Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Esta noite entran en vigor as novas restricións na hostalaría aprobadas pola Xunta a raíz da negativa do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de permitir que se esixa o certificado COVID pra acceder ó interior dos locais.

Restablecido o tráfico ferroviario na liña Zamora-Ourense. Tivo que ser cortada polo fume dun incendio en Vilar de Barrio, en Ourense, que está controlado, despois de arrasar 20 hectáreas

Os transportistas reclaman ao goberno central un alivio fiscal no diésel. Encher o depósito sae hoxe 15 euros máis caro que o ano pasado por estas datas. A marxe de rendabilidade é mínima pros profesionais do sector

As Rías Baixas marcan un mes de agosto de récord de visitantes grazas ó bo tempo. Os hostaleiros aseguran que semella un ano normal, con altas ocupacións e moitos visitantes

Os encoros de Ourense están a case un 30% menos de capacidade que noutros anos por estas datas. A presa máis grande da provincia, a de Vilariño de COnso, está ó 18 por cento da súa capacidade. Temen que as eléctricas estén baleirando pra aproveitar a suba da luz.

O tempo solleiro desta fin de semana trouxo de novo incendios forestais ainda que non foron de moita consideración. Esta mañá preocúpanos un lume no concello ourensán de Vilar de Barrio, en Ourense. Ainda que se fala de que leva calcinadas unha 20 hectáreas o pior é que as lapas obrigaron a cortar a vía férrea Zamora-Ourense.

O Grove -o único concello que permanece en nivel máximo de restricións- está pendente do que decidda mañá o Comité Clínico. Podería baixar do nivel moi alto ao alto.

Os municipios de Vimianzo, Zas e A Baña, mobilizaranse se Abanca confirma o peche das respectivas sucursais de ABANCA.

Concentración este domingo convocada polo BNG en Oleiros, para denunciar as pintadas contra o colectivo LGTBI ás portas dos Institutos Miraflores e Xosé Neira Vilas de Perillo.

A partir desta noite péchanse os interiores dos establecementos de hostalaría naqueles concellos que permanezan en nivel máximo de restricións. Só o Grove está nesta situación.

Nos que estean en nivel alto a ocupación destes espazos pasa do 50 ao 30%. É o caso das cidades, agás Santiago e Ourense. No lecer nocturno os niveis medios e medio alto baixan tamén do 50 ao 30.

Son as novas medidas despois de que a xustiza rexeitase o certificado covid.

Un incendio en dúas naves dunha empresa de reciclaxe de cartón no concello ourensán de Barbadás moviliza bombeiros de toda a provincia. Xa está controlado. Os bombeiros traballan arestora para arrefriar as instalacions, despois de evitar durante toda a noite que as lapas se propagasen a outras naves. Hai cuantiosos danos.

Na portada, tamén o malestar na hostelaría polo anuncio da Xunta de novas restriccions a partir do martes tras negar o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o permiso para esixir certificado covid para acceder ó interior dos locais.

Interior dos locais que terían que pechar no nivel máximo de restriccions, -lembremos que o único en Galicia nesa situación é o Grove-. E no sector hosteleiro da localidade, incertidume á espera de confirmarse que Sanidade podería rebaixar o nivel de alerta.

O concello do Grove terá que pechar o interior da hostelaría a partir do martes, se a Xunta segue adiante coa súa intención de aplicar novas restriccions, á espera de recibir antes desa data o permiso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, para esixir o certificado covid.

Novas restriccions anunciadas onte á noite pola Xunta, e recibidas con indignación polo alcalde do Grove.

Nos datos do covid, baixa o número de afectados, case cen con respecto a onte, ainda que hai novos gromos nas residencias de maiores, cun total de 80 contaxiados: o último, 28 usuarios da residencia García Hermanos de Betanzos

As lapas levan arrasadas unhas 200 hectáreas en Rubiá, en Ourense, onde se tiveron que despregar numerosos medios pra evitar danos maiores. Ourense e Lugo están en alto risco de lumes polas altas temperaturas previstas

A Xunta presentou a petición ó Tribunal Superior pra que avale a esixencia de certificado Covid na Hostalaría. Insiste en que non sería preciso, porque a nova lei de saúde pública os facultaría pra tomar este tipo de medidas.

O sindicato médico de Galicia pide a dimisión do xerente da área pontevedresa. Alertan dunha situación insostible na atención primaria. Cren que o conselleiro está poñendo interese políticos por riba das súas responsabilidades

Piden responsabilidade ante as celebracións da ponte da asunción. Soben os contaxios e as hospitalizacións en vésperas das xornadas con máis reunións familiares e festas de todo o ano.

1.200 puntos de atención pra reforza-la protección da muller no Camiño de Santiago. Cada vez son máis as que fan o camiño, pero este ano rexistráronse dúas agresións contra elas. Contarán con información e apoio pra garantiza-la súa seguridade.

O bo tempo trae desgraciadamente aparellada a aparición dos incendios forestais en calquera punto da nosa xeografía. Arestora estamos moi pendentes do que na tarde pasada se delcarou no concello ourensán de Rubiá. Cando ao solpor se retiraron os sete avións e os cinco helicópteros que participaban na súa extinción perimetraban a área afectada polas lapas en 150 hectáreas. Veremos canto se extendeu na noite.

A CIG cualifica de crítica a situación da atención primaria en toda a provincia de Pontevedra. Aseguran que os tempos de espera para unha cita poden chegar a mais dun mes.

En Malpica a marcha do goberno municipal do único concelleiro independente deixa ao alcalde socialista sen maioría. Polo momento non se plantexa unha moción de censura.

A Deputación de Ourense estuda a posibilidade de reconverte-lo Pazo Provincial nun hotel-balneario. Hai augas termáis baixo o edificio.

Tres semanas despois de aprobada a orde a Xunta anuncia que vai acudir ó Tribunal Superior de Galicia para que avale a esixencia de certificado COVID para entrar nos locais de hostelaría dos concellos que están nos dous niveis máximos de incidencia. Nunha nota, o executivo sinala que non fixo antes a solicitude porque pensaba que non afectaba a dereitos fundamentais. O alto tribunal galego acredita que si e aulou a vixencia da orde.

A oposición fala de chapuza.

Este venres temos que volver a falar de incendios... do que se rexistra no concello ourensán de Rubiá.

Ourense rexistra temperaturas moi altas, aínda que Galicia queda á marxe da vaga de calor que afecta a maoior parte da península

A Xunta nunca chegou a pedir autorización xudicial para facer obrigatorio o certificado de vacinación se os cidadáns querían acceder ó interior dos locais.

O Tribunal Superior de xustiza cualifica de anómalo este comportamento que induciu a confusión. A realidade, sinalan nun auto, é que esta orde nunca estivo en vigor. O sector recibe a noticia con satisfación. Os socialistas falan de chapuza.

A CIG denuncia a saturación da atención primaria da provincia de Pontevedra. Falta persoal, e tamén organización nos centros de saúde. Na área olívica os tempos de espera poden supera incluso o mes.

Galicia ten a taxa de actividade xuvenil máis baixa de toda España. Así o denuncia UXT que sinala á alta taxa de paro, á elevada temporalidade e os baixos salarios como causa. Os máis formados só ven a emigración como saída.

Os pescadores deportivos claman contra a primeira regulación desta práctica en Galicia. A nova norma autoriza unha praxe ata o de agora prohibida pero tolerada. Pero só en 28 portos. NO resto, só nalgunhas zonas, que nalgún caso nin sequera teñen acceso á auga.

A hostelería segue a se-lo sector productivo máis tocado pola pandemia. O cambio semanal das medidas e o tipo de restriccións complícalles moito a súa actividade. A pinga que colmou o vaso é a obrigatoriedade de esixir a clientela pasaporte covid, test PCR ou certificado de ter pasada a enfermidade. Agora os hosteleiros de Santiago conseguiron que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia admitise a trámite un recurso contra esa medida que consideran criminalizadora para o sector.

Indignación entre os hosteleiros do Grove trala decisión do Comité Clínico de mantelo como o único concello de Galicia en nivel máximo de alerta pola Covid. Tamén desde a alcaldía denuncian trato discriminatorio respecto a Sanxenxo.

Os traballadores de ENCE manifestáronse en Pontevedra diante do Concello, a Xunta e a Subdelegación do goberno para reclamar a permanencia da pasteira en Lourizán. Mesmo chegaron cortar con barricadas os accesos á cidade.

Pleno extraordinario esta mañá na Baña para decidir qué medidas emprenden para evitar o peche da sucursal da Abanca, a única oficina bancaria que opera a diario neste concello coruñés.

Melloran os indicadores da pandemia, pero nas últimas horas comunicáronse outras cinco mortes. Son 40 falecementos en dez días co que ás víctimas da COVID xa pasan das 2.500 en Galicia.

As restriccións seguen a motiva-las queixas do sector da hostalaría. Varias asociacións uniron forzas para recorrer a obrigatoridades de pedir certificado de vacinación para entrar no interior dos establecementos. E no Grove manifestan a súa queixa porque desde este sábado van ser os únicos de Galicia no nivel máximo de restriccións.

Polo demáis, os traballadores de Ence volveron sair á rúa. Aseguran que o emprego na fábrica está en perigo o anularse a prórroga da concesión pra continuar ó carón da ría