Sanidade comunica hoxe 1.783 casos activos de covid en Galicia. Son 160 máis que onte. Un aumento impulsado especialmente por un gromo descuberto na residencia do Incio, con 69 positivos // Resposta masiva dos mozos de Melide ao chamamento para facer case un milleiro de probas do coronavirus. O brote na zona mantense en 17 positivos // Hostalería e lecer nocturno piden axudas para compensar as perdas pola diminución e o peche da súa actividade. Os hostalerios de Pontevedra lanzan os "consultores covid", que asesoran aos negocios sobre os protocolos de hixiene e aportan confianza aos clientes. 20/08/20
A Xunta propón que a máscara sexa obrigatoria nos colexios para profesores e alumnos a partir dos seis anos // En Galicia os casos activos de coronavirus comunicados pola Xunta son hoxe 1.623. Volven medar en máis dun cento desde onte // Comezan a instalar en Vigo a iluminación de Nadal, esta vez con máis antelación polos protocolos da covid. Serán dez millóns de luces en máis de 300 rúas da cidade. 19/08/20

Sanidade notifica hoxe 1.505 casos activos de covid 19 en Galicia, tras unha semana sumando máis dun cento de contaxios diarios. Hai 61 positivos no hospital, 6 deles na UCI // A pandemia apenas frea a chegada de turistas á Galicia interior, a Ribeira Sacra ou a Rías Baixas, ao contrario que en zonas como A Coruña ou Santiago, nas que os establecementos seguen medio baleiros // O comercio tamén sofre a caída do consumo. Os que saen de compras gastan menos, e as rebaixas de verán non logran compensar o descenso das vendas. No que vai de ano a caída rolda o 43 por cento. 18/08/20

Volven subir en más dun cento os contaxiados por coronavirus en Galicia. Hoxe son 1.400 os casos activos notificados pola Consellería de Sanidade // A investidura de Alberto Núñez Feijóo como presidente da Xunta vai ser entre o martes 1 e o xoves 3 de setembro. Tomará posesión dous días despois, o sábado 5 // Abre na Coruña o salón internacional do cómic Viñetas desde o Atlántico. Nesta ocasión, con propostas de banda deseñada infantil e xuvenil, un xénero en pleno rexurdimento. 17/08/20

O Goberno establece en toda España o peche do lecer nocturno e limitacións de cabida nos restaurantes. Tamén extende a tódalas comunidades a prohibición de fumar en espazos abertos sen distacia de seguridade xa implantada en Galicia. Na área da Coruña aumentan os controis policiais para frear a transmisión comunitaria // Galicia supera os mil casos activos de Covid-19, logo de sumar 136 novos contaxios nas 24 últimas horas. A de Santiago e a única Area Sanitaria onde descenden os positivos. En toda a comunidade hai 42 persoas ingresadas en hospitais e ninguna en UCI // Un total de 460 militares repartidos en 27 patrullas integrarán este ano a Operación Centinela, a colaboración das Forzas Armadas na protección dos montes galegos contra os incendios. Comenzará mañá centrando a sua atención nas zonas con maior risco. 14/08/20

Queixas na hostalería, resignación nos fumadores e apoio xeral dos expertos no Primeiro día que entra en vigor a prohibición de fumar ao aire libre, incluídas as terrazas, cando non se garanta distancia de seguridade. Outras comunidades estudan implantar medidas similares // Os casos activos rexistran un aumento de 111 máis nas últimas 24 horas. O total chega a 938. Os falecidos soben a 623 trala morte dun home de 90 anos en Ourense. Hai trece positivos relacionados cun gromo nun campamento de verán en Cerdido. Os pacientes hospitalizados ascenden a 40 e sigue u na Uci // A dirección de Alcoa e o comité pactan ampliar o período de consultas mentres se negocia a venda da Planta de Aluminio ao Grupo Liberty House, coas cubas electrolíticas en funcionamento. O acordo, coa mediación da Xunta, afasta a ameaza de peche e o despedimento de traballadores na factoría. 13/08/20

A Xunta decide manter durante sete días máis as restriccións na Area Sanitaria da Coruña e Denuncia unha relaxación nos controis policias para o cumplimento das medidas. Os expertos consideran que Galicia está xa ante unha nova vaga da epidemia e reclaman para combatila probas de pcr masivas e mais equipos para o rastrexo de contaxios // Aumento é de 87 casos no último día. A incidencia sobe en todalas areas sanitarias agás a de Pontevedra. Os falecidos suman 622 trala morte dunha muller de 89 anos na Coruña. Os pacientes ingresados son xa 36, dos que so unha está na Uci // Máis auga nun día que nos últimos tres meses xuntos. A chuvia chega a toda a toda comunidade con máis de 60 litros por metro cadrado en moitos puntos da metade norte, e ronda os 90 en Bergondo. As precipitacións irán diminuindo nas próximas horas. 12/08/20

Aumenta a preocupación pola situación sanitaria na área da Coruña, onde os contaxios ascenden a 406, máis da metade dos detectados en toda Galicia, incluidos tres usuarios dunha residencia de maiores. A Xunta reforza os equipos de diagnóstico cun novo autocovid no Ventorrillo // A incidencia da Covid-19 sobe tamén en todalas demáis areas sanitarias de Galicia, ata un total de 740 casos, 70 máis que onte. O número de pacientes ingresados en unidades de hospitalización elévase a 31 e seguen 2 na UCI // A fiscalía da Audiencia Nacional abre dilixencias por unhas declaracións de Ana Pontón do 25 de xullo, a raíz dunha denuncia que as considera delito de inxurias á Coroa. A portavoz do BNG defende o dereito de critica a Monarquía e á liberdade de expresión. 11/08/20

Os medios de extinción loitan por controlar o incendio de Lobios, no parque do Xurés, o máis importante que queda activo na provincia de Ourense, tras unha fin de semana na que arderon preto de 1.000 hectáreas. Detidas duas persoas acusadas de provocar lumes, grazas á colaboración cidadá // Os casos activos en Galicia aumentan en 79 nas últimas 24 horas. O total é de 670, máis da metade corresponde a Area Sanitaria da Coruña, onde se manteñen medidas de restrición para frear o brote relacionado cun ximnasio en Arteixo. Hai dous pacientes en UCI e 25 hospitalizados // Martín Berasategui, Jordi Cruz, Juan Mari Arzak, os irmáns Torres e outros cociñeiros de elite que suman más de trinta Estrelas Michelín acoden á cita anual, no Camiño de Santiago, para un evento gastronómico solidario e para promocionar o Xacobeo 2021. 10/08/20

O veterano Miguel Santalices repite ccomo presidente do Parlamento de Galicia na undécima lexislatura, que hoxe comenzou, con especiais medidas sanitarias e cun recordo especial para as vítimas do coronavirus. Os traballadores de Alcoa acudiron á Camara a reclamar presión sobre a empresa para que negocie a venda da Planta de Aluminio ao grupo Liberty.
//Galicia suma 444 casos activos, tras ser detectados 32 máIs Nas últimas 24 horas. Na área sanitaria da Coruña, onde se rexistra o brote relacionado cun ximnasio de Arteixo, os contaxios suben a 177. A Xunta estuda medidas de restricción. Tamén aumentan os pacientes hospitalizados: xa son 21 en unidades convencionais e sigue habendo 2 en UCI.
//O Deportivo presentará en Riazor 14 xogadores profesionais para enfrentarse co Fuenlabrada, 18 días despois, nun partido declarado de alto risco pola situación sanitaria. O Club fai un chamamento a evitar incidentes que puderan perxudicar a batalla nos despachos pola permanencia. (07/08/2020)

Indignación dos traballadores de Alcoa ao abandonar a dirección as negociacións sobre o ERE, despois de plantar a xuntanza convocada polo Ministerio de Industria. O comité defende unha prórroga do período de consultas de 6 semanas para facilitar a venda ao grupo Liberty House.
//Os casos activos ascenden en Galicia a 412. A Area máis afectada é a da Coruña, onde sigue a atención sobre o brote relacionado cun ximnasio en Arteixo. Mentres, Sanidade da por superado o brote da Mariña, o máis importante dende a desescalada. En Vigo hai 27 sanitarios illados tras ter contacto cun paciente contaxiado. Os pacientes hospitalizados baixan a 19.
// Arquitectos galegos levan á Bienal de Venecia o uso de espazos rurais para celebrar o Festival de Cine na Parroquia de Cans. Destácano como exemplo de posta en valor do Patrimonio e a colaboración veciñal. (06/08/2020)