Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Seguimos baixo a influencia do anticiclón que nos trouxo máis frío e xeadas a zonas do interior. Día con temperaturas mínimas máis baixas e temperaturas máximas que soben e rondarán os 13 graos. (01/03/16)

A Xunta reforzará o firme en máis de cincocentos kilómetros dos máis de cinco mil que compoñen a rede autonómica de estradas. Case a mitade destas obras levaranse a cabo en travesías urbanas.
Trátase dun plan extraordinario de actuación, dotado con 23 millóns de euros e que inclurà un total de 42 actuacións.
Poucas capturas no comezo da campaña da sardiña para a frota de cerco, uns 150 barcos. Ata novembro poderán pescar 14.000 toneladas a repartir con Portugal, cinco mil menos que o ano pasado. Contarán cunha cota de tres mil kilos á semana por barco ata o verán.
Dende hoxe os pais dos nenos que comezan o cole en infantil o próximo curso xa poden solicitar praza ata o 29 de marzo. Serán algo menos de 20 mil novos alumnos.O 95% das solicitudes deste curso conseguiron escolarizar aos nenos no centro que elexiran como primeira opción, unha porcentaxe que se reduce moito no caso das zonas urbanas nos colexios que concentran a maior demanda de prazas. (01/03/16)

A dirección da fábrica de automóbiles de Vigo comenzou hoxe a negociar cos sindicatos medidas laborais para adaptarse á posible adxudicación dun novo modelo. A cambio dunha maior flexibilidade laboral, os sindicatos esperan un aumento do emprego.
A moza de 26 anos, localizada onte pola policía, nun hostal de Lugo, logo de que seus pais denunciaran a súa desaparición volveu prestar declaración esta mañá. Mentres, segue detido o exnoivo ao que os policías interrogaban xa dende o momento da denuncia, ao apreciar contradiccións na súa declaración.
A neve fai posibles os deportes de inverno en Cabeza de Manzaneda, en Ourense. Alí déronse cita, neste inicio de semana moitos afeccionados que contan con 19 pistas abertas e 14 quilómetros esquiables. (29/02/16)

Hoxe é un día de máis claros que nubes sobre todo canto máis o sur no que os ceos estarán case despexados e por iso por alí notarán máis a suba das temperaturas máximas. (29/02/16)

A dirección da fábrica de automóbiles de Vigo comenzou hoxe a negociar cos sindicatos medidas laborais para adaptarse á posible adxudicación dun novo modelo. A cambio dunha maior flexibilidade laboral, os sindicatos esperan un aumento do emprego.
A moza de 26 anos, localizada onte pola policía, nun hostal de Lugo, logo de que seus pais denunciaran a súa desaparición volveu prestar declaración esta mañá. Mentres, segue detido o exnoivo ao que os policías interrogaban xa dende o momento da denuncia, ao apreciar contradiccións na súa declaración.
A neve fai posibles os deportes de inverno en Cabeza de Manzaneda, en Ourense. Alí déronse cita, neste inicio de semana moitos afeccionados que contan con 19 pistas abertas e 14 quilómetros esquiables. (29/02/16)

A dirección da fábrica de automóbiles de Vigo comenzou hoxe a negociar cos sindicatos medidas laborais para adaptarse á posible adxudicación dun novo modelo.
A moza de 26 anos, localizada onte pola policía, nun hostal de Lugo, logo de que seus pais denunciaran a súa desaparición volveu prestar declaración esta mañá.
A neve fai posibles os deportes de inverno en Cabeza de Manzaneda, en Ourense. (29/02/16)

As zonas montañosas de Lugo e Ourense tinguíronse de branco ao longo desta mañá. É só o anuncio do que vai seguir sucendo nas próximas horas nas que a cota de neve irá baixando progresivamente. As nevaradas máis intensas e xeralizadas agárdanse para esta noite // Xunta, goberno central e fegamp dan dez días aos concellos afectados para que presenten unha relación de infraestructuras públicas que resulltaron danadas polos temporais. Queren así ter unha valoración total dos desperfectos para, de forma conxunta, concretar medidas económicas e obras para arranxalos // A audiencia nacional avala que o Castelo de Monterrei poida acoller un parador de turismo. A Audiencia considera que o novo uso permite o disfrute cultural por parte dos cidadans. Rexeita asi a denuncia veciñal contra esa transformacion. 26/02/16

As zonas montañosas de Lugo e Ourense tinguíronse de branco ao longo desta mañá // Xunta, goberno central e fegamp dan dez días aos concellos afectados para que presenten unha relación de infraestructuras públicas que resulltaron danadas polos temporais // A audiencia nacional avala que o Castelo de Monterrei poida acoller un parador de turismo. 26/02/16