Unha muller 68 anos, que vivía soa, morreu esta mañá ao incendiarse o seu piso, nun edificio en pleno centro de Vilagarcía. // O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, considera improvisada a intención de Esperanza Aguirre de baixar o tramo autonómico do IRPF en Madrid. // A multinacional Alcoa reduce a produción e os empregos na Coruña. // Os galegos aceptamos mellor que o conxunto dos españois aos inmigrantes, que, a pesar da crise, apenas reducen a súa presenza en Galicia. // Abre ao público en Santiago unha exposición que permite pasear virtualmente pola Compostela do tempo no que se consagrou a Catedral, no século XIII. (10/01/12)
Bancos de néboa matinais e ceos pouco nubrados ou despexados. Ventos de compoñente Leste ou variable frouxo. Temperaturas sen cambios significativos, con xeadas nocturnas no interior.
(10/01/12)
Unha muller 68 anos morre no incendio da súa vivenda, en Vilagarcía. // O presidente da Xunta considera improvisada a intención de Esperanza Aguirre de baixar o tramo autonómico do IRPF. // Alcoa reduce produción e empregos na Coruña. // Os galegos aceptamos mellor que o conxunto dos españois aos inmigrantes. // Unha exposición que permite pasear virtualmente pola Compostela do século XIII. (10/01/12)
O conselleiro de Infraestructuras pide 100 días de marxe pra que Fomento poida aclarar o futuro do proxectodo AVE. Feijóo descarta, de momento, as rebaixas que prometera no IRPF. Os socialistas piden que explique no Parlamento este cambio de posición.
A crise, a necesidade de establecer prioridades, e os chamamentos a mellorar as relacións entre administracións, centraron os discursos da toma de posesión de Samuel Juárez como novo delegado do Goberno en Galicia. // Manuel Fraga empeora a súa saúde por unha infección respiratoria. // A Policía Autonómica multiplica a loita contra o furtivismo e os incendios forestais. // Comeza a poñer multas o radar de tramo do túnel do Sartego, na AP-9, á entrada de Ferrol. // O Obradoiro, en picado, mentres o Deportivo e o Celta se manteñen con opcións ao ascenso. (09/01/12)
Bancos de néboa matinais localmente persistentes e ceos pouco anubrados ou despexados en conxunto, agás no extremo norte, onde atoparemos intervalos nubrados. Temperaturas sen cambios significativos, con xeadas no interior. (09/01/12)
Samuel Juárez, novo delegado do Goberno en Galicia. // Manuel Fraga empeora a súa saúde por unha infección respiratoria. // A Policía Autonómica multiplica a loita contra o furtivismo e os incendios forestais. // Comeza a poñer multas o radar de tramo do túnel do Sartego. // O Obradoiro, en picado, mentres o Deportivo e o Celta se manteñen. (09/01/12)
A ministra de Fomento non aclara se están garantidos os compromisos con Galicia en infraestructuras. O PSdeG estima que se vai producir un retraso do AVE. O radar de tramo da AP-9 servirá desde hoxe para multar. Abel Caballero suspende a tramitación dos presupostos municipais.
Entrevista con Xosé Luis Armesto, que o proóximo venres toma posesión como novo reitor da Universidade da Coruña
Entrevista con Teresa Moure gañadora da última edición do premio de ensaio Ramón Piñeiro.
Numerosas persoas despediron no Museo do Pobo Galego a Isaac Díaz Pardo. A ministra de Fomento afirma que aínda non pode precisar os prazos do AVE.
Os comerciantes agardan recadar 90 millóns de euros nas rebaixas que comezan mañá. Varios décimos do segundo premio de lotería de Reis vendidos en Bueu e O Grove.
Morre na Coruña ós 91 anos o Isaac Díaz Pardo. O mundo da cultura lamenta a perda deste polifacético creador. Anxo Lorenzo toma posesión como secretario xeral de cultura. O PSOE galego considera os cambios na Xunta o exemplo de que a lexislatura xa está acabada.
O intelectual galeguista Isaac Díaz Pardo morreu esta mañá na Coruña. Tiña 91 anos e dende o pasado 22 de decembro estaba ingresado nun hospital por unha neumonía. // Os representantes da cultura e a política de Galicia salientan o seu compromiso co país e xa preparan homenaxes. // Cambios na Xunta: Anxo Lorenzo, novo secretario xeral de Cultura. // Colas de horas para conseguir o mellor roscón de Reis. // Restauración: Volven lucir as pinturas do altar maior da catedral de Lugo. // Siniestro Total: Land of Opportunity en Vigo. (05/01/12)
Ceos nubrados durante a mañá con algunha chuvia débil no litoral de Pontevedra e oeste de A Coruña. Pola tarde abriranse claros. Ventos frouxos de compoñente Oeste, con intervalos de moderado no terzo Norte. Temperaturas en lixeiro descenso. (05/01/12)
Morre o intelectual galeguista Isaac Díaz Pardo. // Todos salientan o seu compromiso co país e a súa pegada na cultura galega. // Anxo Lorenzo, novo secretario xeral de Cultura. // Colas para conseguir o mellor roscón de Reis. // Volven lucir as pinturas do altar maior da catedral de Lugo. // Siniestro Total: Land of Opportunity en Vigo. (05/01/12)
Toma de posesión das novas conselleiras de Facenda e Sanidade e primeiro Consello da Xunta tras a remodelación do Goberno galego. // O PSdeG-PSOE cifra en 900 millóns de euros o custe para Galicia dos recortes e a subida de impostos do Goberno de Mariano Rajoy. // Os colexios de farmacéuticos son contrarios a excluír do financiamento público os medicamentos de menos de dous euros. // Valdoviño: Seguen as protestas polas inundacións da lagoa da Frouxeira. // Cabalgatas con materiais reciclados e iluminación de baixo consumo. // Hoxe cúmprense cen anos do nacemento de Celso Emilio Ferreiro. (04/01/12)
Ceos nubrados e precipitacións durante a madrugada e primeiras horas da mañá. Pola tarde as chuvias tenden a desaparecer. Ventos frouxos de dirección variable e temperaturas sen cambios significativos. (04/01/12)
Primeiro Consello da Xunta cos novas conselleiras. // O PS de G cifra en 900 millóns o custe para Galicia dos recortes de Rajoy. // Os colexios de farmacéuticos, contrarios ao pago das medicinas de menos de dous euros. // Valdoviño: Seguen as protestas polas inundacións da lagoa da Frouxeira. // Cabalgatas con materiais reciclados. // Cen anos do nacemento de Celso Emilio Ferreiro. (04/01/12)
Rocío Mosquera e Elena Muñoz toman posesión como novas conselleiras de Sanidade e Facenda.A titular de Pesca asume as competencias de Medio Rural e o de Educación as de Cultura.Samuel Juárez elude confirmar se o Consello de Ministros o nomeará mañá novo delegado do Goberno en Galicia.Os socialistas cifran en 900 millóns de euros o impacto para Galicia das primeiras medidas económicas de Rajoy.Denegado o sobresemento da causa aberta a Fernando Blanco na "operación Campeón".Falamos con Julián Hernández dos trinta anos de "Siniestro Total"
A Xunta contará con dúas consellerías menos a partir de agora. Serán 8 en lugar das dez actuais. Cultura e Medio Rural cambian no novo organigrama e intégranse en Educación e na Consellería do Mar. // Reaccións: A oposición pensa que se van adiantar as eleccións autonómicas. // Pilar Farjas e Marta Fernández Currás toman posesión dos seus novos cargos en Madrid. // Galicia foi a segunda Comunidade na que máis subiu o paro en decembro. // Descontos antes do comezo oficial das rebaixas polo descenso do consumo. (03/01/12)