Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Seguen os traballos de limpeza para arranxar os danos que as riadas provocaron en varias localidades coruñesas. En Sada un cento de veciños continúan desaloxados das súas vivendas. A maioría están agora desprazados en casas de familiares // O Presidente da Xunta destaca o feito de que Galicia sexa unha das tres únicas comunidades que cumpliron co obxectivo de déficit público. Sinalou tamén que ese control o levou a cabo o goberno galego sen diminuir o investimento por habitante nin aplicar máis recortes que outras administracións // Ainda quedan entradas para o derbi galego entre Celta e DEportivo que se vai disputar mañá a partires das dez da noite en Balaídos. No Celta poderán contar con Iago Aspas despois de recibir a alta e no Deportivo segue a ser dubida Sidnei no centro da zaga e Borges en ataque. 01/04/16

Seguen os traballos de limpeza para arranxar os danos que as riadas provocaron en varias localidades coruñesas. En Sada un cento de veciños continúan desaloxados das súas vivendas. A maioría están agora desprazados en casas de familiares // O Presidente da Xunta destaca o feito de que Galicia sexa unha das tres únicas comunidades que cumpliron co obxectivo de déficit público. Sinalou tamén que ese control o levou a cabo o goberno galego sen diminuir o investimento por habitante nin aplicar máis recortes que outras administracións // Ainda quedan entradas para o derbi galego entre Celta e Deportivo que se vai disputar mañá a partires das dez da noite en Balaídos. No Celta poderán contar con Iago Aspas despois de recibir a alta e no Deportivo segue a ser dubida Sidnei no centro da zaga e Borges en ataque. 01/04/16

Seguen os traballos de limpeza para arranxar os danos que as riadas provocaron en varias localidades coruñesas // O Presidente da Xunta destaca o feito de que Galicia sexa unha das tres únicas comunidades que cumpliron co obxectivo de déficit público // Ainda quedan entradas para o derbi galego entre Celta e Deportivo que se vai disputar mañá a partires das dez da noite en Balaídos. 01/04/16

Os veciños de Sada, sobre todo os directamente afectados pola enchente que onte asulagou varias rúas, tratan de voltar á normalidade. Hoxe é día de avaliación de danos e de tratar de recuperar o que se poida nos locais e vivendas anegadas. O Concello vai pedir, esta tarde, nun pleno, a declaraciòn de zona catástrófica // Os labores de recuperación repítense noutros municipios da comarca tamén afectados polas enchentes coma Bergondo, Cambre ou Oleiros. E, sobre todo en Carballo. Alí hoxe equipos municipais e veciños limpan os baixos e garaxes anegados // A xunta aproba o proxecto da nova estacion intermodal da coruña, cun custe de entre 17 e 18 millons de euros. Estará ao caron da actual do ferrocarril. O consello tamen aprobou a nova convocatoria de axudas a mulleres vitimas da violencia de xenero, de 2 millons de euros, cun incremento do 16% respecto deste ano. 31/03/16

Os veciños de Sada, sobre todo os directamente afectados pola enchente que onte asulagou varias rúas, tratan de voltar á normalidade. Hoxe é día de avaliación de danos e de tratar de recuperar o que se poida nos locais e vivendas anegadas. O Concello vai pedir, esta tarde, nun pleno, a declaraciòn de zona catástrófica // Os labores de recuperación repítense noutros municipios da comarca tamén afectados polas enchentes coma Bergondo, Cambre ou Oleiros. E, sobre todo en Carballo. Alí hoxe equipos municipais e veciños limpan os baixos e garaxes anegados // A xunta aproba o proxecto da nova estacion intermodal da coruña, cun custe de entre 17 e 18 millons de euros. Estará ao caron da actual do ferrocarril. O consello tamen aprobou a nova convocatoria de axudas a mulleres vitimas da violencia de xenero, de 2 millons de euros, cun incremento do 16% respecto deste ano. 31/03/16

Os veciños de Sada tratan de voltar á normalidade // Os labores de recuperación repítense noutros municipios da comarca tamén afectados polas enchentes coma Bergondo, Cambre ou Oleiros. E, sobre todo en Carballo // A xunta aproba o proxecto da nova estacion intermodal da coruña, cun custe de entre 17 e 18 millons de euros. 31/03/16

O frío das primeiras horas foi remitindo co avance do día, nunha xornada de ceos anubrados e chubascos que van ir desaparecendo de oeste a leste . As temperaturas máximas oscilarán hoxe entre os 11 graos de Lugo e os 15 de Pontevedra. 31/03/16

Galicia ha sido siempre tierra de emigrantes. Muchos gallegos hicieron las américas. Tantos, que en muchos rincones no nos conocen como los españoles, sino como los gallegos. Muchísimos hicieron fortuna y volvieron a sus lugares de origen. Se hicieron grandes casas y compraron grandes fincas. Algunos decidieron compartirla con sus vecinos. Este fue el caso de los hermanos García Naveira de BetanzosElena Carro Vieiter, técnico de Turismo del ayuntamiento, nos cuenta la historia de Jesús y Juan,  que construyeron el Pasatiempo, el considerado primer parque temático de Europa (30/03/16).

As intensas choivas das últimas horas na provincia da Coruña provocaron un regueiro de incidencias. En Sada algúns veciños tiveron que ser evacuados das súas casas en lanchas neumaticas pola garda civil. Cortes de estradas e locais anegados tamén noutras localidades como Cambre, Culleredo e Carballo // A autopsia confirmou que o corpo atopado no Río Sar, ao seu paso por Santiago é o do mozo ferrolán Brais Bogo ao que a súa familia e amigos levaban buscando dende que desaparecera, o pasado día 18 // Tres dos vinte radares que máis multan de España están en estradas galegas. Dous deles na autovía entre Vigo e o Porriño. Entre os dous superan as 70 mil infraccións no último ano. 30/03/16

As intensas choivas das últimas horas na provincia da Coruña provocaron un regueiro de incidencias. En Sada algúns veciños tiveron que ser evacuados das súas casas en lanchas neumaticas pola garda civil. Cortes de estradas e locais anegados tamén noutras localidades como Cambre, Culleredo e Carballo // Os forenses están hoxe investigando se o cadáver atopado onte á tarde no río Sar, en Santiago, é o do mozo de Ferrol, Brais Bogo, desaparecido desde antes da Semana Santa. De momento non puido ser identificado, pero hai indicios de que poida ser el, e a policía xa avisou á súa familia // Tres dos vinte radares que máis multan de España están en estradas galegas. Dous deles na autovía entre Vigo e o Porriño. Entre os dous superan as 70 mil infraccións no último ano. 30/03/16

As intensas choivas das últimas horas na provincia da Coruña provocaron un regueiro de incidencias // Os forenses están hoxe investigando se o cadáver atopado onte á tarde no río Sar, en Santiago, é o do mozo de Ferrol desaparecido // Tres dos vinte radares que máis multan de España están en estradas galegas. 30/03/16

As intensas precipitacións van ser seguidas agora polo frío e mesmo pola neve. A partir desta tarde vainos afectar unha masa de aire frío que pode facer caer a cota ata os 700 metros. 30/03/16

Primeira visita como Rei de Felipe VI a Ferrol. Na escola Antonio de Escaño reuniuse cos responsables de formación da Armada. Tras este encontro Felipe VI trasladouse á escola de especialidades da Estación Naval da Graña onde participou nunha recepción oficial // O Presidente do Goberno en funcións e do PP, Mariano Rajoy, dixo, nunha entrevista radiofónica, que confía en que Núñez Feijóo tome unha boa decisión, sobre o seu futuro político, tanto para el coma para o Partido Popular // O triatleta ferrolán Javier Gómez Noya deixará de competir este ano coa licencia da federación galega. Unha decisión que analizará esta tarde a xunta directiva da federación autonómica. 29/03/16