A primavera adiantouse 15 días. As temperaturas van superar os 20 graos e achegaranse os 25. O tempo seguirá así toda a fin de semana. Mañá o ambiente aínda será máis primaveral ca hoxe, e tamén o domingo // As empresas galegas que contraten mulleres que teñan sufrido maltrato recibirán bonificacións na Seguridade Social. Será grazas a un convenio da Xunta coa delegada do goberno para a violencia de xénero e para o que destinarán 300 mil euros este ano // Detido un traballador dos xulgados de Ourense como presunto autor dos roubos de xoias no Pazo de xustiza. A policía conseguiu recuperar parte dos obxectos roubados entre os que están reloxos dun farmacéutico ourensán asasinado hai ano e medio. O arrestado pasará hoxe a disposición xudicial. 06/03/15
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano