Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O temporal deixounos choiva, ventos e oleaxe e, na Coruña arrastrou a area da praíña do Matadoiro e deixou as rochas ao descuberto, igual que estaban antes das labores de rexeneración. Na costa hai alerta amarela, ondas de máis de cinco metros e ventos que superan os 100 quilómetros por hora // Esta tarde son soterrados no concello coruñés de Oza-Cesuras os dous mozos mortos nun accidente de coche, na madrugada do domingo cando voltaban dunha festa por unha vía secundaria, o parecer para escapar dos controis da garda civil. Outros tres ocupantes do coche resultaron feridos // Trafico fará durante esta semana controis especiais aos vehiculos de transporte escolar. Ademais de vixilar o cumprimento da normativa por parte de conductores e autobuses, os axentes farán fincapé no seguimento dos rapaces nos momentos de baixada e de subida ao vehiculo, porque son eses os mais perigosos da viaxe. 04/11/13

O temporal deixounos choiva, ventos e oleaxe e, na Coruña arrastrou a area da praíña do Matadoiro // Esta tarde son soterrados no concello coruñés de Oza-Cesuras os dous mozos mortos nun accidente de coche // Trafico fará durante esta semana controis especiais aos vehiculos de transporte escolar. 04/11/13

Os refachos de vento que notamos nas últimas horas e que viñeron acompañados de gran oleaxe na costa, van seguir ainda nas próximas. Seguirá tamén a chover ainda que con menor intensidade. Algo mais agradables son as temperaturas, que seguen mornas. 04/11/13

- A Audiencia da Coruña deixa sen efecto as imputacións de cinco técnicos do ADIF.

- Continúa o debate en comisión dos orzamentos para 2014. Hoxe foi o turno da Consellería de Educación.

- Diminúe a sinistralidade mortal nas estradas en outubro. Consternación no concello coruñés de Oza-Cesuras pola morte de dous mozos en accidente de tráfico esta fin de semana.

Medio millón de vehículos saen estes días ás estradas galegas. Serán principalmente traxectos curtos, sobre todo para visitar os camposantos // As forzas de seguridade detiveron, no que vai de ano, a 171 persoas por provocar incendios forestais // O avogado de Rosario Porto, a nai da nena Asunta Basterra, insiste na necesidade de que se erga o segredo do sumario // MiguelAnxo Prado acaba de ser galardonado co Premio Nacional de Comic, que concede o ministerio de cultura. O artista coruñés recíbeo pola novela grafica "ARDALÉN". 31/10/13

Medio millón de vehículos saen estes días ás estradas galegas. Serán principalmente traxectos curtos, sobre todo para visitar os camposantos. As autoridades de tráfico teñen en marcha o dispositivo acaído para velar pola seguridade // As forzas de seguridade detiveron, no que vai de ano, a 171 persoas por provocar incendios forestais. É un dato ofrecido hoxe no Consello da Xunta que tamén estudou a nova lei de espectáculos que vai entrar en funcionamento a principios do ano que vén // O avogado de Rosario Porto, a nai da nena Asunta Basterra, insiste na necesidade de que se erga o segredo do sumario e califica de "linchamento" da súa cliente algunhas das informacións que se están a publicar, pese á estar o sumario declarado secreto // MiguelAnxo Prado acaba de ser galardonado co Premio Nacional de Comic, que concede o ministerio de cultura. O artista coruñés recíbeo pola novela grafica "ARDALÉN". É o terceiro galego distinguido este ano cun premio nacional. 31/10/13

Medio millón de vehículos saen estes días ás estradas galegas // As forzas de seguridade detiveron, no que vai de ano, a 171 persoas por provocar incendios forestais // MiguelAnxo Prado acaba de ser galardonado co Premio Nacional de Comic. 31/10/13

Hoxe temos ceos anubrados e mesmo algunha precipitación no litoral atlántico. Parece que de cara á ponte de Tódolos Santos, na que moitos terán previstos desprazamentos e saídas, non nos imos librar da chuvia. Amplíanos esta información o noso compañeiro Martín Barreiro. 31/10/13

A Xunta está a elaborar unha norma para deixar exentos do imposto de sucesións e doazóns o traspaso de fincas agrícolas. Anunciouno o Presidente do Goberno Galego no Parlamento onde tamén asegurou que o Porto Exterior de Ferrol comezará a operar a principio do ano que vén // A Factoría de ELNOSA terá que estar fora da súa actual ubicación, na ría de Pontevedra no 2017. Así consta no acordo asinado hoxe pola empresa coa Xunta e que prorroga a autorización ambiental que lle caducaba á factoría o próximo 6 de xaneiro. 30/10/13

El juez que instruye el caso del crimen de Santiago autorizó la grabación de una conversación entre Rosario Porto y Alfonso Basterra, la primera noche que pasaron en los calabozos tras la muerte de su hija Asunta. ¿A qué se refiere Rosario Porto cuando le dice a su exmarido Alfonso Basterra "tú y tus jueguecitos"?.

Escoitas autorizadas polo xuiz, mentres os pais de Asunta Basterra estaban detidos no cuartel de Lonzas, descobren unha conversa na que a nai, Rosario Porto, lle tería reprochado ao pai, Alfonso Basterra, "Tú y tus jueguecitos" e tamén lle tería preguntado: "Te ha dado tiempo a deshacerte de eso? // A Factoría de ELNOSA terá que estar fora da súa actual ubicación, na ría de Pontevedra no 2017. Así consta no acordo asinado hoxe pola empresa coa Xunta e que prorroga a autorización ambiental que lle caducaba á factoría o próximo 6 de xaneiro // A Xunta está a elaborar unha norma para deixar exentos do imposto de sucesións e doazóns o traspaso de fincas agrícolas Anunciouno o Presidente do Goberno Galego no Parlamento onde tamén asegurou que o Porto Exterior de Ferrol comezará a operar a principio do ano que vén // O Celta caeu derrotado en Balaidos fronte ao Barcelona, por tres goles a cero, un Barsa que se adiantou no marcador xa no minuto 8. 30/10/13

Escoitas autorizadas polo xuiz, mentres os pais de Asunta Basterra estaban detidos no cuartel de Lonzas, descobren unha conversa na que a nai, Rosario Porto, lle tería reprochado ao pai, Alfonso Basterra, "Tú y tus jueguecitos" // A Factoría de ELNOSA terá que estar fora da súa actual ubicación, na ría de Pontevedra no 2017 // A Xunta está a elaborar unha norma para deixar exentos do imposto de sucesións e doazóns o traspaso de fincas agrícolas. 30/10/13

Xubilados que foron antes emigrantes concentráronse hoxe diante das oficinas de Facenda para reclamar que se anulen as sancións que pesan sobre eles por non declarar as pensións que cobran do estranxeiro // Un dos seis falecidos no accidente mineiro en Pola de Gordón é galego, do municipio lugués das Nogais // Todo está listo en Vigo para o gran partido de futbol que se agarda para esta noite e que enfronta ao celta co lider, o Barcelona. 29/10/13