Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A Xunta contratará este curso profesorado de reforzo para cumprir as normas sanitarias e garantir a oferta educativa. A Consellería de Educación agardará a que rematen os exames extraordinarios e a matriculación en Secundaria e Formación Profesional para saber cantos profesores fan falta este ano. A oposición pide que se manteñan os contratados o curso pasado.


Hoxe reúnese o comité clínico, que podería mudar o mapa de restricións por concellos. Ata o dagora só dous, Ordes e Monforte, están en nivel máximo. Pero hai 8 que superan os mil casos de incidencia acumulada. Os expertos que asesoran a Xunta abordarán tamén o novo plan de apertura da hostalaría.


Aínda na portada... a situación dos encoros galegos. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pídelle explicacións ao Goberno central e ás empresas concesionarias.


Decontado ampliamos estas e outras novas.

O consello escolar de Galicia reúnese esta tarde para pecha-los flecos do curso que está a piques de comezar. BNG e PSOE coinciden en que prescindir de educadores nun contexto tan complicado prós rapaces é unha decisión ideolóxica e irresponsable.

Reunión clave pro futuro de Alcoa San Cibrao. Esta tarde encontro entre o goberno central, a Xunta e os traballadores. Buscan desbloquea-la venda da factoría a un inversor solvente

O mariñeiro galego Pablo COstas agarda, xa nun hotel do Iemen, un voo pra regresar a Galicia. Leva case un año retido en IEmen acusado de pesca ilegal. A súa defensa fala de irregularidades e incluso violación de dereitos humanos no proceso

O gromo na empresa Surexport, en Guitiriz, pode superar o medio cento de contaxios. Os sindicatos insisten na influencia das malas condicións de traballo e aloxamento dos temporeiros. Hai 110 persoas vivindo en 30 habitacións.

Avecíñase un outono quente en Ferrolterra. Comisións Obreiras plantexa mobilizacións ante a drástica perda de postos de traballo na central das Pontes, de 120 a 30, e o expediente de extinción pra medio cento de traballadores das auxiliares.

Profesorado, ANPAS e a Consellería reúnense hoxe no marco do Consello Escolar para analizar o inicio deste curso e as medidas contra a covid, como reducir a distancia entre pupitres, algo ó que se opoñen familias e sindicatos, que insisten en reclamar que se manteña o reforzo de profesores. O presidente da Xunta comprométese a que no 70 por cento das aulas haxa menos de 20 alumnos.

Gromo de covid no concello lugués de Guitiriz con mais de 30 contaxios entre traballadores da empresa hortofrutícola Surexport.

Liberado o armador de Bueu retido en Iemen desde había once meses. Pablo Costas tramita coa axuda de Exteriores, á volta a casa.

Reunión sobre o futuro de Alcoa. Goberno, Xunta, sindicatos e o comité de empresa tentarán abordar unha saída para a venda da factoría.

O SERGAS mantén aberto o sistema de autocitas para a vacinación dos maiores de 12 anos que non acudiron cando foron chamados. Por este procedemento, que se abriu o venres pasado cubríronse menos da metade das citas ofertadas. Hoxe comezan a inocularse as doses.


E esta xornada reúnese o Consello Escolar. A comunidade educativa debate o protocolo de inicio do curso que está a piques de comezar. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comprometeuse a que no 70% das aulas en Galicia haxa menos de 20 alumnos.

Aínda na portada deste luns... O Iemen liberou o armador de Bueu que levaba 11 meses retido.

A vacinación entra en Galicia nunha nova fase. Logo de que todolos tramos de idade pasaran polo sistema de cita automática, o Sergas lánzase a repescar ós que non se sumaron a este sistema. Ás 3 da tarde abrese unha nova fase de autocita, con 25 mil ocos pra rapaces de 12 a 19 anos e 30 mil ocos pra maiores de 30.

Animalistas e cazadores consideran ineficaz a emerxencia cinexética pra controlar a poboación de xabarís. Libera teme que se abata a outras especies. Os cazadores reclaman un plan que tome medidas durante todo o ano e compensacións ós agricultores polos danos.

Seguen os anuncios de peches de oficinas bancarias e as protestas. No concello pontevedrés de Portas convocan pleno extraordinario. En Campo Lameiro hai unha manifestación esta tarde.

UGT e COmisions obreiras anuncian mobilizacións dos traballadores de Correos. Denuncian que a dirección está reducindo os servizos dos concellos rurais, co peche de oficinas, reducción de horarios e a eliminación de 150 postos de traballo.

A marca galega Deleite, primeira en vender leite A2 en España. É como se coñece un leite cunha selección natural de proteínas que o fai máis dixestivo.

A Xunta recorre ante o Tribunal Superior de Xustiza o auto polo que se denega a autorización para pedir o certificado covid para acceder aos establecementos da hostalaría. Esta madrugada entra en vigor o novo mapa de restricións en Galicia, con dúas localidades, Ordes e Monforte, no nivel máximo de risco.

--- Os hosteleiros piden que os cambios nas restriccions sexan os luns para non prexudicar á fin de semana. O lecer nocturno reclama indemnizacións, ante unha facturación de só un seis por cento da que tiñan antes da pandemia.

--- En Betanzos, pendentes do resultado das probas da covid realizadas a 80 traballadores do matadoiro, tras resultar positivos oito empregados.

--- O futuro dos peiraos do porto da Coruña, hoxe a debate. A Autoridade Portuaria convocou á Xunta e ó concello a unha xuntanza coa que se pretende chegar a un acordo sobre os usos destes espazos portuarios.

Esta madrugada entra en vigor o novo mapa de restricións en Galicia. Dúas localidades, Ordes e Monforte quedan no nivel máximo de risco debido aos gromos vencellados a festas privadas que foron medrando nas últimas semanas.

Que tal, bos días... A Xunta recorre ante o Tribunal Superior de Xustiza o auto polo que se denega a autorización para pedir o certificado covid para acceder aos establecementos da hostalaría.

Deseguido ampliamos estas e outras novas.

Ás portas do inicio dun curso no que haberá que manter as medidas de seguridade fronte á covid, a pesar que de a maioría dos alumnos estarán vacinados, os especialistas advirten da facilidade de contaxio da variante delta, que agora é a maioritaria.

Juan Gestal tamén recomenda o uso da máscara nos cativos a partir dos dous anos, como fan nos Estados Unidos.

A líder do BNG, Ana Pontón, abre unha reflexión pra decidir cal será o seu futuro na organización. A muller que conseguiu os mellores resultados da historia do Bloque podería non concorrer nesa Asemblea pra seguir liderando o partido.

O lecer nocturno pide indemnizacións e estuda novas mobilizacións. Estiman que só o 30 % dos establecementos están abertos, e a súa facturación é o 6% da de hai dous anos.

Os traballadores do matadoiro de Betanzos acoden hoxe a un cribado tras detectarse un gromo na planta, con oito positivos. O comité de empresa denuncia que se perderon dez días desde que apareceron os primeiros casos.

Os traballadores de ENCE queren que a ministra vaia a Pontevedra, para a mesa polo futuro da pasteira. E que se garanta a continuidade da actividade da factoría en Lourizán mentres non se atope unha solución

Cita co metal en Viveiro, cunha edición limitada do Resurrectión Fest como consecuencia da pandemia. Ata o sábado actuarán quince bandas. O aforo este ano queda reducido a 1.500 persoas ó día, que terán que permanecer sentadas, mantendo as distancias de seguridade.

O curso que vén comezará con máis alumnado por clase en Secundaria e con menos distancia entre mesas. Así o ratificaron o Ministerio de Educación e as consellerías. Manteranse outras medidas coma a ventilación ou o uso obrigatorio de máscaras.
A Xunta lamenta que o Goberno central non destine fondos ás comunidades para afrontar os gastos extraordinarios que implica a pandemia. Os sindicatos do ensino insisten en demandar á consellaría de Educación que manteña o reforzo de profesores do pasado curso.

En Betanzos, preocupación polo gromo no matadoiro, con alomenos sete positivos. Estánselles facendo probas ós 60 traballadores e tres veterinarios da Xunta

A corporación de Vigo reúnese hoxe ás nove da mañá en pleno extradordinario para sacar adiante a aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

O Concello de Ourense aproba hoxe a licenza para restaurar a torre de San Martiño e a fachada da catedral.

O curso que vén comezará con máis alumnado por clase en Secundaria e con menos distancia entre mesas. Así o ratificaron o Ministerio de Educación e as consellerías. Manteranse outras medidas coma a ventilación ou o uso obrigatorio de máscaras.

O avance da vacinación permitirá relaxar algunhas medidas tamén nos centros educativos e a Consellería agarda ir recuperando espazos coma as bibliotecas e actividades que antes eran cotiás nos colexios e institutos, coma as excursións. Unha das reivindicacións das familias.

Por outra banda, a Xunta lamenta que o Goberno central non destine fondos ás comunidades para afrontar os gastos extraordinarios que implica a pandemia.