Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Admitido a trámite o recurso presentado por un grupo de hosteleiros de Santiago, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contra a obriga de pedir o certificado sanitario para poder acceder ao interior dos locais.

Indignación no Grove, único concello no nivel máximos de restriccions pola COVID. O alcalde asegura que se trata dunha medida inxusta na que primaron as motivacions políticas.

Os traballadores de ENCE volveron saír a rúa. Cortaron o tráfico nos accesos a Pontevedra e manifestáronse ante a Xunta, o concello e a subdelegación do Goberno. Esixen garantías para os seus postos de traballo.

A costeira de bonito deste ano ten os días contados.

Aínda que este ano tiveron máis cota, tamén houbo máis capturas, e xa consumiron o 86 por cento do cupo.

Outra sucursal dabanca que pecha. Os veciños da Baña dispostos a movilizarse para evitar o peche da única oficina que opera a diario neste concello coruñés

O intento de boicot do pregón das Festas da Peregrina, o pasado sábado en Pontevedra, por parte de traballadores de ENCE segue dando que falar. O PP, a quen apuntaba o alcalde como un dos instigadores da mobilización, condenou os actos de violencia, dirixidos contra o rexedor. Pero pide a Fernández Lores, que se reúna cos traballadores e que busque unha saída.

---A plataforma "Monfero di Non" celebrou ao carón do mosteiro unha romaría reivindicativa con misa en protesta polos parques eólicos proxectados por Iberdrola

no municipio.

---As ciano bacterias están a proliferar nas augas do encoro ourensán das Conchas, nos concellos de Bande e Muiños e no das Forcadas, en Valdoviño. Os ecoloxistas avisan do risco para a saúde e culpan as explotacións gandeiras.

---Por primeira vez é posible visitar pola noite a Catedral de Santiago. Este martes deu comezo este programa de visitas nocturnas guiadas

Esta quinta onda da pandemia semella que comeza a remitir, aínda que de xeito moi lento. Pero a Sanidade preocúpalle o que poida pasar esta próxima fin de semana, sobre todo no ámbito privado. Son os días con máis festas no verán en Galicia. Aínda que non vai haber verbenas, as autoridades sanitrias temen polas conesecuencias das reunións privadas. Lembran que a maioría dos gromos agor se producen neses ámbitos. Por iso lembra o límite de seis persoas en interiores.
Unha fin de semana na que ademáis imos poder seguir disfrutando do sol e das temperaturas altas.
 

Todos os concellos que estaban no nivel máximo, agás O Grove, baixan ó seguinte nivel. No nivel alto de restricións, quedan 55, entre eles 5 das 7 cidades.

Santiago e Ourense melloran a súa situación

O BNG reclama 200 millóns para reforzar o persoal da atención primaria. Considera que o sistema está nunha crítica situación que pon en risco o seguemento dos enfermos crónicos.

As cianobacterias están a proliferar descontroladamente no ourensán encoro das Conchas. A elevada presencia destes microorganismos, segundo os ecoloxistas, supón un risco para a saúde

Falece un Garda Civil de servizo nun accidente de moto. Ocorreu en Catoira. O axente, por causas que se investigan, perdeu o control do vehículo e saiu da vía.

Misa en Monfero contra os eólicos. A plataforma "Monfero di Non" celebra ó carón do mosteiro unha romaría reivindicativa en protesta polos parques eólicos proxectados no municipio.

Por fin bota a andar a conexión ferroviaria do Porto Exterior da Coruña, unha infraestructura imprescindible para conseguir a viabilidade do peirao de Punta Langosteira. O primeiro paso é iniciar os trámites para expropiar os terreos onde irá o tren. Desde a Autoridade Portuaria da Coruña recoñecen que a construcción corre presa se se quere a financiación europea dos fondos de recuperación.

--- O avogado Ramón Juega Cuesta inicia o seu labor como administrador xudicial de Alú Ibérica. O comité de empresa pide unha reunión canto antes para analizar a situación da planta.

---UGT advirte de que os servicios médicos de Lugo están a piques de colapsar. Os facultativos realizan 300 horas de traballo ao mes e máis de 70 consultas ao día.

---O alcalde de Pontevedra agarda que a fiscalía actúe de oficio despois dos incidentes con traballadores de Ence no pregón das festas da Peregrina. Acusa ao PP e a empresa de estar detrás deles

Sanidade reanuda hoxe o proceso de vacinación coa primeira dose para o grupo de 20 a 29 anos e os que accederon o sábado a autocita. Un proceso que supuxo o bloqueo informático e que non se normalizou ata onte. Unha situación que mesmo limitou o acceso ás citas en atención primaria. Para a asociacion en defensa da sanidade pública é un síntoma do colapso crónico do sistema sanitario galego.

Os contaxios e os enfermos de covid baixaron este luns pero aumentaron as hospitalizacións.

Hoxe volve reunirse o comité clínico. Sanidade contaba que xa se poderían relaxar as medidas de control da pandemia, pero só se agardan reaxustes nos concellos que están nos dous nives máis altos.

Deseguido os datos. Tamén escoitaremos ó alcalde de Pontevedra que pide a fiscalia que interveña tra-los incidentes protagonizdos por traballadores de Ence

Seguimos baixando a quinta vaga da pandemia, con 2 mil enfermos menos que hai unha semana. Pero nos centros sanitarios aínda están na subida: hai 25 ingresos novos nos hospitais

A asociación en defensa da sanidade pública ve á sanidade como estivo a web do Sergas esta fin de semana: colapsada por falta de planificación e medios.

O BNG lamenta que se estén utilizando as vacinas e a falta de médicos pra confrontar políticamente. E a ex ministra Ana Pastor insiste en que o goberno central explique no cosnello interterritorial desta semana por qué neste reparto de vacinas non hai ningunha para Galicia.

Os productores de viño galegos confían en que a mellora do tempo axude a recupera-las viñas. As estimacións de produción veranse reducidas nalgunhas zonas polas chuvias do verán e os danos do mildiu.

Hoxe toma posesión o administrador concursal de Aluibérica, e os traballadores solicitan unha reunión para analizar a situación da factoría

Localizados 6 polisóns no porto exterior de Ferrol

Son de nacionalidade albanesa, e pretendían embarcar nun mercante que se dirixía ó Reino Unido.

Bota a andar o Salón do Comic da Coruña, Viñetas desde Atlántico. Non haberá obradoiros infantís, nin autores internacionais, pero o resto de actividades retoman a normalidade.

Malia estar en pleno mes de agosto, a actualidade relacionada coa industria ten importante protagonismo. Hoxe vai tomar posesión o administrador xudicial na fábrica de Alu Ibérica da Coruña. Mentras, o delegado do goberno, Xosé Miñones, acusa a Xunta de non asinar o protocolo para unha Transición enerxética Xusta que permitiría contar con fondos para facer fronte ao peche da central de Endesa nas Pontes.

---A Xunta denega aos veciños de Teo o acceso o plan de restauración da mina de Casalonga. Respondelles cun formulario estándar.

----En Viveiro ardeu unha vivenda unifamiliar. O lume comezou na chimenea dunha barbacoa. Non houbo que lamentar danos persoais.

----O Concenllo de Ourense incorpora 6 novos vehículos patrulleiros para reforzar o parque mobil da Policía Local. O prezo total é de 320.253 euros para os 4 anos que dura o renting

A Xunta asegura que se viu obrigada a reprogramar o plan de vacinación desta semana. O vicepresidente, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, García Comesaña, sairon este domingo par denunciar que Galicia non recibirá ningunha das doses extra de Pfizer que anunciou o Goberno para este mes.

O goberno explica que Galicia recibiu máis cando se primou ás comunidades que tiñan a poboación máis avellentada e que agora se fai un reequilibrio.

Os casos activos baixan pero os contaxios diarios mantéñense por riba dos mil. A consellaría recoñece que os números aínda son altos e que non se chegou estes días ó pico desta quinta onda como se agardaba.

Un luns no que recuperamos a programación normal tra-los especiais dos xogos olímpicos e non que non deporte xa miramos ó comezo da liga

A Xunta reclamaralle ao Goberno central unha parte das vacinas de Pfizer correspondente ao lote anunciado de 3,4 millóns. Sanidade reprograma a vacinación da semana que vén porque de momento non van chegar doses desta partida e recibirase a metade das previstas de Moderna.
 

A Misión Biolóxica de Galicia, con sede en Pontevedra, conmemora este o seu centenario. Trátase dun centro de investigación agraria e forestal que se ocupa especialmente dos principais cultivos e variedades de Galicia. Pablo Lago falou coa súa directora Elena Cartea.

Colapso da páxina web so SERGAS ante a elevada demanda de mozos e mozas que hoxe querían pedir vez para recibir a vacina do coronavirus. A Xunta abría ás 9 da mañá a autocita para 25.000 persoas de entre 16 e 21 anos e xa dende primeira hora a WEB deixou de funcionar con normalidade.

Que tal boas tardes... Ata o dagora o SERGAS xestionou máis de 1.300 solicitudes e os servizos informáticos da Xunta informan de que se chegaron a rexistrar picos máis dun millón e medio de demandas simultáneas.

Este é un dos principais focos de atención desta xornada, na que tamén miramos cara TOKIO... porque hoxe celebramos dúas novas medallas olímpicas para os deportistas galegos: as que conseguiron os equipos de piragüísmo na modalidade de K4 500... con Rodrigo Germade e Carlos Arévalo... e de balonmán... no que compite Rodrigo Corrales.
 

A Xunta pide que se lexisle pra poder facer obrigatoria a vacinación contra a Covid dos colectivos máis sensibles: sanitarios e coidadores de anciáns. Unha petición que o PSdeG cre que xera un debate ficticio, din que non hai rexeitamento no sector. Falan de cortina de fume pra tapa-lo colapso da atención primaria e o mal funcionamento dos rastrexos. Uns rastrexos que os sindicatos critican que se adxudicaran a unha empresa privada.

Unións Agrarias da a benvida á plataforma Conta Láctea, recén anunciada pola Xunta. Utilizarana pra demostrar que están a pagarlles polo litro de leite moito menos do que custa, que se está a incumprir a legalidade.

Os traballadores do grupo R en Galicia agardan compromisos concretos de mantemento do emprego, tras facerse o grupo Másmovil con Euskaltel, dono da cableira galega. Másmovil lanza unha mensaxe de tranquilidade e di que a operación non afectará ós postos de traballo de R en Galicia.