O buque ¿Adelaide¿, o último construído nas instalacións de Navantia en Ferrol, agarda en Vigo o seu embarque para o traslado a Australia // O prezo do leite en orixe sitúase en Galicia, por primeira vez, por riba do prezo medio no resto de España. Desde outubro os gandeiros galegos cobran 38 céntimos e medio por cada litro que producen // Xuízo na Coruña ao expolicía acusado de ter asasinato á súa parella. O cadáver da muller aparecera nunnha praia de Carnota. O informe fiscal mantén que a asasinou para quedar cos seus béns, logo de roubarlle 15 mil euros na casa que compartían. 05/12/13
O buque ¿Adelaide¿, o último construído nas instalacións de Navantia en Ferrol, agarda en Vigo o seu embarque para o traslado a Australia // O prezo do leite en orixe sitúase en Galicia, por primeira vez, por riba do prezo medio no resto de España // Xuízo na Coruña ao expolicía acusado de ter asasinato á súa parella. 05/12/13
Seguimos con tempo seco e soleado. As temperaturas, agora nas horas centrais do día, son máis agradables. Sobre todo no sur. Na cidade de Pontevedra as máximas rondan os 17 graos. 05/12/13
A Audiencia Provincial dA Coruña rexeita o recurso presentado polo pai da nena Asunta Basterra solicitando a súa saída do cárcere de Teixeiro // Galicia é a comunidade que más habitantes perdeu no primeiro semestre deste ano, periodo no que faceleron máis de 16.000 persoas e só naceron aquí unhas 10.000 // O presidente da Xunta viaxa hoxe cara Cuba, nunha visita de 4 dias, nos que se vai reunir coa colectividade galega. Busca tamen reforzar as relacions co goberno cubano e acordos comerciais, para o que vai acompañado dun grupo de empresarios. 04/12/13
Galicia segue perdendo poboación. Foi a comunidade autónoma que más habitantes perdeu durante o primeiro semestre deste ano pola diferencia entre nacementos e defuncións. Neses seis meses faceleron máis de 16.000 persoas e só naceron aquí unhas 10.000 // O presidente da Xunta viaxa hoxe cara Cuba, nunha visita de 4 dias, nos que se vai reunir coa colectividade galega alí. Busca tamen reforzar as relacions co goberno cubano e acordos comerciais // A Audiencia Provincial de A Coruña decide hoxe sobre o recurso presentado polo pai da nena Asunta Basterra solicitando a súa saída do cárcere de Teixeiro // Tamén outro no que pide que o xuízo se celebre con tribunal profesional e non con xurado popular. 04/12/13
Galicia segue perdendo poboación. Foi a comunidade autónoma que más habitantes perdeu durante o primeiro semestre deste ano // O presidente da Xunta viaxa hoxe cara Cuba, nunha visita de 4 dias, nos que se vai reunir coa colectividade galega alí // A Audiencia Provincial de A Coruña decide hoxe sobre o recurso presentado polo pai da nena Asunta Basterra solicitando a súa saída do cárcere de Teixeiro. 04/12/13
Un manto branco de xeada cubría esta mañá boa parte de Galicia. Xeadas que non só se rexistraron nas provincias do interior, tamén Santiago pasaba a noite baixo cero. 04/12/13
Os servizos públicos de emprego rexistraron en novembro 2.600 desempregados máis en Galicia. No conxunto do estado houbo unha lixeira recuperación do mercado laboral // Os conductores de tren non poderán usar o móbil, salvo en caso de emerxencia. É unha das medidas que vai por en marcha o ministerio de Fomento para aumentar a seguridade despois do accidente de Angrois // A Policía detivo na Coruña a seis persoas por reter a mozas nun local do polígono da Grela onde as obrigaba a prostituirse. Son 5 españois e un uruguaio. A propietaria do local di que a denuncia é falsa e producto dunha vinganza. 03/12/13
Máis mobilizacións dos traballadores de Navantia, hoxe, en Ferrol. En asemblea diante do Concello, esta mañá coñeceron o plan da dirección para o estaleiro público. Non prevé peche de centros nin reducción de plantilla // Os servizos públicos de emprego rexistraron en novembro 2.600 desempregados máis en Galicia. No conxunto do estado houbo unha lixeira recuperación do mercado laboral. Con respecto a hai un ano, os datos son positivos tanto aquí como no global de España // Os conductores de tren non poderán usar o móbil, salvo en caso de emerxencia. É unha das medidas que vai por en marcha o ministerio de Fomento para aumentar a seguridade despois do accidente de Angrois. O maquinista do tren que descarrilou en Santiago ía falando por teléfono uns segundos antes de ocorrer o accidente. 03/12/13
Máis mobilizacións dos traballadores de Navantia, hoxe, en Ferrol. En asemblea diante do Concello, esta mañá coñeceron o plan da dirección para o estaleiro público // Os servizos públicos de emprego rexistraron en novembro 2.600 desempregados máis en Galicia // Os conductores de tren non poderán usar o móbil, salvo en caso de emerxencia. 03/12/13
Despois dunha noite fría as temperaturas soben tímidamente. En Ourense apenas sumaban dous graos positivos ás once e media da mañá. Hoxe volveu xear sobre todo nas provincias do interior. A noite más fría tiverona en Verín, con oito graos baixo cero. 03/12/13
Decepción nos sindicatos de Navantia polas explicacións dadas pola empresa ao non confirmarlles carga de traballo.Tamén lles di que non haberá despedimentos // Xa é posible solicitar unha consulta telefónica co médico de familia, en calquera centro de saúde de Galicia. O paciente pode elixir entre ser atendido de forma presencial ou por teléfono // Mañá será soterrado o ex xeneral Alfonso Armada, condenado no seu día por participar no golpe de Estado do 23F. Pasaba tempadas no seu pazo de Vedra. 02/12/13
A dirección de Navantia explícalles aos sindicatos o plan da empresa pública para os próximos 4 anos, do que os traballadores temen recortes. En Ferrol un grupo deles pechouse no Concello como medida de presión // A Xunta vaille enviar ao Parlamento un plan director de industria baseado na inclusión das factorías galegas nas cadeas de valor internacionais e co que pretende aproveitar os proxectos de desenvolvemento que vai por en marcha a Unión Europea // Desde hoxe é posible solicitar unha consulta telefónica co noso médico de familia, en calquera centro de saúde de Galicia // Morre o exxeneral Alfonso Armada, condenado no seu día por participar no golpe de Estado do 23F, en 1981. Tiña 93 anos e estaba ingresado en Madrid. Nos últimos anos, pasaba tempadas no seu pazo de Vedra, dedicado ao cultivo de camelias // O Celta alónxase do descenso coa vitoria fronte ao Almería. No derbi galego de Segunda, entre o Deportivo e o Lugo, reparto de puntos en Riazor. 02/12/13
A dirección de Navantia explícalles aos sindicatos o plan da empresa pública para os próximos catro anos, do que os traballadores temen recortes. En Ferrol un grupo deles pechouse no Concello como medida de presión // A Xunta enviará ao Parlamento un plan director de industria baseado na inclusión das factorías galegas nas cadeas de valor internacionais, para aproveitar os proxectos de desenvolvemento que vai por en marcha a Unión Europea // Xa é posible pedir consulta telefónica co médico de familia, en calquera centro de saúde de Galicia. O paciente pode elixir entre ser atendido de forma presencial ou por teléfono // Morre o exxeneral Alfonso Armada, condenado no seu día por participar no golpe de Estado do 23F. Pasaba tempadas no seu pazo de Vedra, dedicado ao cultivo de camelias // O Celta alónxase do descenso coa vitoria fronte ao Almería. En Segunda, reparto de puntos entre Deportivo e Lugo. 02/12/13
A suba con canon do lixo aplicarase a partir de xullo // Os pais de alumnos galegos poderán controlar cualificacións, faltas de asistencia e de conduta por teléfono móbil // Deportivo e Lugo enfrontaranse mañá en Riazor, nun derbi inédito desde a tempada 74-75. 29/11/13
O xuíz Vázquez Taín estuda a data para unha reconstrución dos feitos que desencadearon a morte de Asunta Basterra.Tamén chamará a testificar ao home ao que se lle atribúe a mancha de seme que apareceu na camiseta de Asunta // "Canceliñas" volve ao cárcere logo de ser detido en Redondeda. Durante un permiso carcerario estivo presuntamente implicado nun tiroteo no Porriño, o atraco a varias gasolineiras no Baixo Miño e o secuestro dun médico en Portugal // Xunta e concellos acordan aprazar ao mes de xullo a suba do canón de tratamento do lixo na planta de Sogama. Será unha suba do 34%, non aplicable a partir de xaneiro como prevía a Xunta // A partir do luns os médicos galegos comezarán a pasar consulta tamén por teléfono. Hai que chamar ao centro de saúde e deixar un número de contacto. O médico de cabeceira devolverá a chamada // Debi galego mañá en Segunda. Deportivo e Lugo medirán as súas forzas en Riazor A última vez que o fixeron en Terceira División, na tempada 74-75. 29/11/13
Xunta e concellos acordan aprazar a xullo a suba do canón de tratamento do lixo na planta de Sogama.Será unha suba do 34%, non para aplicala o 1 de xaneiro como a Xunta previa // Os pais de alumnos galegos poderán controlar cualificacións, faltas de asistencia e de conduta dos seus fillos por teléfono móbil. Será coa aplicación Abalar Móbil, dispoñible gratuitamente // Mañá o fútbol galego vivirá un derbi inédito en Segunda. Deportivo e Lugo enfrontaranse en Riazor, despois de telo feito en Terceira División, na tempada 74-75. 29/11/13
Segue o frío, sobre todo no interior. Ourense cidade tiña ao mediodía 3 graos. 29/11/13
Detido en Redondela o Canceliñas, que estaba sendo buscado desde que o día sete secuestrou a un médico portugués, que finalmente foi liberado // A denuncia dunha muller de orixe nixeriana en Vigo permite liberar a dous nenos que usaban como reféns para prostituir ás súas nais // Barreras vai recibir a visita dunha delegación de Pemex, para tratar sobre a construcción en Vigo de barcos para petroleira mexicana. 28/11/13