Comeza a semana como rematou a anterior, con tempo máis primaveral que de inverno. O sol e as temperaturas agradables convidaban esta mañá ao paseo na praia viguesa de Samil. 09/03/15
A primavera adiantouse 15 días. As temperaturas van superar os 20 graos e achegaranse os 25. O tempo seguirá así toda a fin de semana. Mañá o ambiente aínda será máis primaveral ca hoxe, e tamén o domingo // As empresas galegas que contraten mulleres que teñan sufrido maltrato recibirán bonificacións na Seguridade Social. Será grazas a un convenio da Xunta coa delegada do goberno para a violencia de xénero e para o que destinarán 300 mil euros este ano // Detido un traballador dos xulgados de Ourense como presunto autor dos roubos de xoias no Pazo de xustiza. A policía conseguiu recuperar parte dos obxectos roubados entre os que están reloxos dun farmacéutico ourensán asasinado hai ano e medio. O arrestado pasará hoxe a disposición xudicial. 06/03/15
Seguen os ceos despexados e as temperaturas altas, para a época do ano. Os ventos, frouxos, de dirección variable. 06/03/15
A primavera adiantouse 15 días. As temperaturas van superar os 20 graos e achegaranse os 25. O tempo seguirá así toda a fin de semana. Mañá o ambiente aínda será máis primaveral ca hoxe, e tamén o domingo // As empresas galegas que contraten mulleres que teñan sufrido maltrato recibirán bonificacións na Seguridade Social. Será grazas a un convenio da Xunta coa delegada do goberno para a violencia de xénero e para o que destinarán 300 mil euros este ano // Detido un traballador dos xulgados de Ourense como presunto autor dos roubos de xoias no Pazo de xustiza. A policía conseguiu recuperar parte dos obxectos roubados entre os que están reloxos dun farmacéutico ourensán asasinado hai ano e medio. O arrestado pasará hoxe a disposición xudicial. 06/03/15
A primavera adiantouse 15 días. As temperaturas van superar os 20 graos e achegaranse os 25 // As empresas galegas que contraten mulleres que teñan sufrido maltrato recibirán bonificacións na Seguridade Social // Detido un traballador dos xulgados de Ourense como presunto autor dos roubos de xoias no Pazo de xustiza. 06/03/15
Día de reconto de danos, de investigación na zona pontevedresa dos Praceres, logo do grave incendio que afectou de noite ás instalacións próximas a unha gasolineira. A Estación de servizo non chegou a verse afectada pero a parte traseira, o taller e almacén, quedou calcinado polas lapas, igual que varios coches e un camión, alí aparcados // A policía detivo, nun poboado de Culleredo, na Coruña, a dous homes e dúas mulleres coma presuntos autores do secuestro de persoas indixentes ás que sometían a malos tratos. Tamén quedaban coas pensións. Os axentes localizaron a seis persoas vítimas desa situación // A xunta convoca a oferta publica de emprego para a administración autonómica e educación; 819 prazas, a maior convocatoria dende o ano 2008. Parte delas serán para reforzar o control da fraude fiscal. Para mestres convócanse 446 prazas. 05/03/15
Día de reconto de danos, de investigación na zona pontevedresa dos Praceres, logo do grave incendio que afectou de noite ás instalacións próximas a unha gasolineira. A Estación de servizo non chegou a verse afectada pero a parte traseira, o taller e almacén, quedou calcinado polas lapas, igual que varios coches e un camión, alí aparcados // A policía detivo, nun poboado de Culleredo, na Coruña, a dous homes e dúas mulleres coma presuntos autores do secuestro de persoas indixentes ás que sometían a malos tratos. Tamén quedaban coas pensións.Os axentes localizaron a seis persoas vítimas desa situación // A xunta convoca a oferta publica de emprego para a administración autonómica e educación; 819 prazas, a maior convocatoria dende o ano 2008. Parte delas serán para reforzar o control da fraude fiscal. Para mestres convócanse 446 prazas. 05/03/15
Día de reconto de danos, de investigación na zona pontevedresa dos Praceres, logo do grave incendio que afectou de noite ás instalacións próximas a unha gasolineira // A policía detivo, nun poboado de Culleredo, na Coruña, a dous homes e dúas mulleres coma presuntos autores do secuestro de persoas indixentes ás que sometían a malos tratos // A xunta convoca a oferta publica de emprego para a administración autonómica e educación. 05/03/15
Seguimos con sol e con temperaturas máximas que comezan a subir de xeito notable nas zonas altas da montaña de Lugo e menos no resto. 05/03/15
Os gandeiros galegos valoran a multa que lles impuxeron á industria transformadora por pactar os prezos que lles pagaba aos produtores polo leite. Once empresas transformadoras e dúas sociedades comerciais terán que abonar unha sanción de 88 millóns de euros por terse posto de acordo para esta practica durante anos // O acordo asinado hoxe entre Xunta e doce concellos da area metropolitana de Vigo permitirá reducir un 50% o prezo das viaxes no transporte público. Beneficiará a medio millón de persoas que se desprazan nos autobuses interurbanos e no transporte marítimo na ría viguesa // O anticiclón xa está aquí traéndonos de volta o sol e vaise seguir afianzando nos próximos días coa chegada de ventos do Sur que farán subir as temperaturas incluso rondando os 25 graos nas horas centrais do día. 04/03/15
Os gandeiros galegos valoran a multa que lles impuxeron á industria transformadora por pactar os prezos que lles pagaba aos produtores polo leite. Once empresas transformadoras e dúas sociedades comerciais terán que abonar unha sanción de 88 millóns de euros por terse posto de acordo para esta practica durante anos // O acordo asinado hoxe entre Xunta e doce concellos da area metropolitana de Vigo permitirá reducir un 50% o prezo das viaxes no transporte público. Beneficiará a medio millón de persoas que se desprazan nos autobuses interurbanos e no transporte marítimo na ría viguesa // A catedral de Santiago ten superavit nas súas contas por primeira vez dende 2010. O ano pasado ingresou case dous millóns de euros, máis da metade foron donativos dos fieis. Os responsables do templo ven como prioritario reforzar a seguridade, pero non contra os roubos, senón ante o risco de atentado terrorista. 04/03/15.
Os gandeiros galegos valoran a multa que lles impuxeron á industria transformadora por pactar os prezos que lles pagaba aos produtores polo leite // O acordo asinado hoxe entre Xunta e doce concellos da area metropolitana de Vigo permitirá reducir un 50% o prezo das viaxes no transporte público // A catedral de Santiago ten superavit nas súas contas por primeira vez dende 2010. 04/03/15
O anticiclón chegou para quedar uns días e déixanos este tempo case primaveral, nas horas centrais do día, aínda que con frío nas noites e mañanciñas. 04/03/15
Galicia ten hoxe 1.453 parados menos que hai un mes. Agora hai rexistrados nas oficinas de emprego 257 mil desempregados. O paro baixou, na nosa comunidade, durante o mes de febreiro, o 0.56%, unha porcentaxe mellor que a da media de España, onde o descenso foi do 0.3 // Os operarios dunha empresa especializada en traballos en altura empezaron a descolgarse dende o alto dos piares da ponte de Rande para inspeccionar o estado dos cabos metálicos que sosteñen a plataforma. Preparan a súa ampliación, que custará máis de 140 millóns de euros // O goberno galego premia aos concellos que comparten servizos. A rede de atención temperá de Ordes, a mancomunidade Terra de Celanova e os 21 concellos do consorcio de Turismo Ribeira Sacra figuran entre os distinguidos cos premios COOPERA entregados hoxe. 03/03/15
Galicia ten hoxe 1.453 parados menos que hai un mes. Agora hai rexistrados nas oficinas de emprego 257 mil desempregados. O paro baixou, na nosa comunidade, durante o mes de febreiro, o 0.56%, unha porcentaxe mellor que a da media de España, onde o descenso foi do 0.3 // Os operarios dunha empresa especializada en traballos en altura empezaron a descolgarse dende o alto dos piares da ponte de Rande para inspeccionar o estado dos cabos metálicos que sosteñen a plataforma. Preparan a súa ampliación, que custará máis de 140 millóns de euros // O goberno galego premia aos concellos que comparten servizos. A rede de atención temperá de Ordes, a mancomunidade Terra de Celanova e os 21 concellos do consorcio de Turismo Ribeira Sacra figuran entre os distinguidos cos premios COOPERA entregados hoxe. 03/03/15
Galicia ten hoxe 1.453 parados menos que hai un mes // Os operarios dunha empresa especializada en traballos en altura empezaron a descolgarse dende o alto dos piares da ponte de Rande // Preparan a súa ampliación, que custará máis de 140 millóns de euros // O goberno galego premia aos concellos que comparten servizos. 03/03/15
A última hora de hoxe empezará a notarse a influencia anticiclónica, con diminución da nebulosidade. 03/03/15
Os empresarios galegos queren que se ensinen nos institutos da comunidade coñecementos sobre iniciativa e xestión económicos // Xa llo propuxeron a consellería de educación para que os rapaces entre 14 e 20 anos reciban nocións sobre emprendemento empresarial // Os radares da DXT que controlan o tráfico distingen entra diferentes tipos de vehículos para aplicarlles a cada un deles o límite de velocidade que lle corresponden, dependendo se se trata dun camión, unha furgoneta, un turismo ou unha moto // O Celta xoga esta tarde contra o Elche en Balaídos buscando encadear tres vitorias seguidas e aumentar a súa xa considerable distancia dos postos de descenso. 02/03/15
Os radares da DXT que controlan o tráfico, e tamén serven para poñer sanciòns, son, dende hoxe, máis intelixentes. Distingen entra diferentes tipos de vehículos para aplicarlles a cada un deles o límite de velocidade que lle corresponden, dependendo se se trata dun camión, unha furgoneta, un turismo ou unha moto // A policía nacional está a investigar a desaparición de probas custodiadas nas caixas fortes da Audiencia Provincial de Ourense e dun xulgado de instrución. Entre o roubado están seis dos sete reloxos de ouro dun farmacéutico asasinado hai case un ano e medio e queran a proba fundamental do crime. AS xoias están valoradas en 50000 euros // O Celta xoga esta tarde contra o Elche en Balaídos buscando encadear tres vitorias seguidas e aumentar a súa xa considerable distancia dos postos de descenso. Mentres o Deportivo volverá esta tarde adestrar despois de encadear fronte o Almería a súa terceira xornada consecutiva sen marcar. 02/03/15
Os radares da DXT que controlan o tráfico distingen entra diferentes tipos de vehículos para aplicarlles a cada un deles o límite de velocidade que lle corresponden // A policía nacional está a investigar a desaparición de probas custodiadas nas caixas fortes da Audiencia Provincial de Ourense e dun xulgado de instrución // O Celta xoga esta tarde contra o Elche en Balaídos buscando encadear tres vitorias seguidas. Mentres o Deportivo volverá esta tarde adestrar. 02/03/15