Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O incendio que queimou  200 hectáreas en Folgoso do Courel está activo, aínda que controlado. O que calcinou 430 hectáreas  en Navia de Suarna está estabilizado.   Outro lume na  Fonsagrada  afecta  a 28 hectáreas. 

O presidente da Xunta recibe ao alcalde de Pontevedra. Miguel Anxo Fernández Lores pediulle maior atención de parte da Xunta cara a cidade do Lérez.  Alberto Núñez Feijóo di que alguns atrasos en proxectos na cidade obedecen a cuestións técnicas.

Santiago bate marcas estes días na afluencia de peregrinos. A véspera do Apóstolo a oficina do peregrino repartiu máis de 3.100 compostelas, a maior cifra nun só día desde o Xacobeo de 2010. (27/07/15)

O incendio que queimou  200 hectáreas en Folgoso do Courel está activo, aínda que controlado. O que calcinou 430 hectáreas  en Navia de Suarna está estabilizado.   Outro lume na  Fonsagrada  afecta  a 28 hectáreas. 

O presidente da Xunta recibe ao alcalde de Pontevedra. Miguel Anxo Fernández Lores pediulle maior atención de parte da Xunta cara a cidade do Lérez.  Alberto Núñez Feijóo di que alguns atrasos en proxectos na cidade obedecen a cuestións técnicas.

Santiago bate marcas estes días na afluencia de peregrinos. A véspera do Apóstolo a oficina do peregrino superou o reparto de Compostelas nun só día desde o Xacobeo de 2010. (27/07/15)

Familiares e amigos das  vítimas do accidente de tren en Angrois, hai 2 anos, recordaron en Santiago as 80 vítimas mortais e tamén protestaron contra a instrución do sumario, que concluíu que hai un único responsable do accidente: o maquinista. Eles defenden que hai máis responsables // Entregadas as medallas de ouro de Galicia ao xornalista Enrique Beotas, a título póstumo, ao escritor Xosé Neira Vilas, ao  oftalmólogo Manuel Sánchez Salorio e ao padexeiro David Cal // A empresa galega, de cable e telecomunicacións R, vai manter a súa marca, estrutura e equipos de xestión en Galicia, tras a súa integración coa  vasca Euskaltel. As dúas operadoras acordaron formar unha única compañía, na que os actuais accionistas de R, terán unha participación do 25%. 24/07/15

Familiares e amigos das vítimas do accidente de tren en Angrois, hai 2 anos, recordaron en Santiago as 80 vítimas mortais e tamén protestaron contra a instrución do sumario, que concluíu que hai un único responsable do accidente: o maquinista. Eles defenden que hai máis responsables // Entregadas as medallas de ouro de Galicia ao xornalista Enrique Beotas, a título póstumo, ao escritor Xosé Neira Vilas, o  oftalmólogo Manuel Sánchez Salorio e o padexeiro David Cal // A empresa galega, de cable e telecomunicacións R, vai manter a súa marca, estrutura e equipos de xestión en Galicia, tras a súa integración coa vasca Euskaltel. As dúas operadoras acordaron formar unha única compañía, na que os actuais accionistas de R, terán unha participación do 25%. 24/07/15

Familiares e amigos das vítimas do accidente de tren en Angrois, hai 2 anos, recordaron en Santiago ás 80 vítimas mortais // Entregadas as medallas de ouro de Galicia ao xornalista Enrique Beotas, a título póstumo, ao escritor Xosé Neira Vilas, o  oftalmólogo Manuel Sánchez Salorio e o padexeiro David Cal // A empresa galega, de cable e telecomunicacións R, vai manter a súa marca, estrutura e equipos de xestión en Galicia, tras a súa integración coa  vasca Euskaltel. 24/07/15 

O número de parados baixou en Galicia en 22.400, no segundo trimestre deste ano, o que supón un descenso do 8,43%. Son 3 puntos mais que na media española // A Xunta incrementa en 5 millóns e medio de euros o fondo da Risga, totalizando 55 millóns. E no campo do emprego, autorizou que as axencias de colocación colaboren co servizo de emprego da Xunta, e cobren en función das persoas paradas ás que lles encontren traballo // Na véspera do segundo aniversario do accidente do tren alvia, en Angrois, no que morreron  80 persoas, os familiares das vítimas e dos feridos lembran o sucedido. Rogelio e Gloria son dous madrileños que perderon o seu fillo é a noiva deste; e están en Santiago para recordalos e esixir responsabilidades polo accidente. 23/07/15  

O número de parados baixou en Galicia en 22.400, no segundo trimestre deste ano, o que supón un descenso do 8,43% // A Xunta incrementa en 5 millóns e medio de euros o fondo da Risga, totalizando 55 millóns // Na véspera do segundo aniversario do accidente do tren alvia, os familiares das vítimas e dos feridos lembran o sucedido. 23/07/15

Os ceos estiveron nublados pola mañá,  mais, canto mais ó norte. Pola tarde, estarán despexados.Pero pola noite, van volver de novo as nubes, comezando polo noroeste, e aí poden caer algunhas choivas febles. En canto ás temperaturas, as máximas soben  un pouco. 23/07/15

Tráfico recoñece que nalgunhas zonas de Galicia hai demasiados sinais, o que leva ós condutores a confundirse e a incorrer en excesos de velocidade. Por iso di que vai estudar a posibilidade de reducir o numero deses sinais; e que os que haxa, que sexan máis concretos e coherentes // Dous mil axentes da Garda Civil vixían os montes galegos durante este verán para evitar a actividade dos incendiarios e colaborar na prevención e loita contra os lumes forestais. Entre eles figuran dúas escuadras de cabalería // O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, pide a nulidade do proceso aberto contra el pola xuíza Pilar de Lara. Terá que prestar declaración coma imputado, acusado de prevaricación e outros tres delitos pola súa xestión cando era concelleiro de urbanismo en Lugo. 22/07/15 

O xíz mantén a prisión provisional  para Rosario Porto e Alfonso Basterra, os pais da nena que apareceu morta nas aforas de Santiago. Seguirán, así, no cárcere, a finais de setembro, cando se celebre o xuízo pola morte da pequena, morte da que están acusados // Tráfico recoñece que nalgunhas zonas de Galicia hai demasiados sinais, o que leva ós condutores a confundirse e a incorrer en excesos de velocidade. Por iso di que vai estudar a posibilidade de reducir o numero deses sinais; e que os que haxa, que sexan máis concretos e coherentes // Dous mil axentes da Garda Civil vixían os montes galegos durante este verán para evitar a actividade dos incendiarios e colaborar na prevención e loita contra os lumes forestais. Entre eles figuran dúas escuadras de cabalería. 22/07/15 

Tráfico recoñece que nalgunhas zonas de Galicia hai demasiados sinais, o que leva ós condutores a confundirse e a incorrer en excesos de velocidade // Dous mil axentes da Garda Civil vixían os montes galegos durante este verán para evitar a actividade dos incendiarios e colaborar na prevención e loita contra os lumes forestais // O xuíz mantén a prisión provisional  para Rosario Porto e Alfonso Basterra, os pais da nena que apareceu morta nas aforas de Santiago. 22/07/15 

A raíña dona Leticia abre en Santiago a xuntanza anual de directores do Instituto Cervantes de todo o mundo. Durante 3 días, 70 directores decidirán as liñas de actuación no próximo ano. A raíña valorou que o Cervantes difunda o español, e tamén as outras linguas peninsulares // Rosario Porto e Alfonso Basterra, encarcerados baixo acusación de terlle dado morte á filla Asunta, estiveron nos xulgados de Santiago onde se vía a súa solicitude de liberdade provisional, mentres non se celebra o xuízo, previsto para finais de setembro // Marina Castaño, viúva do premio Nobel Camilo José Cela, prestou declaración como imputada en presuntas irregularidades na xestión da Fundación do premio Nobel, con sede en Padrón. Está acusada de presunta malversación de fondos públicos, fraude con subvencións e apropiación indebida. 21/07/15 

A raíña dona Leticia abre en Santiago a xuntanza anual de directores do Instituto Cervantes de todo o mundo // Rosario Porto e Alfonso Basterra, encarcerados baixo acusación de terlle dado morte á filla Asunta, agardan a decisión sobre a prórroga da súa prisión provisional // Marina Castaño, viúva do premio Nobel Camilo José Cela, prestou declaración como imputada en presuntas irregularidades na xestion da Fundación do premio Nobel, con sede en Padrón. 21/07/15

A auga da billa volve ser apta para o consumo en Ferrol, despois de varios días nos que non se podía usar nin para beber nin para cociñar, por un problema químico na rede de fornecemento // Mais de 200 empresas de todo o mundo preséntanse en Santiago como posibles socios dun proxecto da Xunta para o desenvolvemento de dróns. Entre elas, Airbus e Boing. Destinaranse 55 millóns de euros en 5 anos, aportados por Xunta, e ministerios de economía e de defensa // Galicia terá no ano 2.050, 1 millón de galegos menos que gora. Esa é a grave situación á que nos enfrontaremos dentro de 35 anos se non se toman medidas. 20/07/15