Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O aumento dos contaxios de gripe dispara a actividade nas farmacias. O máis vendido son os analxésicos e as probas de autodiagnóstico | O Goberno galego decide, na última reunión do ano, dedicar 50 millóns a vivendas para alugueiro social. O Consello da Xunta acordou construír ou rehabilitar con este fin 230 vivendas | Detido un mozo da Coruña de 21 anos polo acoitelamento mortal de Noiteboa | A xornalista e editora Nieves Loperena leva sete anos vendendo e alugando libros nunha furgoneta 28-12-23

Os casos de gripe aumentan. As celebracións festivas destes días poñen en alerta á comunidade sanitaria, que insiste na utilización da máscara en caso de presentar síntomas | O Goberno prorrogará en 2024 a maior parte das medidas anticrise que estaban vixentes, malia que subirá o IVE da luz, do 5 ao 10 por cento. Continuarán as bonificacións do transporte e a gratuidade dos trens para os usuarios frecuentes | Ver se os xoguetes cumpren as normas de seguridade. Niso traballan os profesionais do laboratorio do Instituto Galego de Consumo | Cibercarracho. Esta é a palabra do ano 2023 na votación que convocan a Real Academia Galega e a Fundación Barrié. Trátase dun neoloxismo coloquial que tira do humor para referirse para referirse aos ciberdelincuentes 27-12-23

Volven as chuvias e as borrascas con nome. Gerrit, é a que nos vai afectar nas próximas horas. De momento, o que si se está a notar é o vento, que xa soprou con forza durante a mañá sobre todo no litoral, con refachos que superaron os 120 quilómetros por hora en Viveiro. Esta tarde actívanse alertas por chuvias intensas que poden descargar máis de 40 litros por metro cadrado en doce horas. 27-12-23

Os casos de gripe aumentan. As celebracións festivas destes días poñen en alerta á comunidade sanitaria | O Goberno prorrogará en 2024 a maior parte das medidas anticrise que estaban vixentes | Visitamos o laboratorio do Instituto Galego de Consumo | Cibercarracho. Esta é a palabra do ano 2023 na votación que convocan a Real Academia Galega e a Fundación Barrié 27-12-23

Os casos de gripe aumentan. As celebracións festivas destes días poñen en alerta á comunidade sanitaria | O Goberno prorrogará en 2024 a maior parte das medidas anticrise vixentes. Continuarán as bonificacións do transporte e a gratuidade dos trens para os usuarios frecuentes | Cibercarracho. Esta é a palabra do ano 2023 na votación que convocan a Real Academia Galega e a Fundación Barrié 27-12-23

Publicado no DOG o decreto coa disolución do Parlamento galego e a convocatoria electoral das autonómicas para o próximo 18 de febreiro| Na Coruña investigan dúas mortes violentas ocorridas nos últimos días. Un policía matou dun tiro un home que o atacaba cunha barra de ferro, e un mozo de 22 anos faleceu tras recibir unha coitelada no corazón | Cantaron o número, pero non estaba premiado. Un salón de peiteado de Combarro, en Pontevedra, vendéranllo aos clientes. Pensaron que lles tocara a pedrea, pero o número non aparece la lista oficial dos premios | Varios concellos do interior da provincia de Pontevedra están a aumentar a súa poboación con persoas que abandonan a cidade para vivir e traballar desde pequenas aldeas 26-12-23

Volven as nubes, pero, de momento, sen chuvia. Hoxe pode caer algún orballo polo oeste onde tamén os ceos están máis cubertos. No interior, os ceos están máis despexados. As temperaturas con poucos cambios. Subiron as nocturnas e durante o día, as máximas oscilan entre os 11 graos de Ourense e os 16 que acadan os termómetros na Mariña ou Pontevedra. 26-12-23

Publicado no DOG o decreto coa disolución do Parlamento galego e a convocatoria electoral das autonómicas para o 18 de febreiro| Na Coruña investigan dúas mortes violentas ocorridas nos últimos días | Cantaron o número, pero non estaba premiado, nun salón de peiteado de Combarro, en Pontevedra | Concellos do interior de Pontevedra están a aumentar a súa poboación con persoas que abandonan a cidade para vivir e traballar desde pequenas aldeas 26-12-23

Publicado no DOG o decreto coa disolución do Parlamento galego e a convocatoria electoral do 18 de febreiro| Na Coruña investigan dúas mortes violentas ocorridas nos últimos días. Un policía matou dun tiro un home que o atacaba cunha barra de ferro, e un mozo de 22 anos faleceu tras recibir unha coitelada no corazón 26-12-23

Todo o litoral norte está en alerta amarela por ondas que poden chegar aos cinco metros. En terra, situación moito máis tranquila porque comezamos unha fin de semana de tempo anticiclónico. Durante a mañá tivemos bancos de néboa que co paso das horas foron dando paso a ceos pouco nubrados ou despexados. As temperaturas mantéñense en valores semellantes aos destes días. 22-12-2023

Galicia levou máis de 230 millóns de euros no sorteo da Lotaría de Nadal, con máis de cincuenta localidades premiadas | O día despois de coñecerse a data, colle forza a maquinaria electoral dos partidos cara as autonómicas de febreiro | Galicia estende a campaña de vacinación da gripe e da Covid ata o 12 de xaneiro. Ante o aumento das reunións do Nadal e o inminente pico da gripe, o Sergas anima á poboación diana | Compras adiantadas para a cea de Noiteboa, ao coincidir nesta ocasión a festa en domingo. O máis demandado segue sendo os clásicos: año, ollomol, bacallau ou marisco. 22-12-2023

Galicia levou máis de 230 millóns de euros no sorteo da Lotaría de Nadal | Colle forza a maquinaria electoral dos partidos cara as autonómicas de febreiro | Galicia estende a campaña de vacinación da gripe e da Covid ata o 12 de xaneiro | Compras adiantadas para a cea de Noiteboa, ao coincidir nesta ocasión a festa en domingo. 22-12-2023

Galicia levou máis de 230 millóns de euros no sorteo da Lotaría de Nadal, con máis de cincuenta localidades premiadas | Compras adiantadas para a cea de Noiteboa, ao coincidir nesta ocasión a festa en domingo. O máis demandado segue sendo os clásicos: año, ollomol, bacallau ou marisco | A praza de Fefiñáns, en Cambados, transfórmase nestas datas nunha aldea de Nadal, na que os protagonistas son os nenos. 22-12-2023

Os ventos marítimos están a arrastrar unha masa de aire húmida que deixa orballos e moitas nubes. Pola tarde iranse abrindo algúns claros. As temperaturas seguirán en valores moi parecidos, cun lixeiro aumento das máximas que oscilan entre 8 graos previstos en Lugo aos 15 que acadan polo litoral atlántico. 21-12-2023

As eleccións autonómicas galegas serán o 8 de febreiro. O adianto electoral anunciouno Alfonso Rueda tras a reunión do Consello da Xunta| Un anuncio que chega a poucos días para a Noiteboa polo que son noticia os prezos que acadan produtos como os camaróns, por riba dos cen euros, os percebes a 60 ou as centolas a 50 euros o quilo | Últimas horas para o sorteo de Nadal da Lotaría. As administracións constatan un aumento das vendas este ano, ata un gasto medio de 75 euros por persoa | Hoxe fan dous anos da chegada da Alta Velocidade a Galicia. Dende entón, segundo Renfe, máis de 3, 6 millóns de viaxeiros utilizaron a liña. 21-12-2023

As eleccións autonómicas galegas serán o 8 de febreiro | En vésperas de Noiteboa, os camaróns están nos mercados por riba dos cen euros, os percebes a 60 ou as centolas a 50 euros o quilo | Últimas horas para o sorteo de Nadal da Lotaría | Dous anos da chegada do AVE a Galicia. Máis de 3, 6 millóns de viaxeiros utilizaron a liña. 21-12-2023

As eleccións autonómicas galegas serán o 8 de febreiro. O adianto electoral anunciouno hai uns minutos Alfonso Rueda tras a reunión do Consello da Xunta| Últimas horas para o sorteo de Nadal da Lotaría. As administracións constatan un aumento das vendas este ano, ata un gasto medio de 75 euros por persoa | En Vilalba, unha nova edición da feira do capón puxo á venda esta mañá uns trescentos exemplares deste manxar moi demandado en Noiteboa. 21-12-2023

Tralo paso da fronte, volve achegarse o anticiclón. No norte, algún chuvasco illado e onde os ceos están máis cubertos. Tempo enxoito o que nos agarda o resto da semana, con máis sol de cara o día de Nadal. As temperaturas suben. As máximas, entre os 3 graos e medio de Cabeza de Manzaneda os máis de 15 de Tui. 20-12-2023

Rueda aposta por seguir gobernando, sen poñer data para as eleccións . Mentres a oposición da por rematada a lexislatura. | Moreas de cartons acumúlanse nalgunhas rúas da Coruña. O concello falla de anomalías no servizo de recollida do lixo, a cinco días da folga. | Galicia, segunda comunidade con máis accidentes de tráfico provocados por animais, sobre todo xabarís. | Pendentes de ser trasladados a Madrid, para declarar na Audiencia Nacional, os nove detidos no último golpe ao narcotráfico na comarca do Salnés. | Rescatar a tradición de cantar os Reis. É o que buscan os profesores dun colexio de Cabral, en Vigo. Animan aos alumnos a percorrer o barrio, cantando e pedindo aguinaldo. 20-12-2023

Moreas de cartons e bolsas de lixo acumúlanse nalgunhas rúas da Coruña. O concello falla de anomalías no servizo de recollida e considera que é parte do pulso entre os traballadores a a dirección da empresa concesionaria, a cinco días da folga convocada. | Alfonso Rueda aposta por seguir gobernando, sen poñer data para as eleccións. Mentres a oposición dá por rematada a lexislatura. | Galicia é a segunda comunidade con máis accidentes de tráfico provocados por animais, sobre todo xabarís. O ano pasado ascenderon a 5.500. Ocorren sobre durante as fins de semana e entre as sete da tarde e a medianoite. | Rescatar a tradición de cantar os Reis. É o que buscan os profesores dun colexio de Cabral, en Vigo. Animan aos alumnos a percorrer o barrio, cantando e pedindo aguinaldo. 20-12-2023