Ceos nubrados con precipitacións máis cuantiosas na metade Oeste, de intensidade moderada, que poden ir localmente acompañadas de sarabia e aparato eléctrico, especialmente durante a primeira metade do día, e serán de neve por enriba dos 800-900 metros. Vento de compoñente Norte, moderado en xeral, forte no litoral atlántico e nas zonas altas, con tendencia a amainar a partir de media tarde. Temperaturas sen cambios significativos, con xeadas en zonas do interior. 30/11/12
Pleno de investidura do Alberto Núñez Feijóo como presidente da Xunta. // Finalmente serán uns 2.500 traballadores os que terá que despedir Novacaixagalicia. // Os gandeiros dan por suspendida a folga e volven, na súa maioría, entregarlle o leite ás industrias. // Menús de primeira, con produto conxelado como base. // Volve a Copa. 29/11/12
Intervalos de nubes e chuvascos, máis xeneralizados durante a mañá, máis illados e ocasionais durante a tarde. Cota de neve sobre os 900-1.000 metros. Xa pola noite as choivas volven á metade Oeste de Galicia. Vento de compoñente Norte entre frouxo e moderado. Temperaturas sen cambios significativos, con xeadas débiles en zonas do interior de madrugada. 29/11/12
Pleno extraordinario no Parlamento galego para investir a Alberto Núñez Feijóo como presidente da Xunta. Feijóo dixo que a súa primeira reunión será para tratar do futuro do sector lácteo galego, e propúxolle a oposición un pacto sobre este asunto. // Os grupos da oposición advertíronlle a Núñez Feijóo que a maioría absoluta que acadou nas urnas non lexitima unhas políticas que, aseguran, atentan contra os cidadáns. Aseguran que van loitar contra elas no Parlamento, e pídenlle a Feijóo un cambio de rumbo na próxima lexislatura. // Os gandeiros dan por suspendida a folga e volven, na súa maioría, entregarlle o leite ás industrias, tras o principio de acordo acadado onte á noite. As industrias acordaron ir incrementando o que lle pagan aos produtores e a Xunta garantirá que se cumpra ese compromiso. 29/11/12
Pleno de investidura do Alberto Núñez Feijóo como presidente da Xunta. Núñez Feijóo acaba de iniciar a súa intervención para responder aos grupos parlamentarios. Os portavoces da oposición pedíronlle un cambio de rumbo nas súas políticas. // Finalmente serán uns 2.500 traballadores os que terá que despedir Novacaixagalicia para cumprir o plan de reestruturación aprobado pola Unión Europea. Tamén deberá pechar 200 oficinas. // Os gandeiros dan por suspendida a folga e volven, na súa maioría, entregarlle o leite ás industrias, tras o principio de acordo acadado onte á noite. // Menús de primeira, con produto conxelado como base, para alegrar e poñer sabor ás mesas de Nadal... É a proposta dos alumnos e profesores da Escola de Hostalería de Pontevedra. // Volve a Copa. O Celta deberá esta noite superar en Balaídos un dous a cero adverso. O Deportivo teno algo máis fácil en Baleares. 29/11/12
Novagalicia Banco vai recibir case 5.500 millóns de euros en axudas de Europa, pero terá que ser vendida antes de cinco anos. A cambio do rescate tamén deberá reducir a súa actividade un 60 por cento. // Tras dous días sen recollida de leite acumúlanse nas granxas doce mil toneladas, e en algunhas explotacións xa tiveron que comezar a tiralo. Esta tarde a Xunta reúnese de novo cos produtores, a industria e a distribución. // Semana de Cine Submarino: Vigo volve acoller os últimos documentais sobre os misterios do mar. 28/11/12
Ceos con intervalos nubrados con chuvascos, máis frecuentes e intensos na metade Norte. Cota de neve entre os 900 e os1.000 metros. Vento moderado de compoñente Norte, con intervalos fortes na franxa costeira atlántica. Temperaturas sen cambios ou en lixeiro ascenso, manténdose a sensación de frío. 28/11/12
Novagalicia Banco vai recibir case 5.500 millóns de euros en axudas de Europa, pero terá que ser vendida antes de cinco anos. // Tras dous días sen recollida de leite acumúlanse nas granxas doce mil toneladas, e en algunhas explotacións xa tiveron que comezar a tiralo. // A campaña da vacinación contra a gripe recupera desde hoxe a normalidade. // O Porto de Vigo estrea un sistema que detecta material nuclear e radioactivo. // Semana de Cine Submarino en Vigo. 28/11/12
Novagalicia Banco vai recibir case 5.500 millóns de euros en axudas de Europa, pero terá que ser vendida antes de cinco anos. A cambio do rescate tamén deberá reducir a súa actividade un 60 por cento. // Tras dous días sen recollida de leite acumúlanse nas granxas doce mil toneladas, e en algunhas explotacións xa tiveron que comezar a tiralo. Esta tarde a Xunta reúnese de novo cos produtores, a industria e a distribución. // A campaña da vacinación contra a gripe recupera desde hoxe a normalidade. Xa se vacinaron unhas 400.000 persoas, 100.000 menos que o ano pasado. // O Porto de Vigo estrea un sistema que detecta material nuclear e radioactivo. É Aduanas a responsable deste control que se realiza ás mercadorías con destino a EE.UU e outras que por orixe ou tipo entrañen un posible risco. // Semana de Cine Submarino: Vigo volve acoller os últimos documentais sobre os misterios do mar. 28/11/12
Os gandeiros galegos deixan de entregar o leite á industria de forma indefinida. É a maneira de protestar porque levan meses pagándollo por debaixo dos custes de produción. // Os sindicatos agrarios esperan das industrias, distribuidores e administración compromisos para que o leite se venda en Galicia nas mesmas condicións que no resto do estado. // Austeridade ao principio, que dará froito nesta mesma lexislatura. Así ve Alberto Núñez Feijóo os próximos catro anos no discurso co que opta a ser investido de novo presidente da Xunta. 27/11/12
Austeridade ao principio, que dará froito nesta mesma lexislatura. Así ve Alberto Núñez Feijóo os próximos catro anos no discurso co que opta a ser investido de novo presidente da Xunta. // Os gandeiros galegos deixan de entregar o leite á industria de forma indefinida. É a maneira de protestar porque levan meses pagándollo por debaixo dos custes de produción. // Segundo día de preguntas para José Luis López Sors. O daquela director Xeral da Mariña Mercante culpou do rumbo errático do petroleiro e da marea negra á empresa encargada do seu rescate. // Quince organizacións empresarias hispano-lusas incorporáronse á Rede Ibérica de entidades transfronteirizas. Pretenden influír nas políticas europeas. // Comezan a comercializarse os primeiros clons de albariño certificados a nivel mundial. // O Celta consigue a vitoria na Romareda ante o Real Zaragoza e mete algo de distancia con respecto ós postos de descenso. // As primeiras imaxes de neve do outono. 27/11/12
Austeridade ao principio, que dará froito nesta mesma lexislatura. Así ve Alberto Núñez Feijóo os próximos catro anos no discurso co que opta a ser investido de novo presidente da Xunta. // Os gandeiros galegos deixan de entregar o leite á industria de forma indefinida. É a maneira de protestar porque levan meses pagándollo por debaixo dos custes de produción. // Segundo día de preguntas para José Luis López Sors. O daquela director Xeral da Mariña Mercante culpou do rumbo errático do petroleiro e da marea negra á empresa encargada do seu rescate. // Quince organizacións empresarias hispano-lusas incorporáronse á Rede Ibérica de entidades transfronteirizas. Pretenden influír nas políticas europeas. // Comezan a comercializarse os primeiros clons de albariño certificados a nivel mundial. // O Celta consigue a vitoria na Romareda ante o Real Zaragoza e mete algo de distancia con respecto ós postos de descenso. // As primeiras imaxes de neve do outono. 27/11/12
Nubes e chuvascos, máis frecuentes e intensos na metade Norte e ocasionalmente acompañados de sarabia. A cota de neve está nos 800 metros. Vento moderado de compoñente Norte, con algunha sorte forte no litoral Oeste da Coruña. Temperaturas en descenso entre lixeiro e moderado, principalmente as mínimas, rexistrándose algunhas xeadas no interior. 27/11/12
Discurso de Alberto Núñez Feijóo no pleno de investidura. // Os gandeiros galegos deixan de entregar o leite á industria de forma indefinida. // Segundo día de preguntas para José Luis López Sors no xuízo do Prestige. // Quince organizacións empresarias hispano-lusas incorporáronse á Rede Ibérica de entidades transfronteirizas. // Comezan a comercializarse os primeiros clons de albariño certificados. // O Celta consigue a vitoria na Romareda. // As primeiras neves do outono. 27/11/12
A partir desta media noite as 12.000 explotacións lácteas de Galicia están convocadas a non entregarlle o leite as industrias. É unha folga indefinida en protesta polos prezos que lle pagan, que non cobren os custes de produción. // Case todos os xulgados de Ourense suspenden esta semana os xuízos en protesta pola reforma xudicial impulsada polo goberno. Esta medida supón o aprazamento de 400 vistas. // Enxeñeiros, fontaneiros e traballadores do sector naval son os profesionais máis demandados polos países nórdicos. 26/11/12
A partir desta media noite as 12.000 explotacións lácteas de Galicia están convocadas a non entregarlle o leite as industrias. É unha folga indefinida en protesta polos prezos que lle pagan, que non cobren os custes de produción. // Preocupación entre os traballadores de Novagalicia Banco ante a redución do cadro de persoal que se agarda impoña a Unión Europea a cambio do rescate da entidade. // En 17 dos 19 xulgados de Ourense esta semana non se van celebrar xuízos. Os maxistrados decidiron suspendelos porque consideran que a reforma xudicial impulsada polo goberno non será boa para a xustiza. // Enxeñeiros, fontaneiros ou traballadores do sector naval que falen ben o inglés. Son os profesionais máis demandados polos países do norte de Europa. // O Deportivo aguanta en San Mamés e logra un punto que lle serve para saír dos postos de descenso. O mesmo obxectivo busca o Celta, que esta noite se enfronta ao Zaragoza. 26/11/12
A partir desta media noite as 12.000 explotacións lácteas de Galicia están convocadas a non entregarlle o leite as industrias. // A Unión Europea vai esixir un duro axuste en Novagalicia Banco a cambio do rescate. // En 17 dos 19 xulgados de Ourense esta semana non se van celebrar xuízos. // Enxeñeiros, fontaneiros ou traballadores do sector naval son os profesionais máis demandados polos países do norte de Europa. // O Deportivo aguanta en San Mamés e logra un punto que lle serve para saír dos postos de descenso. 26/11/12