A medicina personalizada ou de precisión utiliza a información xenómica para facer diagnósticos ou para elixir o mellor tratamento para cada paciente. O CHUS acolle unhas xornadas científicas nas que o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago presenta os proxectos que está desenvolvendo.
El pulpo, uno de los símbolos gastronómicos de Galicia, encuentra cada vez mejores condiciones en aguas británicas. Mientras las capturas caen en las rías gallegas por el aumento de la temperatura del mar, en Reino Unido se han disparado gracias al frío y a la abundancia de alimento.
Las lonjas gallegas notan ya la escasez y el sector teme por su rentabilidad. Los expertos descartan su desaparición, pero alertan de que el descenso de capturas será la tendencia en los próximos años.
Fotografía: Carlos Castro/Europa Press via Getty Images
A parella de artistas, 'Los Bravú', expón en Santiago 'Agora hai terras de millo onde antes estaba Troia'. Pinturas que entroncan coa tradición, o simbolismo e a acumulación de imaxes, creadas para esta mostra, que pode visitarse na igrexa da universidade ata o 20 de novembro.
- En un acto en Vigo ha pedido "derribar el muro de Sánchez" y se ha mostrado convencido de que ganará el 29N
- "Tengo más ganas que nunca porque este país tiene más ganas que nunca", asegura el líder y candidato del PP
Cambio de hora esta fin de semana. Ás tres da madrugada do domingo teremos que atrasar o reloxo unha hora. Unha rutina que tenta aproveitar a luz solar e recortar o consumo enerxético. Son moitos os que a cuestionan, pero outros defenden a súa necesidade para adaptármonos mellor ás estacións e ao ritmo do sol. Eric Harlow | GettyImages
Para investigar os delitos que afectan a menores e a mulleres, como por exemplo a pornografía infantil, as agresións sexuais ou a trata, a Garda Civil ten un equipo especializado: o EMUME. A súa prioridade é sempre escoitar sen revitimizar. E para iso é fundamental a empatía.
En Vigo, xa se pode mercar marisco conxelado sen entrar nun supermercado. Abonda con pasar por un aparcadoiro e achegarse a unha máquina expendedora. Pero non é o único produto inesperado que podemos atopar a golpe de botón. Hai comida para mascotas e mesmo material de pesca.
O sector pesqueiro español critica a estratexia presentada esta semana pola Comisión Europea para o horizonte 2040. Os armadores consideran que non resolve os problemas actuais da frota e reclaman unha reforma urxente da Política Pesqueira Común. En Galicia déronse de baixa 614 barcos de pesca desde 2013.
A Illa de Arousa acaba de iniciar os trámites para adquirir un edificio intervido hai unha década a Marcial Dorado, condenado por narcotráfico. A intención do Concello é que esas 15 vivendas pasen a ser públicas para ofrecer máis oportunidades á veciñanza da localidade, que segue a perder poboación.
A Cidade da Cultura, en Santiago, acolle unha exposición con 80 pinturas e debuxos feitos por persoas con alzheimer e os seus coidadores. Son froito das clases de pintura que ofrece dende hai dous anos a asociación AGADEA.
Galicia é a segunda comunidade de España na que se rexistran máis accidentes de tráfico causados por xabarís. O ano pasado foron máis de 4.000 e no que vai de ano case tres mil. Compensar aos condutores e aos labregos polos danos nos cultivos custoulle á Xunta nos últimos dez anos vinte millóns de euros.
A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias reúne en Santiago a mulleres referentes neste sector. Cadrando coa celebración do ano internacional da agricultora, o obxectivo é dar visibiliade ao traballo das mulleres rurais e abordar os retos pendentes en igualdade e participación nos órganos de decisión.
Abre en Pontevedra unha nova edición de Edugal, a salón da educación para aclarar dúbidas e orientar aos estudantes sobre o seu futuro laboral. Cun amplo espazo dedicado á Formación Profesional, que chega este ano a un récord de matriculacións con máis de 75.000 alumnos.
- Un thriller dramático ambientado en los años 90 en la Costa Da Morte
- Protagonizada por Nuria López, María de Dina, Lucía Veiga, Federico Pérez y Diego Anido
RTVE.es os ofrece el primer tráiler de A nadadora (2026), un thriller dramático dirigido por Sandra Sánchez. Ambientada en los años 90 en la Costa da Morte, la historia sigue a Nico (Nuria López), una adolescente que furtivea percebes con su padre. Tras caer al mar y sufrir desmayos, empieza a tener visiones de otra joven sumergida.
El debut en la dirección de largometrajes de Sandra Sánchez está protagonizado por Nuria López, María de Dina, Lucía Veiga, Federico Pérez, Diego Anido y Melania Cruz.
Una cinta que se presentará en la Seminci de Valladolid, que comienza este viernes.
As fotografías do recoñecido premio internacional Comedy Wildlife, que reúne unha espectacular colección de imaxes da natureza, acaban de chegar a Lugo. Trátase dunha mostra na que podemos admirar escenas da vida cotiá de distintas especies animais que conectan co público a través do humor.
Alimentación local, xusta, e sostible. É a filosofía da asociación Daquidarredor. Pequenos produtores intercambian as súas receitas nunha cociña colaborativa financiada polo concello de Brión e a Deputación da Coruña. Ademais, forman a quen queira aprender a utilizar a maquinaria coa que fan masas, cremas, marmeladas e zumes.
O mosteiro de San Pedro de Rocas, no concello ourensán de Esgos, acolle o Campionato de Tapas e Petiscos de Galicia. Participan 43 cociñeiros e cociñeiras das catro provincias que teñen como reto plasmar nas súas creacións os sabores da nosa terra dun xeito creativo e innovador.
A OTAN pon o foco nunha empresa de Nigrán dedicada ao control do espazo aéreo a baixa altura. Foi seleccionada entre case catro mil proxectos internacionais para avanzar nun programa da Alianza. Un recoñecemento que lle abre agora a porta a novos mercados e contratos.
Cada ano prodúcense trinta mil paros cardíacos fóra dun hospital en España. As posibilidades de sobrevivir sen secuelas duplícanse se se inician de inmediato as manobras de reanimación, mentres chegan os servizos de emerxencia. Profesionais do Hospital de Santiago explican aos usuarios do centro de xeito práctico como realizar esta reanimación.
O cancro de mama segue a ser o tumor máis frecuente entre as mulleres. Cada ano diagnostícanse máis de 2.000 casos en Galicia. Os especialistas poñen o foco na importancia da prevención, dos controis periódicos e de coñecer os sinais que axudan a identificar a enfermidade.
Comeza a vacinación contra a gripe e a covid das persoas de máis de setenta anos nos centros de saúde. A campaña seguirá ampliándose a novos colectivos o 2 de novembro, coa vacinación das embarazadas, e a partir do día 9, cos maiores de sesenta. O obxectivo da Xunta é acadar o 75 % da cobertura entre os nosos maiores.
Sobre a saúde mental da mocidade debaten en Santiago as dezasete entidades sociais que forman parte da rede estatal de Juventud e Inclusión. A Cidade da Cultura acolle o seu foro sobre soidade non desexada. Cando a soidade non desexada se converte en crónica pode desencadear ansiedade ou depresión.
Hai tres anos, montaron na Coruña, o único equipo galego de balonmán en cadeira de rodas. Agora, cinco dos seus membros acaban de conseguir, coa Selección española, a medalla de ouro do campionato do mundo, coa que buscan patrocinadores para afrontar novos retos deportivos.