O presidente da Xunta asegura que a tramitación de Altri decae ao non ser posible tramitalo como plan estratéxico ante a falta da conexión eléctrica, e a empresa non recibirá ningunha compensación por este arquivo | Entre os estragos das intensas chuvias dos últimos meses están os que atopámos na rede viaria, plagada de fochancas. O concello de Santiago iniciou hoxe un plan para reparar os danos causados polo mal tempo nas vías municipais | Logo de máis de trinta anos aberto ao público, o Pazo da Saleta, no concello pontevedrés de Meis despídese esta semana das visitas guiadas | Ofrenda floral no panteón de galegos ilustres en San Domingos de Bonaval, co gallo do día do aniversario de Rosalía de Castro. A escritora naceu, tal día coma hoxe, hai 189 anos. 21-02-2026
Seguimos con sol pero con algunhas nubes de tipo alto porque o anticiclón se vai retirando cara o leste. Xornada de tempo seco e de temperaturas máximas que soben con valores altos para a época. Roldarán aos 20 graos. 21-02-2026
Rueda asegura que a tramitación do proxecto de Altri decae ante a falta da conexión eléctrica e que a empresa non recibirá ningunha compensación | O concello de Santiago inicia un plan para reparar os danos causados polo mal tempo nas vías municipais | Logo de máis de trinta anos aberto ao público, o Pazo da Saleta, no concello pontevedrés de Meis despídese esta semana das visitas guiadas | O Celta chega ao tramo final da temporada en postos europeos, ao vencer en Balaídos ao Mallorca, con dous goles de Iago Aspas | Actos que en toda Galicia adicados a difundir a vixencia literaria de Rosalía de Castro. 21-02-2026
Música e lectura de poemas a cargo de escolares para celebrar o Día de Rosalía. Unha homenaxe no lugar de Santiago onde estaba situada a casa na que naceu a escritora hai 189 anos. Un dos actos que en toda Galicia son adicados nesta data a difundir a vixencia literaria de Rosalía de Castro | Tralo anuncio da Xunta de arquivar o proxecto de Altri en Palas de Rei. A Plataforma que agrupa ás organizacións contrarias da macroplanta, piden ir máis alá e que lle deneguen todos os permisos pendentes | Recentemente gañou o seu terceiro sol repsol, un galardón que suma a estrela michelín obtida en 2017. Deste xeito, Lucía Freitas acada a excelencia gastronómica co seu restaurante santiagués, a Tafona. Neste telexornal coñeceremos as claves do seu éxito | O Celta chega ao tramo final da temporada en postos europeos. Mantén o seu bo momento de forma en Balaídos cun Iago Aspas que, con dous goles anotados, conseguiu sumar de tres contra o Mallorca. 21-02-2026
A sociedade Greenfiber, participada pola multinacional Altri, asegura que segue adiante co seu proxecto de Palas de Rei e que estuda distintas opcións de conexión á rede eléctrica, independentemente da planificación | A Xunta de que comeza os trámites para arquivar o polémico proxecto de macrocelulosa | A ocupación dos encoros de Galicia é dezaoito puntos superior á media da última década trala chuvia das últimas semanas. É a comunidade cos encoros máis cheos, algúns por riba do 98 por cento da capacidade | A folga de médicos remata, cun seguemento masivo, segundo os convocantes. O sergas di que xa son unhas 35.000 as consultas e outros actos médicos suspendidos a causa do conflito | | Hoxe celebrouse a recuperación de dúas estatuas roubadas no mosteiro de Carboeiro, en Silleda. Trátase de San Lucas e San Xoán. Agora estarán expostas ao público no Museo das Peregrinacións de Santiago. 20-02-2026
Recuperamos a influencia anticiclónica, nunha fin de semana de tempo seco, con moitos momentos de sol. As máximas soben e teremos valores primaverais en moitos puntos, sobre todo o sábado e o domingo. Hoxe, tarde de ceos abertos e temperaturas en ascenso. 20-02-2026
A multinacional Altri, asegura que segue adiante co seu proxecto de Palas de Rei, tralo anuncio da Xunta de que o arquiva | A folga de médicos remata, cun seguemento masivo, segundo os convocantes. O sergas di que xa son unhas 35.000 as consultas e outros actos médicos suspendidos | A ocupación dos encoros de Galicia é dezaoito puntos superior á media da última década | Un Celta moi superior, con Iago Aspas de novo como estandarte, colle vantaxe fronte ao Páok na Europa League | Dúas estatuas roubadas no mosteiro de Carboeiro, quedan expostas no Museo das Peregrinacións de Santiago. 20-02-2026
A Xunta anuncia o arquivo do proxecto de Altri en Palas de Rei. A conselleira de Industria confirma a decisión pola imposibilidade de conectar coa rede eléctrica, ante a denegación por parte do goberno central da conexión solicitada pola multinacional portuguesa | A folga de médicos remata, cun seguemento do 86 por cento nos hospitais e do 23 por cento nos centros de saúde, segundo os convocantes. O sergas di que xa son unhas 30.000 as consultas e outros actos médicos suspendidos a causa do conflito | Un Celta moi superior, con Iago Aspas de novo como estandarte, colle vantaxe fronte ao Páok na Europa League, por 1 a 2. Un encontro con polémica e no que os gregos perderon por primeira vez na casa no último ano | San Lucas e San Xoán están de volta en Galicia. Son dúas esculturas que pertencían ao mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro, en Pontevedra. Tras unha estadía en Barcelona, regresan cedidas e estarán expostas no Museo das Peregrinacións. 20-02-2026
Catro persoas feridas, duas delas graves, no incendio dunha vivenda no barrio de Recemil, en Ferrol. Os afectados son un bombeiro, unha muller de 24 anos, o seu fillo de tres e un veciño que estaba no piso | O Tribunal Supremo decide HOXE sobre a propiedade do Pazo de Meirás. Se pertence ao Estado, tal como ditaminaron as sentenzas do xulgado de primeira instancia e da Audiencia da Coruña ou á familia Franco| Os médicos protagonizan unha nova xornada de folga, a cuarta nesta semana. E volveron concentrarse diante de centros de saúde e hospitais para esixir ao Ministerio un estatuto propio. A Consellería de Sanidade di que se cancelaron xa máis de 25.000 procedementos | O Cebreiro volveu amencer tinguido de branco. A consecución das borrascas que levamos dende finais do ano pasado deixaron moita neve nas montañas lucenses. Iso si, esta última nevarada foi menos intensa e non afectou á circulación por estrada. 19-02-2026
Xornada de transición coas altas presións aproximándose a Galicia. Os chuvascos cos que comezou o día na metade norte van ir remitindo. As temperaturas baixan nun día no que volveu nevar na montaña de Lugo. No mar segue todo o litoral en alerta laranxa por ondas que poden chegar aos 7 metros. 19-02-2026
Catro persoas feridas nun incendio nunha vivenda en Ferrol. Entre elas un neno e un bombeiro, que teñen lesións graves. Arestora varias familias están aínda desaloxadas | Espectación polo pronunciamento do Tribunal Supremo sobre a propiedade do Pazo de Meirás| As confrarías avalían os datos nos bancos marisqueiros polo exceso de auga doce debido á sucesión de temporais das últimas semanas | Cuarta xornada da folga de médicos. A Consellería de Sanidade di que se cancelaron xa máis de 25.000 procedementos | Cita europea do Celta, esta tarde, co Paok de Salónica. 19-02-2026
Catro persoas feridas, duas delas graves, no incendio dunha vivenda no barrio de Recemil, en Ferrol. Os afectados son un bombeiro, unha muller de 24 anos, o seu fillo de tres e un veciño que estaba no piso. Foron trasladados ao Hospital. As sospeitas apuntan a que o lume puido orixinarse nunha estufa no interior da vivenda | Espectación polo pronunciamento do Tribunal Supremo sobre a propiedade do Pazo de Meirás. As asociacións pola memoria histórica reclaman unha sentenza exemplar | As confrarías avalían os datos nos bancos marisqueiros polo exceso de auga doce debido á sucesión de temporais das últimas semanas, que lles impediron sair faenar. A consellería do mar estuda decretar solicitar, como en 2023 a declaracion de zona de emerxencia de protección civil | Cita europea do Celta, esta tarde, co Paok de Salónica, o equipo heleno, que leva un ano sen perder na casa. O partido de volta, en Balaídos, a semana que vén, declarado de alto risco. 19-02-2026
O río Miño, ao seu paso pola cidade de Ourense en nivel laranxa de risco de desbordamento ao superar o cauce habitual. O Miño preocupa tamén ao seu paso por A Peroxa, na desembocadura do río Avia en Ribadavia e en Salvaterra | A Xunta súmase a outras cinco comunidades en contra da prohibición da pesca da anguía, prantexada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica. Os informes científicos din que a poboación desta especie está a diminuír significativamente en toda Europa pola sobrepesca das crías | Estamos no Martes de Entroido, festivo en moitas localidades galegas. É o caso de Cobres, en Vilaboa, onde esta tarde se celebrará a tradicional Corrida do Galo, Madamas e Galáns volven danzar alí cos seus chamativos traxes de cores, nunha festa que perdura xeración tras xeración | Estes días é imposible saír á rúa e non cruzarse con toda clase de disfraces. Dende vaqueiros, superheroes e estrelas do pop, moitos destes traxes véndeos unha empresa galega que disfraza a media Europa. 17-02-2026
O vento húmido do suroeste segue a deixar ceos nubrados sobre todo na franxa atlántica onde son máis probables chuvias febles e intermitentes e con máis claros en puntos do interior de Lugo e Ourense. As temperaturas mínimas baixan e as máximas sen cambios significativos. Oscilarán entre os 14 graos en Lugo e os 18 en Ourense. 17-02-2026
Día grande do Entroido, con celebracións tan emblemáticas como a danza das Madamas e Galáns, en Cobres| O río Miño, ao seu paso pola cidade de Ourensen en nivel laranxa de risco de desbordamento | Rexeitada a proposta do Ministerio para a transicion ecolóxica de prohibir a pesca da anguía, á que quería declarar en perigo de extinción, ante a diminucion de poboacion desta especie | O arquivo histórico da diócese de Santiago, con documentos de máis de mil parroquias, desbordado por miles de peticións de fillos e netos de exiliados que buscan certificar a súa orixe galega. 17-02-2026
Día grande do Entroido, con celebracións tan emblemáticas como a danza das Madamas e Galáns, en Cobres. Unha xornada festiva que inclúe tradicións recuperadas nos últimos anos como a das bonitas de Sande, en Cartelle. Os peliqueiros dominan as rúas en Laza, no triángulo máxico ourensán, esta tarde, desfile en Xinzo de Limia, e tamén en moitas localidades | Segue activo o plan Inungal con algúns ríos en risco de desbordamento, cun caudal moi superior ao habitual. Entre eles o Mandeo e o Belelle na comarca de Ferrolterra. O Goberno aproba axudas por máis de 7.000 millóns de euros para os que tiveran que ser desaloxados a consecuencia das últimas borrascas | A Xunta súmase a outras cinco comunidades en contra da prohibición da pesca da anguía, prantexada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica | O arquivo histórico da diócese de Santiago, con documentos de máis de mil parroquias, desbordado por miles de peticións de fillos e netos de exiliados que buscan certificar a súa orixe galega para conseguir a nacionalidade, a partir da lei de memoria democrática. 17-02-2026