Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Intervalos de ceos nubrados, con máis nubes na metade Oeste, onde a partir do mediodía comezarán chuvias débiles e intermitentes que se estenderán progresivamente a toda a comunidade. Vento frouxo do Sueste, con intervalos de moderado no litoral Norte pola mañá. Pola tarde aumentará a moderado en na metade Norte con momentos fortes no litoral. Temperaturas experimentarán en lixeiro descenso.

Detidos en Ferrol dos presuntos integrantes de Resistencia Galega. // O actual alcalde socialista de Ourense queda en minoría. // Un informe de Novacaixagalicia asegura que a economía galega medrou un 0,5 por cento durante o ano pasado. // Cinco persoas permanecen ingresadas nun hospital de Vigo, intoxicadas por consumir cogomelos velenosos. // Tradicional mercado das flores en Lugo. 30/10/12

Chuvias localmente moderadas durante a mañá, que irán remitindo e os ceos quedarán parcialmente anubrados, con máis nubes na metade Sur. Vento frouxo de compoñente Leste con intervalos de moderado no litoral. Temperaturas mínimas en moderado ascenso e máximas sen cambios. 30/10/12

Detidos en Ferrol dos presuntos integrantes de Resistencia Galega, un home e unha muller, dedicados, segundo as investigacións policiais, a recadar fondos para facerllos chegar a outros activistas na clandestinidade. // O actual alcalde socialista de Ourense queda en minoría ao quitarlle o seu apoio o grupo municipal do BNG. // Un informe de Novacaixagalicia asegura que a economía galega medrou un 0,5 por cento durante o ano pasado, debido sobre todo ao aumento das exportacións. // Cinco persoas permanecen ingresadas nun hospital de Vigo, intoxicadas por consumir cogomelos velenosos. Na última semana outras quince foron atendidas polo mesmo motivo. // Tradicional mercado das flores en Lugo nos días previos a honrar os Defuntos. O nivel de vendas é similar ó do ano pasado con prezos de entre 3 e 15 euros. 30/10/12

Residentes ausentes: Aumenta a abstención polo voto rogado. // Morre o ex conselleiro José Antonio Orza. // Empate en Balaídos entre o Celta e o Depor, e nova vitoria do Obradoiro de baloncesto. // Pase de páxina dos códices que se expoñen na Cidade da Cultura. // Campaña e cogomelos. (29/10/12)

Voto dos residentes ausentes: Aumenta a abstención polo voto rogado. En torno ó 97% en Pontevedra e Ourense. // Morre o ex conselleiro do partido popular José Antonio Orza. Foi Conselleiro de Economía en todos os gobernos de Fraga dende 1989 ata 2005. // No deportivo, a fin de semana deixounos un empate en Balaídos entre o Celta e o Depor, e unha nova vitoria do Obradoiro de baloncesto. // Asistimos ao pase de páxina dos códices que se expoñen na Cidade da Cultura, en Santiago. // Campaña e cogomelos: Este outono vai ser moi boa en Galicia, en variedade, calidade e cantidade. (29/10/12)

Residentes ausentes: Aumenta a abstención polo voto rogado. // Morre o ex conselleiro José Antonio Orza. // Empate en Balaídos entre o Celta e o Depor, e nova vitoria do Obradoiro de baloncesto. // Pase de páxina dos códices que se expoñen na Cidade da Cultura. // Campaña e cogomelos. (29/10/12)

Ceos pouco anubrados, pero co avance do día irán entrando nubes polo norte que deixarán algún chuvasco na provincia de A Coruña. Temperaturas sen cambios significativos, con ascensos puntuais das mínimas. Ventos frouxos de compoñente sur, aumentando a moderados pola tarde no litoral. (29/10/12)

O paro descendeu en 11.900 persoas en Galicia durante o último trimestre. // Abre ao tráfico un novo treito da vía de alta capacidade Monforte-Lugo, entre O Incio e Sarria. // Máis de 400 especialistas de todo o mundo analizan en Santiago as técnicas máis novas en implantes dentais. // Mañá volve o derbi galego a Primeira. // Esta fin de semana celébrase en Sarria, en Lugo, o I Congreso Internacional de Observadores de Nubes. 26/10/12

O paro descendeu en 11.900 persoas en Galicia durante o último trimestre, mentres no conxunto do estado segue medrando, e xa está por riba do 25 por cento da poboación activa. // Abre ao tráfico un novo treito da vía de alta capacidade Monforte-Lugo, entre os concellos de O Incio e Sarria. O novo tramo ten sete quilómetros e reduce nun dez por cento a lonxitude do trazado da estrada vella. // Máis de 400 especialistas de todo o mundo analizan en Santiago as técnicas máis novas en implantes dentais. // Mañá volve o derbi galego a Primeira, e nin Celta nin Deportivo se fían do rival. Desde a Coruña ven ó equipo de Vigo nun bo momento de forma. O Celta mira ó Depor con prudencia, e pensa que en encontros coma este non hai favoritos. // Esta fin de semana celébrase en Sarria, en Lugo, o I Congreso Internacional de Observadores de Nubes. 26/10/12

O paro descendeu en 11.900 persoas en Galicia durante o último trimestre. // Abre ao tráfico un novo treito da vía de alta capacidade Monforte-Lugo, entre O Incio e Sarria. // Máis de 400 especialistas de todo o mundo analizan en Santiago as técnicas máis novas en implantes dentais. // Mañá volve o derbi galego a Primeira. // Esta fin de semana celébrase en Sarria, en Lugo, o I Congreso Internacional de Observadores de Nubes. 26/10/12

Chuvascos, máis probables no sueste de Galicia, e ceos anubrados con precipitacións na costa norte. Vento de compoñente norte, frouxo pola mañá, aumentando a moderado no litoral pola tarde. Temperaturas mínimas sen cambios e descensos das máximas na zona norte. 26/10/12

Os galegos poderemos elixir médico, pediatra, enfermeiros e mesmo hospital. É unha das novidades do borrador da Lei de Garantías de prestacións sanitarias públicas. // O concello de Cerdedo recupera os 200.000 euros que os piratas informáticos roubaran da súa conta de banca electrónica. // Técnicas básicas para a reanimación de bebés. // Tereixa Navaza recibe unha homenaxe organizada polo Consello da Cultura Galega. // A dous días do derbi aumenta, a modo, o ritmo de venda das entrada en Balaídos. 25/10/12

Os galegos poderemos elixir médico, pediatra, enfermeiros e mesmo hospital. É unha das novidades do borrador da Lei de Garantías de prestacións sanitarias públicas estudado hoxe no Consello da Xunta. // O concello de Cerdedo recupera os 200.000 euros que os piratas informáticos roubaran da súa conta de banca electrónica. A maioría das transaccións foron rastrexadas e anuladas, e o resto adiantoullo Novagalicia Banco. // Técnicas básicas para a reanimación de bebés. Nais e avoas de Ourense aprenden cómo actuar se o pequeno entra en parada cardiorrespiratoria. // Foi a imaxe de Televisión Española en Galicia. Tereixa Navaza recibe hoxe unha homenaxe organizada polo Consello da Cultura Galega. // A dous días do derbi aumenta, a modo, o ritmo de venda das entrada en Balaídos, e tamén medran as queixas polo seu elevado prezo. 25/10/12

Os galegos poderemos elixir médico, pediatra, enfermeiros e mesmo hospital. É unha das novidades do borrador da Lei de Garantías de prestacións sanitarias públicas. // O concello de Cerdedo recupera os 200.000 euros que os piratas informáticos roubaran da súa conta de banca electrónica. // Técnicas básicas para a reanimación de bebés. // Tereixa Navaza recibe unha homenaxe organizada polo Consello da Cultura Galega. // A dous días do derbi aumenta, a modo, o ritmo de venda das entrada en Balaídos. 25/10/12

Intervalos de ceos anubrados con chuvascos, máis probables na metade Sur.

Vento frouxo de compoñente Sur pola mañá, con algúns intervalos moderados no Sur, cambiando a compoñente Norte pola tarde. Temperaturas mínimas en lixeiro descenso, e máximas en lixeiro ascenso. 25/10/12

Santiago celebra o 25 aniversario da declaración do Camiño como Primeiro Itinerario Cultural Europeo. // Hostaleiros de Ferrol, A Coruña e Santiago promocionan o Camiño Inglés. // Núñez Feijóo comprométese para a próxima lexislatura a afianzar a solvencia de Galicia e buscar o crecemento económico. // Desde hoxe e ata mediados de decembro está en marcha a campaña de vacinación contra a gripe. // Os ministros europeos de Pesca acordan manter ata 2017 as axudas ao desguazamento de barcos. (24/10/12)

Santiago celebra o 25 aniversario da declaración do Camiño como Primeiro Itinerario Cultural Europeo, un recoñecemento que multiplicou o interese do mundo pola ruta xacobea. // Hostaleiros de Ferrol, A Coruña e Santiago, por onde pasa o Camiño Inglés, queren poñer en valor os establecementos destes lugares. // Núñez Feijóo comprométese para a próxima lexislatura a afianzar a solvencia de Galicia e buscar o crecemento económico. Así llo propuxo á xunta directiva do Partido Popular de Galicia. // Desde hoxe e ata mediados de decembro está en marcha a campaña de vacinación contra a gripe en Galicia, coa que o Sergas quere protexer do virus ao 65 por cento da poboación. // Os ministros europeos de Pesca acordan manter ata 2017 as axudas ao desguazamento de barcos pesqueiros e á paralización temporal da flota, tal e como pedía España. (24/10/12)

Ceos anubrados con chuvias máis frecuentes no litoral atlántico. Vento do Sueste, frouxo en xeral, moderado en zonas altas da provincia de Ourense.

Temperaturas mínimas en lixeiro ascenso e máximas sen cambios ou en lixeiro descenso. (24/10/12)