Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Numerosas visitas á capela ardente da empresaria Rosalia Mera, na Coruña, entre elas a de seu exmarido Amancio Ortega. Faleceu aos 69 anos vítima dun derrame cerebral.

As universidades galegas quedan fóra da lista das 500 mellores do mundo.

30.000 persoas móllanse por vontade propia na Festa da Auga de Vilagarcía. (16/08/13)

- Despedida a Rosalía Mera no tanatorio SERVISA da Coruña.

- Incendio no concello coruñés de Lousame. Supera as 20 hectáreas.

- O alcalde de Santiago, Ángel Currás, anuncia que promoverá a declaración do rexedor de Vigo, Abel Caballero, como persoa non grata.

- A empresaria galega Rosalía Mera, cofundadora de Inditex e considerada como a muller máis rica de España, xa foi trasladada a un hospital da Coruña. Este mércores fora ingresada en Menorca tras sufrir un derrame cerebrovascular e posterior parada cardiorrespiratoria.

- Controlado o incendio forestal de Nogueira de Ramuín, en Ourense, tras queimar 75 hectáreas nos Canóns do Sil. Segundo Medio Rural, neste mesmo concello rexistráronse outros tres lumes. Un deles aínda continúa activo.

- A ponte festiva deixa un cen por cen de ocupación hoteleira en moitas zonas do litoral. En localidades do interior como Ourense baixan ata o 25 por cento.

Ponte festiva con especiais controis de alcolemia.

Folga na recollida de lixo da Coruña, o día 26

por cociñeiros desta provincia.

Nas saídas de etapa da Vuelta Ciclista a España haberá degustacións gratuitas de productos da provincia de Lugo. (14/08/13)

Tráfico aumentará os controis de alcolemia nestes días de ponte festiva, nos que prevé case 800.000 desprazamentos en Galicia.

O sector da recollida do lixo da Coruña parará o día 26 en solidariedade3 cos da planta de tratamento de Nostián, que están en folga indefinida. O paro afectará a 400.000 habitantes.

O Exército deu xa máis de 30 avisos de incendio este verán nos montes. Dende o pasado 15 de xullo, patrullas da Brilat vixian as zonas de maior risco de lume, para disuadir aos incendiarios.

En dez días, a Vuelta Ciclista a España comezará a percorrer Galicia. En cada saída de etapa haberá degustación de gastronomía da provincia de Lugo.

Entrevista co conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, sobre incendios e a devolucion de axudas agrarias, e ó rural, concedidas pola UE. (14/08/13)

Tráfico incrementará os de controis de alcolemia na longa ponte festiva

Folga de lixo no sector de recollida da Coruña o día 26.

O Exército deu máis de 30 avisos de incendios neste verán

Degustacións gastronómicas de productos de Lugo en cada saída da Vuelta Ciclista a España. (14/08/13)

- Medio Rural aínda non dá por extinguido o lume que queimou 400 hectáreas en Larouco e Quiroga. O PSdeG di que o dispositivo contra incendios non funcionou.

- Os traballadores de Alimentos Lácteos quedan sen centro de traballo. Pascual, propietaria das instalacións da fábrica en Outeiro de Rei, quere recuperalas porque Alimentos Lácteos está en concurso de acreedores e non ten cartos para pagar o aluguer.

- O día 26 haberá folga no sector do tratamento de refugallos e de recollida de lixo no que se agrupan os traballadores Albada, Cespa, Sogama, vertedoiro de Areosa e da mancomunidade de municipios da Serra do Barbanza.

Estoupa unha bomba nun caixeiro automático de Novagalicia Banco, en Vigo, provocando numerosos desperfectos. Non houbo feridos . A entidade bancaria asegura que non levaron cartos. A Delegación do Goberno cree que puido ser autoría de Resistencia Galega.

Vixilantes de seguridade concéntranse na praza do Obradoiro para recoñecer o labor dos seus compañeiros no accidente ferroviario do 24 de xullo. Din que o traballo deles soe quedar esquecido.

As cinco denominacions de orixe de viño van organizar actividades para promover o turismo, cun ¿viñobus¿ para os visitantes haberá visitas teatralizadas.

O numero de peregrinos no Camiño de Santiago vai en aumento constante. No que vai de ano máis de 130 mil percorreron polo menos 100 kms. Da ruta.

Aranzubía incorpórase ao Atletico, Luisinho chega á Coruña. Celta e Lugo seguen pendentes de entradas e saídas.

O incendio entre Quiroga e Larouco queimou 400 hectáreas, menos das 500 que se estimaban inicialmente.

Entrevista co presidente da Fundación Rosalía de Castro, sobre os 150 anos da publicación de ¿Cantares Gallegos¿.

Cúmprense corenta anos do maior accidente aéreo de Galicia, o do avión de Aviaco, que se estrelou cerca de Alvedro. Faleceron os 85 ocupantes. (13/08/13)

Bomba nun caixeiro de NGB en Vigo, sen feridos. A Delegación do Goberno que foi autoría de Resistencia Galega.

As denominacions de orixe de viño promocionarán o turismo con actividades como un ¿viño bus¿ para transportar os visitantes.

Aranzubía ficha polo Atletico, Luisinho polo Deportivo. Celta e Lugo, pendentes de entradas e saídas. (13/08/13)

- Explosión dun caixeiro automático de Novagalicia Banco en Vigo. O delegado do Goberno, Samuel Juárez, di que todo apunta a Resistencia Galega.

- A conselleira de Medio Rural di que son 400 as hectáreas queimadas en Quiroga e Larouco, nas provincias de Lugo e Ourense.

- O PSdeG pide que o presidente da Xunta compareza no Parlamento para explicar o suposto financiamento irregular do PPdeG.

- Os bombeiros dos parques comarcais de xestión privada convocan folga para o 28 de agosto.

- Os prezos baixaron en Galicia sete décimas en xullo.

500 hectáresas queimadas en Quiroga e Larouco

A vía Goián-A Guarda abrirá ao tráfico a comezos de 2014.

Ante a forte calos, os médicos recomendar beber moita auga e resgardarse na sombra. (12/08/13)

500 hectáreas queimadas nun incendio nos concellos de Quiroga e Larouco, entre as provincias de Lugo e Ourense.

A Xunta mantén o nivel de alerta 1, pola cercanía do lume a dous núcleos.

4 persoas morreron esta fin de semana nas praias, 3 morreron por indisposicóns. Os especialistas recomendar beber moita auga e resgardarse na sombra, sobre todo os nenos, as persoas maiores ou con problemas cardíacos.

Os traballadores de empresas de recollida e tratamento de lixo da zona da Coruña van secundar as mobilizacions dos seus compañeiros da firma Albada, concesionaria da planta de reciclaxe de Nostián.

A nova vía entre Tui e A Guarda vai abrir os primeiros 10 kms a comezos do ano que vén.

Serán os do treito entre Goián e A Guarda.

Vigo acolleu na fin de semana 7 competicións de deportes de acción sobre rodas, graffiti e música.

Cen mil persoas asistiron ao Festival do Marisquiño.

O verán é época de festivais. Entrevista co director do Boiro Dance, Rubén Riós, que tamén é actor. Creou o Festival das Artes Escénicas, de Riós, que cumpríu a súa sexta edición. (12/08/13)

500 hectáreas queimadas nos concellos de Quiroga e Larouco.

A nova vía entre Goián e A Guarda abrirá os seus 10 kms a comezos do ano que vén.

4 persoas morreron esta fin de semana nas praias. Tres faleceron por indisposicións. (12/08/13)