O sector bancario galego deu un importante xiro, nas últimas horas, logo de que o venezolano Banesco adquirise NovaGalicia Banco.
O banco venezolano faise co galego, resultante da fusión das caixas, por algo máis de mil millóns de euros dos que aboará 400 cando se formalice a operación e o resto, ao longo de catro anos.
O consello da xunta aproba unha oferta de emprego publico na sanidade. Serán un total de 165 novas prazas, das que 40 son para medicos de atencion primaria e o resto para persoal de enfermaria.
Para esta tarde está previsto que a nai da nena asasinada en Santiago participe na reconstrucción xudicial do sucedido na tarde do crime. (19/12/13)