Unha borrasca que se move polo Atlántico cara o sur é fonte de inestabilidade atmosférica. Deixa máis nubes polo oeste, sen descartar algún chuvasco ocasional no interior pola tarde cando aumenta a probabilidade de chuvascos treboentos. As temperaturas máximas soben lixeiramente. Oscilarán entre os 23 graos previstos na Coruña a 29 en Lugo ou 32 en Ourense. 16/09/20
Segue a loita contra o lume, que esta noite puxo en risco dous núcleos de vivendas en Vilariño de Conso. Xa son máis de 8.000 as hectáreas queimadas nos 14 incendios que permanecen activos na provincia de Ourense // Os casos activos en Galicia son 4.301, 37 máis que o día anterior, logo de detectarse 253 novos positivos // 1.500 alumnos comezan hoxe as probas de setembro de Acceso á universidade. Mentres, os centros de Ensino Superior prepáranse para comenzar o novo curso a próxima semana. A universidade de Vigo empregará un anovador sistema de test masivo de saliva para detectar asintomáticos entre o persoal // Correxir a tendencia negativa da demografía galega ainda é posible nos próximos anos. Así o cren os expertos do Foro económico de Galicia que abogan por reforzar as políticas migratorias e dinamizar especialmente os sectores da industria dixital e verde. 15/09/20

Seguimos con certa inestabilidade pero sen apenas auga. Os ceos están máis anubrados canto máis ao oeste onde poden caer algunhas chuvias febles, illadas e ocasionais. Hoxe xa sen as treboadas que sobre todo se fixeron sentir onte na provincia de Lugo, especialmente na Mariña. As temperaturas algo máis baixas. Así é todo as máximas oscilarán entre os 25 graos previstos na Coruña aos 31 de Ourense. 15/09/20
A chuvia, inda que feble, axuda nas últimas horas as tareas de extinción nos incendios que levan calcinado varias vivendas e unhas 6.700 hectáreas dende o sábado na provincia de Ourense. Actualmente son 11 as frontes activas, ainda que baixa a perigosidade para núcleos habitados // Baixan os casos activos de coronavirus en Galicia. Logo de detectarse 209 contaxios novos nas últimas horas, o total de infectados é de 4.264, 17 menos que o día anterior. As vítimas mortais aumentan en 8 nas últimas horas ata un total de 689 // O colexio Calasancio de Pontevedra pecha as suas instalacións ao detectarse un brote entre os profesores. Polo momento, nove deron positivo. A dirección anuncia que mañá reanudará a actividade docente por medios telemáticos // A Ponte da Illa de Arousa foi unha infraestructura longamente reivindicada polos veciños e que transformaría por completo a súa vida cotiá así como a paixase da ría. 14/09/20

E a semana comeza con cambio de tempo(COLAS). Con inestabilidade atmosférica, que xa deixou algunhas chuvias febles e que sobre todo han ser en forma de treboada á tarde polo interior. As temperaturas baixan pero continuan altas para o mes de setembro. Despois dunha fin de semana de calor abafante, mesmo con récord de temperatura na Coruña onde os termómetros superaron os 35 graos. Hoxe alí non han pasar dos 25 graos. 14/09/20
O comezo do curso atrásase unha semana en Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional. En vez do próximo mércores como estaba previsto, A volta ás aulas comenzará, de xeito gradual, a partir do día 23, nos centros públicos e concertados // A volta ao cole en infantil e primaria complétase hoxe. Entre as incidencias, a negativa dos pais a levar aos alumnos ao colexio de Meis onde o director deu positivo por coronavirus // Detectado un gromo con 6 positivos na área de Traumatoloxía do Hospital de Lugo. Sanidade anuncia que establece medidas restrictivas no concello coruñes de Laxe e nos pontevedreses de Lalín, A Guarda, o Rosal, Vilaboa e Poio // Ata 25 dos 27 concelleiros da corporación pediron hoxe que dimita como alcalde de Ourense. Apoiaron unha moción do BNG que non é vinculante pero visualiza a falta de apoios do alcalde que goberna cun único concelleiro de Democracia Ourensana. 11/09/20

Antes de que volva a chuvia o luns, temos por diante unha fin de semana que vai ser aínda de sol e máis calor. De feito, hoxe a aemet activou un aviso por temperaturas altas no val do Miño. Calor abafante que deixará termómetros rozando os 40 graos mañá en Ourense pero que tamén se ha facer notar nas Rías Baixas e polo norte con temperaturas que mesmo poden superar os 30 graos en cidades como A Coruña ou na Mariña. 11/09/20
Con algunhas incidencias como aulas pechadas por falla de ventilación ou profesores de baixa por contaxio, pero en xeral con tranquilidade. Así Foi a volta a clase para alumnos de 3º e 4º de infantil e 1º e 2º de primaria // De cara ao próximo comenzo de curso en Bacharelato e Formación profesional, a consellería de Educación avanzou un plan de continxencia para dar clase semipresencial. Poderán solicitalo os centros que non dispoñan de espazo para cumprir coas distancias necesarias para evitar contaxios // 3 novos falecementos na residencia de Outeiro de Rei e un no Hospital Alvaro Cunqueiro de Vigo, nas últimas horas. Os novos contaxios detectados son 274, unha cantidade algo inferior a de días pasados, e o total casos activos baixa en 6, ata 4.358 // O Concello da Coruña pide, por unanimidade, a dimisión da presidenta do Consello Superior de Deportes Irene Lozano pola sua intervención no Caso do partido do Deportivo e o Fuenlabrada. A corporación municipal reproba tamén á Liga de Fútbol Profesional e reclama a inhabilitación do seu presidente Javier Tebas. 10/09/20

Ata 35 graos poderían marcar de novo os termómetros hoxe, coma a pasada tarde no sur e en Ourense. Un pouco por baixo dos 30º quedarán na metade norte. Sol e calor e temperaturas mínimas máis altas que están a deixar noites tropicais en moitos puntos. As dúas da mañá en Vigo ou Carnota aínda mantiñan os termómetros por riba dos 22ºC. 10/09/20
Outros dez traballadores da residencia de Maiores de Outeiro de Rei dan positivo en coronavirus, xunto a 4 usuarios, entre os que tamén se contabiliza un falecemento, O centro foi intervido pola Xunta ao detectarse máis de cen casos nun so día. O total de contaxios no centro ascende a 176 // Catro falecementos contabilizados nas últimas horas en Galicia elevan o total a 668. Os contaxiados en residencias ascenden a 350. O Comité Clínico da Xunta decidíu hoxe que o uso da máscara será obrigatorio tamén nos ximnasios. Aos concellos con limitacións de cabida nos establecementos e reunións familiares incorpórase o de Pontevedra // O alcalde Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asegura que seguirá gobernando, co apoio dun único concelleiro do seu grupo, tralo enfrontamento cos outros cinco representantes de Democracia Ourensana, e a ruptura do acordo que mantiña co Partido Popular. Jácome acusou aos seus ex socios de urdir unha trama para forzar a sua dimisión. 09/09/20

O anticiclón situado ao oeste de Irlanda continúa a deixarnos sol e calor.Os termómetros xa superan os 30 graos. Temperaturas altas que contrastan coas nocturnas, nalgúns casos con oscilacións de ata 20 graos. Os ceos han seguir despexados con algunha nube alta. Vento frouxo do nordés, máis intenso entre Ribadeo e Fisterra con réxime de brisas nas Rías Baixas. 09/09/20
Chamamento do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices a “Traballar duro para chegar a acordos e superar a crise de credibilidade dos políticos” na sesión plenaria de apertura da Undécima Lexislatura,..// O falecemento dunha usuaria da residencia de maiores Orpea Coruña eleva a 663 as vítimas da pandemia da COVID-19 en Galicia Dispáranse a 139 os usuarios contaxiados na residencia Domus Vi de Outeiro de Rei. A Xunta non descarta intervir a xestión do centro.. // Presentado na Coruña o hotel de luxo no antigo edificio de Red Electrica, e que ten xa 60 reservas para este mes. Será o primeiro establecemento da cadea Hilton en Galicia.// Mellorar a calidade do viño gracias a biodiversidade do solo. É o proxecto de investigación que leva a cabo unha adega do Rosal. Trátase de aumentar a oxixenación para ter que empregar menos sustancias químicas e recuperar os microorganismos naturais. 08/09/20