Temos por diante unha fin de semana seca e solleira, con algúns orballos pola costa e néboas en puntos do interior. As temperaturas mínimas baixan e as máximas quedan sen cambios e rondan os 20 graos en moitos puntos da comunidade 17-11-23
Protesta dos bombeiros comarcais de toda Galicia en Santiago. | Rueda chama en Madrid a reaccionar contra os pactos de Sánchez cos nacionalistas que lle permitiron acadar a maioría absoluta. | Continúa o derrubamento dos chalés da praia da Areoura, en Foz, uns edificios sen rematar desde hai máis de corenta anos. | O programa Xacobeo Xove para fomentar as peregrinacións exténdense ata o ano que ven. Tamén amplía os seus beneficios aos mozos maiores de doce anos de toda España. |Estréase en Cineuropa "Os Espazos en Branco", un documental sobre Xela Arias, a escritora galega, desaparecida con 41 anos. | A obra singular e provocativa de Helmut Newton, xa está na Coruña.
17-11-23
A obra singular e provocativa de Helmut Newton, xa está na Coruña. É a mostra da Fundación Marta Ortega adicada ao fotógrafo que cubríu o mundo das pasarelas de moda na segunda mitade do século XX. | Os bombeiros comarcais de toda Galicia volven sair á rúa para amosar a sua reivindicación de melloras laborais, que lles leva a manterse en folga dende hai cinco meses. | Continúa o derrubamento dos chalés da praia da Areoura, en Foz, sen rematar desde hai máis de corenta anos. O concello planea que os terreos sexan públicos para crear unha zona verde. 17-11-23
Danos nunha vintena de casas en Neda tralas riadas. Os veciños fan balance dos danos, e piden axuda para poder volver a normalidade. | As referencias a Galicia non faltan na investidura de Pedro Sánchez. Antes da votación, promete reparar os anos de retroceso que segundo el leva a nosa comunidade cos gobernos do PP. | O colectivo "A por todas" convoca a Traballadoras de tódalas areas sanitarias nunha mobilización contra a precariedade e para reclamar melloras laboráis. | Un espazo onde persoas de todo o mundo podan teletraballar e vivir de xeito compartido. É o coliving, un modelo de establecemento implantado a partir da pandemia, que reinventa o concepto da oficina, e que está a servir tamén para revitalizar zonas rurais. 16-11-23
As chuvias remiten e pola tarde apertura de claros con algunhas nubes. As temperaturas en valores cálidos, irán baixando tralo paso da fronte. As mínimas quedan no entorno dos dez graos. 16-11-23
Antes da votación de Investidura, Pedro Sánchez promete reparar os anos de retroceso que segundo el leva Galicia cos gobernos do PP. | folga de estudantes en toda España en apoio ao pobo palestino. | Mobilización do novo colectivo "A por todas", formado por enfermeiras para reclamar melloras laboráis | Un espazo onde persoas de todo o mundo podan teletraballar e vivir de xeito compartido. É o coliving, un modelo de establecemento que está a servir tamén para revitalizar zonas rurais. | O instituto de Ribadavia é un dos poucos centros de Galicia nos que se pode estudar un ciclo de FP de elaboración de aceite de oliva e viños 16-11-23
O Arosa, equipo da terceira Federación, enfrontarase co Valencia, de primeira, na próxima fase da Copa do Rei, que se xogará entre o 5 e o 7 de decembro. | Centos de traballadoras de escolas infantís privadas manifestanse en Santiago para pedir melloras laboráis. | O Partido Popular rompe o acordo para a eleccion do novo presidente da FEGAMP, que incluía ó socialista Alberto Varela.| O sistema informático do Sergas xa funciona despois da caída de onte a tarde que dificultou gran parte da actividade sanitaria. | Paralizado o marisqueo na Ría de Pontevedra pola alta mortandade de molusco e o desplome dos prezos na lonxa. 15-11-23
Desprendemento de terra, en Dumbría, que afecta a varios vehículos e deixa sepultados tres cans. Éste é xa o segundo outono máis chuvioso dende que hai rexistros, só superado polo de 1987. | A inflación modera a súa subida en outubro, e queda en Galicia nun 3,6% Os alimentos. case un 10% máis caros que hai un ano, son os que máis contribúen ao aumento dos prezos. | Acordo en Valdeorras entre a louseira Irosa e a comunidade de montes propietaria dos terreos que ocupa. O acordo asinado permitirá evitar o desafiuzamento das instalación. | A Coruña acolle a elite da investigación oncolóxica, nun congreso no que destacan os avances na medicina de precisión e a inmunoterapia como claves para controlar a enfermidade. 14-11-23
Unha fronte avanza dende a costa cara o interior. Á tarde iranse abrindo algúns claros. Tras esa fronte teremos unha entrada de aire frío que nos deixará temperaturas mínimas ao final do día. Tamén irá amainando o vento que soprou con forza na costa. 14-11-23
Máis de 800 incidencias nas últimas 24 horas polas intensas precipitacións.| Éste é xa o segundo outono máis chuvioso dende que hai rexistros, só superado polo de 1987. | A inflación modera a súa subida en outubro, e queda en Galicia nun 3,6%. | Acordo en Valdeorras entre a louseira Irosa e a comunidade de montes propietaria dos terreos que ocupa. | A Coruña acolle a elite da investigación oncolóxica, nun congreso no que destacan os avances na medicina de precisión e a inmunoterapia. 14-11-23
Máis de 800 incidencias nas últimas 24 horas polas intensas precipitacións. As provincias atlánticas son as máis afectadas. | Concentrarción convocada pola Sociedade Xitana, diante do Concello, onde tiña previsto una acampada con tendas, furgonetas e autocaravanas. A policía local bloqueou o acceso de vehículos á praza peonil. | O museo do gravado en Ribeira é un dos máis importantes de España polos seus fondos antigos. Conta con máis de 40.000 estampas orixinais de artistas como Goya, Dalí, Picasso ou Castelao. 14-11-23
Suben as temperaturas nun día con chuvias sobre todo na provincia da Coruña onde poden chegar a acumularse ata 80 litros por metro cadrado. As provincias atlánticas e todo o litoral está en alerta por fenómenos costeiros, chuvia e ventos. 13-11-2023
As protestas contra os pactos para a investidura de Pedro Sánchez cos independentistas, que inclúen a lei de amnistía, protagonizan o debate politico, tamén en Galicia, onte con varias manifestacions nas que participaron ata 30.000 persoas, segundo os convocantes, e 13.000 segundo a delegación do goberno. | bombeiros forestais reclaman á xunta a regulación das súas condicións laborais. Piden a profesionalización do servizo e que aumente o tempo de traballo dos fixos discontinuos. | O papel das librarías como espazos fundamentais para o fomento da lectura. En Galicia son unas 700 as tendas de libros que manteñen unha actividade esencial para a cultura. 13-11-2023
As protestas contra os pactos para a investidura de Pedro Sánchez cos independentistas, que inclúen a lei de amnistía, protagonizan o debate político tamén en Galicia. | Bombeiros forestais reclaman á xunta a regulación das súas condicións laborais | Un andaluz de 79 anos é o peregrino 438.308, é dicir, o número que marca un novo récord de chegadas a Santiago. | | En Galicia son unas 700 as tendas de libros que manteñen unha actividade esencial para a cultura. 13-11-2023
Milleiros de galegos nas manifestacións do Partido Popular contra a amnistía. 30.000 segundo os convocantes, mentras que a Delegación do Goberno rebaixa a cifra a 13.000. | Concentración de bombeiros forestais en Santiago para reclamarlle á xunta a regulación das súas condicións laborais. | O Celta volve perder nos últimos minutos, despois de adiantarse no marcador fronte o Atlétic de Bilbao. En cambio, na segunda división, o Racing de Ferrol, mesmo fai soñar en subir de categoría. 13-11-2023
Os ventos do suroeste deixan hoxe unha xornada de tempo cálido e húmido, e traen unha fronte que cruzará Galicia. Ceos cubertos con chuvias intermitentes que a partir do mediodía son máis persistentes. As temperaturas en lixeiro ascenso. Os ventos, fortes no litoral atlántico. 10-11-23
Capturados tres xabarís que se coaron esta mañá na Escola da Imaxe e o Son da Coruña. | A chegada de peregrinos a Santiago está a piques de marcar un novo récord. A cifra total de 438.000 rexistrados durante o pasado o ano Xacobeo de 2022 será superada esta fin de semana. | A enfermidade hemorráxica epizoótica continúa estendéndose por Galicia con 18 focos confirmados. O último nunha granxa de Xermade, que perdeu xa 25 vacas | As rúas de Santiago volven encherse de debuxantes na sexta edición de Compostela ilustrada, con máis de cen artistas participantes. 10-11-23
A chegada de peregrinos a Santiago está a piques de marcar un novo récord. | O buque de formación pesqueira Intermares, unha auténtica universidade flotante, atraca ata hoxe no porto coruñés da Pobra do Caramiñal. | Capturados tres xabarís que se coaron esta mañá na escola da imaxe e son da Coruña. | Están xa en Sanxenxo os 54 migrantes que chegaron , dentro do plan para aliviar a presión nos centros de acollida de Canarias. | As rúas de Santiago volven encherse de debuxantes na sexta edición de Compostela ilustrada, con máis de cen artistas participantes. 10-11-23
Capturados , esta mañá, tres xabarís que levaban varios meses circulando pola cidade da Coruña Unha femia e duas crías, dentro do recinto da Escola de Imaxe e Son. | O buque de cooperación e formación pesqueira Intermares, unha auténtica universidade flotante, atraca ata hoxe no porto coruñés da Pobra do Caramiñal. Alumnos de formación profesional adquiren a bordo coñecementos teóricos e prácticos sobre a pesca e a súa transformación. | A menos de dous meses para que remate o ano, faltan horas para que o número de peregrinos supere o dato de todo o 2022. 10-11-23
O acordo entre o PSOE e Junts, para o presidente da Xunta, rompe a igualdade entre as comunidades. Os nacionalistas veno como unha solución ao conflito de Cataluña e os socialistas destacan que permite un novo goberno de progreso. | Comeza a montaxe da árbore de nadal xigante na Porta do Sol de Vigo, cunha estrela de 19 metros de altura, conseguirá elévalo a 44 metros. | Protesta diante do Tribunal Superior de Xustiza, na Coruña dos traballadores da mina de Penouta, de Viana do Bolo. | O director asturiano Aarón Zapico, un dos renovadores da música clásica en España, ponse a fronte da Real Filharmonía, esta noite nun concerto único con pezas representativas do barroco 09-11-23