe foi adquirida pola empresa peruana Representaciones Martín que proxecta recuperar a actividade e exportar a Sudamérica boa parte da producción // Aberta unha investigación xudicial sobre a actuación dun ex empregado de Novagalicia Banco por unha presunta fraude millonaria. Trátase de esclarecer como desviou os cartos a contas da sua propiedade. Os defraudados son institucións e particulares // O novo Presidente do Deportivo, Tino Fernández, visitou esta mañá aos xogadores e corpo técnico, mentres adestraban nas instalacións do clube en Abegondo. 22/01/14

O novo Presidente do Deportivo, Tino Fernández, visitou esta mañá aos xogadores e corpo técnico, mentres adestraban nas instalacións do clube. Transmitiulles mensaxes de ánimo e de tranquilidade. Pediulles que se concentren no traballo para conservar o posto privilexiado na clasificación e prometeulles esforzo para superar os problemas económicos // Aberta unha investigación xudicial sobre a actuación dun ex empregado de NGB por unha presunta fraude millonaria. Trátase de esclarecer como desviou os cartos a contas da sua propiedade. Os defraudados son institucións e particulares. Ao parecer prometíalles colocar os cartos en fondos moi rendibles, pero non chegaba a ingresalos // Fitur, o gran escaparate internacional do turismo, abre as súas portas. Galicia promociónase na feira madrileña como un destino ecolóxico e sostible, baixo o lema "Galicia, o bo camiño". O expositor institucional, acollerá daquí ao domingo, 25 presentacións para profesionais do sector. 22/01/14

O novo Presidente do Deportivo, Tino Fernández, visitou esta mañá aos xogadores e corpo técnico // Aberta unha investigación xudicial sobre a actuación dun ex empregado de Novagalicia Banco por unha presunta fraude millonaria // Galicia, presente en Fitur, o gran escaparate internacional do turismo. 22/01/14

Xa chegou ao xulgado de Santiago que instrúe as dilixencias sobre o accidente do Alvia en Angróis a documentación remitida por RENFE e relacionada cun aviso do xefe de maquinistas de Ourense sobre a perigosidade da curva da Grandeira onde o pasado verán se produciu o accidente que lles causou a morte a 80 persoas // Os representantes sindicais dos traballadores de Novagalicia Banco saíron satisfeitos da reunión que mantiveron coa nova cúpula da entidade, logo da compra por parte do venezolano Banesco // Os accionistas do Deportivo elexirán esta tarde ao sucesor de Augusto César Lendoiro, que non se presenta á reelección tras 25 anos e medio á fronte do clube galego, ao que deixa nunha delicada situación económica. 21/01/14

A neve permite disfrutar estes días, a milleiros de afeizoados galegos e do norte de Portugal, da única estación de esquí galega, a de Manzaneda, que abriu hai perto de 50 anos // RENFE entregará hoxe toda a documentación sobre o aviso do xefe de maqunistas de Ourense da perigosidade da curva de Angrois, unha vez rematado o prazo dado polo xuiz Aláez. A ministra de Fomento, Ana Pastor, asegura que o seu departamento quere colaborar coa Xustiza para coñecer toda a verdade sobre o sinistro do 24 de xullo // Os accionistas do Deportivo da Coruña elexirán esta tarde ao sucesor de Augusto César Lendoiro, que non se presenta á reelección tras 25 anos e medio á fronte do clube galego, ao que deixa nunha delicada situación económica. 21/01/14