Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

As nubes cubren boa parte de Galicia nun día sen moitos cambios nas temperaturas. Poden caer algúns chubascos por treboadas en Ourense e na montaña de Lugo. 24/08/16

Seguimos en alerta por calor no interior de Galicia, no sur de Lugo e Ourense onde poden de novo superar os 36 graos de máxima. Marcas que xa rebasaron na pasada tarde, no interior ourensán con temperaturas por riba dos 40 graos. En Leiro, a máxima acadou a pasada xornada os 41.4 graos // Segue a contestación interna no Partido Socialista de Pontevedra e Ourense, logo de que a dirección galega presentase ante as xuntas electorais as candidaturas con cambios respecto ás que saíran das agrupacións locais. O candidato, fernández Leiceaga confía en que a formación manteña a unidade // Na Pobra do Caramiñal buscan a unha moza de 18 anos que está desaparecida dende o pasado domingo. É unha xoven modelo de Madrid que veranea nesta localidade coruñesa, morena e moi alta, mide metro setenta e cinco. 23/08/16

Seguimos en alerta por calor no interior de Galicia, no sur de Lugo e Ourense onde poden de novo superar os 36 graos de máxima // Segue a contestación interna no Partido Socialista de Pontevedra e Ourense, logo de que a dirección galega presentase ante as xuntas electorais as candidaturas con cambios respecto ás que saíran das agrupacións locais // Na Pobra do Caramiñal buscan a unha moza de 18 anos que está desaparecida dende o pasado domingo. 23/08/16

A semana empeza con moita calor. Os termómetros superan os 35 graos, na metade sur, e mesmo hai zonas onde se decretou a alerta amarela por esas altas temperaturas que, na provincia de Pontevedra andan entre os 36 e os 39 graos e, na de Ourense rozan os 37 // O Presidente da Xunta e candidato á reelección polo Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo defendeu, no acto de presentaciòn pública das listas electorais da formación a súa oferta de estabilidade fronte aos que, dixo, só ofrecen botalo a el do executivo // A dirección provincial do PSOE en Pontevedra e Ourense recorren á dirección federal do partido ás listas electorais destas provincias na que finalmente se incluiron os cambios defendidos pola xestora e o candidato á presidencia da Xunta, Fernández Leiceaga. 22/08/16

A semana empeza con moita calor. Os termómetros superan os 35 graos, na metade sur // O Presidente da Xunta e candidato á reelección polo Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo defendeu a estabilidade fronte aos que, dixo, só ofrecen botalo a el do executivo // A dirección provincial do PSOE en Pontevedra e Ourense recorren á dirección federal do partido ás listas electorais. 22/08/16

Unha masa de aire quente do sur fará que durante o día se active a alerta amarela no interior, por temperaturas que poden oscilar entre os 34ºc na provincia da Coruña e os 37 no sur de Lugo e Ourense. 22/08/16

As listas electorais do Partido Popular inclúen a todos os conselleiros en postos que, a priori, teñen garantida a elección coma membros da futura cámara autonómica. Unhas listas que foron aprobadas hoxe polo Comité Electoral e nas que tamén figura en postos altos o secretario xeral, Miguel Tellado, o portavoz parlamentario, Pedro Puy, e as senadoras Paula Prado e Sandra Vázquez // O candidado socialista Fernández Leiceaga, calificou de renovadoras as listas electorais da súa formación, aprobadas pola Dirección Federal e que inclúen en postos altos a aspirantes coma a exportavoz parlamentaria, Patricia Vilán e o membro do sector crítico en Vigo, Gonzalo Caballero, que non figuraban nas listas enviadas dende a provincia pero considerados da confianza do candidato e da xestora galega // Nas próximas horas darase a coñecer o resultado das primarias realizadas por Podemos e En Marea para elexir aos membros da listas electorais desta coalición. 18/08/16

As listas electorais do Partido Popular inclúen a todos os conselleiros en postos que, a priori, teñen garantida a elección coma membros da futura cámara autonómica // O candidado socialista Fernández Leiceaga, calificou de renovadoras as listas electorais da súa formación // Nas próximas horas darase a coñecer o resultado das primarias realizadas por Podemos e En Marea para elexir aos membros da listas electorais desta coalición. 18/08/16