Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

En Santiago, seguen os problemas provocados por un vertido de 200.000 litros xurro ó río Tambre.
Esta noite non foi necesario, finalmente, pechar a captación de auga que abastece a cidade e a algúns concellos da comarca.
En Trazo, o río Porto Ferreiros, onde se pruducíu o vertido, segue contaminado.
A Consellería de Infraestruturas traballa na contorna do vertido para evitar que os residuos vaian río abaixo.

As trombas de auga caídas onte a tarde na comarca da Coruña causan importantes danos.

O concello de Vimianzo retira dous millóns de euros dunha contra da Abanca. Protesta así polo peche da SUCURSAl DA PARRoQUIA De Baíñas.

O concelleiro de Urbanaismo da Coruña, Juan Díaz Villoslada, ve moi difícil que o Estado asuma a débeda da autoridade portuaria.

Deportes. O Obradoiro prepara o seu debut na Liga. O domingo xoga na pista do Unicaja.

Hoxe vai continuar a inestabilidade e as treboadas que xa onte á tarde causaron numerosas incidencias na área da Coruña, sobre todo no entorno da ría do Burgo. Chegou a virse a baixo unha parte do teito do Gadis que está ó carón da ría.

Treboadas que obrigaron o concello de Santiago a suspender a captación da auga do Tambre polo posible arrastre dos xurros que aínda quedaron embalsados tra-lo vertido da pasada semana en Trazo.

Da pandemia... seguen bainxando os novos contaxios e os casos activos e mañá xa entra en vigor o novo protocoloque regulará os aforos na hostalaría.

Deportes. O Lugo obtivo o primeiro triunfo tras remotar ente o Huesca no Anxo Carro

As persoas maiores de 12 anos que non recibisen aínda a primeira dose da vacina poderán aínda acudir mañá aos sete campus universitarios, onde continuará persoal do SERGAS con vacinas reservadas para eles.


Que tal boas tardes... Estamos a esta hora pendentes do ceo... hai alerta amarela ata as 9 da noite en practicamente todo o interior da comunidade por choivas que poden ser localmente fortes. Segundo Meteogalicia poderían acumularse máis de 15 litros por metro cadrado nunha hora. Hai ademais alerta amarela por tormentas que poden vir acompañadas de sarabia.

A las tres de la madrugada, con el cierre de pubs y discotecas por las restricciones anticovid, muchos jóvenes se resisten a volver a casa. Cuando las patrullas de policía no consiguen dispersarles, aparece un camión de limpieza del ayuntamiento, que no solo baldea las calles con agua a presión, sino que ahuyenta a las aglomeraciones. La medida cuenta con otras voces críticas. Hay policías que están en contra porque consideran que incita a la violencia. Además, dicen, es peligrosa porque las calles son muy estrechas. Este fin de semana, el camión atropelló a una persona que estaba borracha.

Xa está asinado o novo protocolo do sector hostaleiro, que entrará en vigor este mércores.
As claves estarán na distancia e a ventilación, e a Xunta prepara unha nova liña de axuda pra que os locais poidan adaptarse.

Haberá dous niveis aforo e de medidas, e no nivel máximo de seguridade recupérase o uso da barra. A Xunta ultima tamén o borrador das novas medidas para o ocio nocturno, que serán remitidas en ó sector.

En Santiago, xa está controlado o verquido de 200.000 litros de xurro ó río Tambre, pero a auga ainda chega con turbidez a moitos fogares da cidade, de Ames e di concello de Brión.
O ognerno local de Santiago insiste en que a subministraciópn está garantida e que a auga potable que saie pola billa é potable.

O Sergas reanuda hoxe a vacinación contra a covid sen cita previa nos compus universitarios. Este luns poden vacinarse estudantes, profesores e persoal non docente.

Xunta, porto e concello volven reunirse hoxe para debater sobre os usos dos peiraos da dársena interior da Coruña.

Os hostaleiros de Santiago presentan alegacións contra o novo horario fixado polo Concello pró reparto de mercadoría na zona vella: de 7 a 9 da mañá.

Deportes. O Liceo, campión da supercopa de España de Hockey a patíns. Derrotou o Barcelona por 3 goles a 2.

Tras case dous meses Sanidade non comunica ningunha morte con coronavirus. Non ocorría desde o 21 de xullo. O mesmo tempo seguen baixando os casos activos. Xa son menos de catro mil as persoas coa enfermidade.
Hoxe nos campus universitarios haberá puntos de vacinación para os que non é necesaria cita previs.
Coa continua suba dos prezos da luz, este luns falamos do seu impacto nas explotacións gandeiras: soben os custes pero non os prezos do leite.
E, de novo Stellantis ten que parar a montaxe de furgontestas pola falta de compoñentes eléctricos.
Das estradas, temos que lamentar un accidente mortal: un motorista de 51 anos faleceu onte á tarde en Portomarín tras unha saída de vía.
Deportes. O Celta acaba goleado en Madrid tras adiantarse dúas veces no marcador. En hockei, o liceo campión da supercopa.
O tempo: aumenta a inestabilidade e pola tarde hai risco de chuvascos treboentos.

A Garda Civil investiga as circunstancias do vertido de xurro ó río Tambre, que puxo en alarma ós concellos de Santiago, Ames e Brión polo risco para o abastecemento de auga, e a posibilidade de cortes no suministro. A concesionaria da auga, Viaque, advirte de que a auga pode sair turbia nalgunhas zonas ainda que a planta potabilizadora xa funciona.

Tamén na portada, a contínua suba do prezo da luz que está a por contra as cordas a moitas explotacions agrarias e gandeiras de Galicia...

En canto á covid, este domingo, Galicia baixou dos catro mil casos activos.

E hoxe, na entrevista dos domingos, o secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez Reino

Ducias de persoas que ata agora non se vacinaran da covid acodiron esta mañá ós centros de vacinación das sete cidades para poñerse a primeira dose. Foi no primeiro día de vacinación se cita previa.

E da política, no Psoe haberá finalmente dúas listas de delegados na provincia de Ourense para concorrer ó ó congreso federal: a que encabece Noela Blanco, que acaba de presentar os avais, e á do alcalde do Carballiño, Francisco Fumega.

No Carballiño, concentración de repulsa este mediodía contra a agresión a unha rapaza de 14 anos...

Hoxe, na entrevista dos domingos, o secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez Reino

Cruz Mato fala con Diego Vázquez Meizoso e Jaime Pablo Díaz, coordinador do certame "Camiño Escena Norte" e Director de "Nova Galega de Danza" respectivamente, co gallo da celebración da terceira edición de dito certame, que promove un intercambio cultural entre compañías de artes escénicas de Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco.