Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O paro reduciuse en 1.500 persoas en Galicia no mes de febreiro, unha caída do 0,9%, case catro veces máis que a media do conxunto de España // O 900 400 116 é o novo teléfono habilitado pola Xunta para información xeral sobre o coronavirus // Minia Manteiga é a única catedrática de astrofísica de Galicia e mañá converterase na cuarta muller que ingresa na Real Academia Galega das Ciencias (03/03/20)

Cambiamos a masa de aire frío por outra de aire cálido e húmido que fai subir as temperaturas e trae máis chuvia. Os chuvascos serán xeralizados e localmente fortes no oeste. Na metade norte seguirá a soprar o vento con refachos fortes. No mar continúa a alerta por ondas, que poden acadar aos 6 metros, sobre todo no litoral da Coruña e Lugo. (03/03/20)

O paro reduciuse en 1.500 persoas en Galicia no mes de febreiro, unha caída do 0,9%, case catro veces máis que a media do conxunto de España // O 900 400 116 é o novo teléfono habilitado pola Xunta para información xeral sobre o coronavirus // Nace a plataforma pola regulación de vivendas de uso turístico en Galicia // Os xuíces poderán anular o IRPH das hipotecas duns trinta mil galegos se o ven abusivo // Enxeñeiros informáticos recoñecen o legado de Ángela Ruiz Robles, considerada precursora do libro electrónico // Minia Manteiga é a única catedrática de astrofísica de Galicia e mañá converterase na cuarta muller que ingresa na Real Academia Galega das Ciencias. (03/03/20)

Galicia, entre as catro comunidades sen ningún caso de infección por coronavirus, investirá 1,7 millóns de euros en equipamento para facer fronte ao andazo // Hoxe remata o prazo de presentación das candidaturas ante a xunta electoral para as autonómicas do 5 de abril // Aprazado por segunda vez o xuízo contra Marino Jiménez, membro do clan dos Moróns, e outros seis acusados por tráfico de drogas, entre eles un exgarda civil // A Xunta prepra un plan para facer máis accesible o Camiño de cara ao Xacobeo 2021 // Pouco fútbol e marcador sen goles no derbi galego de segunda // O historiador Miguel Anxo Seixas presenta hoxe na Real Academia Galega o primeiro volume da súa biografía de Castelao. (02/03/2020/)

A semana comeza marcada pola inestabilidade atmosférica e con ceos parcialmente cubertos con chuvascos que mesmo poden vir acompañados de saraiba. Día ventoso con alerta no litoral e zonas altas. Tamén avisos na montaña porque volve a neve e no mar, a alerta é por ondas que poden chegar aos 6 metros. (02/03/2020)

Pablo Casado y Mariano Rajoy han acompañado a Alberto Nuñez-Feijóo en un acto en Ourense para celebrar sus 11 años como presidente de Galicia. Opta en abril a lograr su cuarta mayoría absoluta, tras rechazar una coalición con Ciudadanos.