Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A disolucion de ETA e desmantelar Resistencia Galega son as prioridades para os corpos de seguridade do estado adicados á loita antiterrorista // Uns 200 escolares aprenderon hoxe en Santiago realizar primeiros auxilios, logo dun infarto. 16/10/13

Seguirá chovendo ainda que con intervalos de grandes claros. Cara ás comarcas máis orientais de Lugo e Ourense foise movendo ao longo da xornada a fronte que deixou fortes precipitacións esta mañá na fachada atlántica. 16/10/13

A Xunta vai rebaixar medio punto o IRPF para as bases de menos de 17.700 euros. Anunciouno o Presidente do Goberno Autónomo, Alberto Núñez Feijóo no discurso de inicio do Debate sobre o Estado da Autonomía que hoxe se iniciou no Parlamento // O expresidente de Pescanova, Manuel Fernández de Sousa, prestou declaración hoxe na Audiencia Nacional para responder ante o xuiz no proceso que trata de aclarar se os antigos directivos da multinacional pesqueira falsearon as contas da compañía en beneficio propio // Detidas en Ourense sete persoas orixinarias de Romanía, acusadas de pertencer a unha banda adicada a roubar en casas e granxas da provincia. Impútanlles 60 roubos con forza. 15/10/13

A Xunta vai rebaixar medio punto o IRPF para as bases de menos de 17.700 euros. Anunciouno o Presidente do Goberno Autónomo, Alberto Núñez Feijóo no discurso de inicio do Debate sobre o Estado da Autonomía que hoxe se iniciou no Parlamento. Tamén se soubo que as escolas infantís serán gratis para o segundo neno das familias con ingresos inferiores aos 30 mil euros anuáis // O expresidente de Pescanova, Manuel Fernández de Sousa, prestou declaración hoxe na Audiencia Nacional para responder ante o xuiz no proceso que trata de aclarar se os antigos directivos da multinacional pesqueira falsearon as contas da compañía en beneficio propio // A Xunta non concederá finalmente licencia a empresa mineira que pretendía explotar unha mina de Ouro en Cabana de Bergantiños. 15/10/13

A Xunta vai rebaixar medio punto o IRPF para as bases de menos de 17.000 euros // O expresidente de Pescanova, Manuel Fernández de Sousa, prestou declaración hoxe na Audiencia Nacional // A Xunta non concederá finalmente licencia a empresa mineira que pretendía explotar unha mina de Ouro en Cabana de Bergantiños. 15/10/13

As máis de tres mil bateas de mexillón nas nosas rías están sen actividade debido ao episodio de marea vermella detectado nas augas // As tendas de electrodomésticos San Luis volven abrir as súas portas en Galicia, logo de que o antigo dono e fundador chegara a un acordo coa multinacional francesa Darty, a quen llas vendera hai 7 anos, para recuperar de novo a marca comercial // O traslado da terminal de descarga de petróleo de Repsol da Coruña ao porto exterior de Punta Langosteira na Coruña vese cada vez máis perto. Esta tarde a ministra de Fomento, Ana Pastor, formalizará o acordo que o fará posible. 14/10/13

Comezamos semana con moitas nubes e con algunha chuvia, máis probable cara o remate do día. As temperaturas axudadas polo vento do sur volveron subir. As máximas superarán os 20 graos. 14/10/13

As máis de tres mil bateas de mexillón nas nosas rías están sen actividade debido ao episodio de marea vermella detectado nas augas // As tendas de electrodomésticos San Luis volven abrir as súas portas en Galicia // O traslado da terminal de descarga de petróleo de Repsol da Coruña ao porto exterior de Punta Langosteira na Coruña vese cada vez máis perto. 14/10/13

As máis de tres mil bateas de mexillón nas nosas rías están sen actividade debido ao episodio de marea vermella detectado nas augas // Moitos dos polígonos están afectados xa dende a semana pasada pero outros foron pechados de xeito cautelar ante o temor de que o vento do sur provoque un aumento das toxinas na auga e acabe afectándolle ao molusco // As tendas de electrodomésticos San Luis volven abrir as súas portas en Galicia, logo de que o antigo dono e fundador chegara a un acordo coa multinacional francesa Darty, a quen llas vendera hai 7 anos, para recuperar de novo a marca comercial // As victorias de Lugo e Depor asentan aos dous equipos galegos na zona alta da taboa clasificatoria da Segunda División. O sorprendente Lugo derrotou ó Cordoba no Anxo Carro, onde se mostra case imbatible. En cambio, o Deportivo é fora onde está máis forte leva un rexistro de record. Onte derrotou 0-1 ó filial do Barcerlona. 14/10/13

Ese es el FIOT, una iniciativa en Carballo, un pequeño municipio de A Coruña, que ya va por su vigésima edición. Este año además estrenan FIOTIÑO, su versión para los más pequeños.

A solidariedade dos veciños do barrio compostelán de Angrois durante o descarrilamento do alvia o pasado mes de xullo recibiu hoxe un novo recoñecemento.Foi na cidade de San Fernando en Cádiz.

A marea vermella mantén pechados boa parte dos polígonos de mexillon e bancos marisqueiros. Nas últimas horas, puideron abrir á extracción 5 zonas das rias de Arousa e Vigo.

Empresarios do metal exploran en Vigo as posibilidades de negocio que ofrecen os parques eólicos mariños. Unhas instalacións que en España están paralizadas pero que se están desenvolvendo moito noutros países europeos. (11/10/13)