Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Pablo Suárez Llanos, o que fora o exmozo de Déborah Fernández declarará finalmente como imputado pola desaparición e morte da moza. A familia levaba agardando 20 anos esta declaración.

Día de actividade xudicial en Galcia, hoxe tamén hai novidades no caso da nena Desirée. Nesta quinta xornada do xuízo de Muimenta, o forense ratificou que o sangue aparecido na habitación e no pixama correspondía a pequena de 7 anos. Confirma así a morte por estrangulamento e que a nena de defendeu.

Desde a próxima media noite, bares, restaurantes ou locais de ocio nocturno xa poden abrir como antes da pandemia. Unha boa noticia. Pero non todo é positivo, porque a Xunta volveu pedir autorización o Tribunal Superior para prorrogar a presentación do pasaporte COVID ata o 26 deste mes.
Sobre a máscara, agora nos patios dos colexios é unha recomendación.. pero sanidade pide que se manteña o seu uso.
Os casos de coronavirus seguen baixando pero no último reconto aínda subiron os novos positivos.

No mesmo día en que o uso da máscara deixa de ser obrigatoria ó aire libre, o presidente da Xunta pídelle claridade ó goberno central e que especifique se o protocolo educativo está derogado. Namentres a maioría dos pais e náis optaron por continuar coa máscara nos patios exteriores.

E volverán os horarios habituáis para a hotalaría e o lecer nocturno. Así o anunciou o Presidente durante o consello da Xunta celebrado este medio día... Iso sí, con certificado covid, logo de que o comité decidise aprazar o seu uso ata o 26 de febreiro.

  • Deixou de ser obrigatoria en espazos exteriores, pero boa parte da xente segue levándoa por precaución
  • Xunta recomenda seguir con ela nos patios dos colexios mentres non remate a vacinación completa dos nenos

Deixou de ser obrigatoria en espazos exteriores, pero boa parte da xente segue levándoa por precaución. O decreto que entrou en vigor a pasada medianoite deixa sen efecto unha das medidas máis controvertidas do Goberno que criticaron moitos expertos

Xa está en vigor a norma estatal que elimina a obriga de usar máscaras ó aire libre, pero ós centros educativos chega con polémica. A Xunta acata a decisión, pero insiste en recomedar que se manteña nos recreos. Cre, tras consultar ó comité clínico, que non é prudente retirala ata que os cativos teñan as dúas doses da vacina.
Unha postura na que a delegación do goberno e o BNG ven intentos de confrontación política. Mentres, as familias e os centros defenden en nmoitos casos o seu uso. Cren que permitirá máis relaxación á hora de facer actividades en grupo.