Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Un home xulgado hoxe na Audiencia Provincial da Coruña recoñeceu ter intentado queimar a casa da que fora a súa parella mentres ela e seus pais durmían. Está acusado, ademais de tela intimidado con chamadas telefónicas e mesmo de tela atacado, armado cunha pistola que resultou ser de xoguete, cando a vítima ía conducindo // Aprobado o orzamento de Vigo para o ano que vén, cos únicos votos do grupo socialista. O Goberno Municipal cré que a anulación do plan xeral por unha sentenza do Tribunal Supremo non terá influencia nos ingresos do concello por mor da diminuciòn dos impostos a terreos que eran urbanizables e agora volven ser rústicos // O servizo de emerxencias, o 112, pón en marcha o uso dun xeolocalizador que permite atopar aos donos dos teléfonos móbiles nos que está instalado, grazas a aplicacións coma Alpifay que se pode descargar de xeito gratuito. 09/12/15

Un home xulgado hoxe na Audiencia Provincial da Coruña recoñeceu ter intentado queimar a casa da que fora a súa parella mentres ela e seus pais durmían // Aprobado o orzamento de Vigo para o ano que vén, cos únicos votos do grupo socialista // O servizo de emerxencias, o 112, pón en marcha o uso dun xeolocalizador que permite atopar aos donos dos teléfonos móbiles nos que está instalado. 09/12/15

La número uno de Nós Candidatura Galega por Pontevedra, Carme Adán, afirma que su formación se presenta como una candidatura cien por cien gallega que hace política "en la calle, atendiendo las necesidades de los gallegos". "Nuestra realidad es fruto de los recortes de la derecha y contra eso nos presentamos a las elecciones", subraya Carme Adán, que propone, entre otras cosas, una "redistribución energética".

Por otro lado, la vicepresidenta del Gobierno y número dos del PP por Madrid, Soraya Sáenz de Santamaría, ve "cierto sexismo" en el término "Operación Menina" acuñado por el líder de Podemos Pablo Iglesias, pero dice tomárselo con humor. Sobre un hipotético "efecto Soraya" tras el debate del 7D, la 'popular' dice que "si el 'efecto Soraya' es que en el PP hay equipo, entonces vale, es cierto: hay 'efecto Soraya'". Preguntada por las posibles coaliciones poselectorales, subraya que "el partido más votado es el que opta a gobernar" y que "lo demás son apaños que no funcionan bien". Insiste en que el Gobierno ha hecho lo que prometió, crear empleo; dice entender y compartir la indignación de los ciudadanos por la corrupción y no cree que haya que reformar la Constitución "para contentar a los independentistas" (09/12/15).

Últimas horas de descanso para as persoas que puideron disfrutar da ponte. As desta tarde agárdase que sexan horas de moito tránsito ante as que compre extremar a precaución xa que se prevé que se produzan boa parte dos máis de medio millón de desprazamentos previstos por tráfico // Preocupación en Santiago polo aumento dos roubos en vivendas no entorno norte da cidade. Duas bandas de ladróns estarían detrás dos asaltos a varias casas nos últimos días. Entre os inmobles que foron desvalixados están os de dous policías e un garda civil residentes na capital galega // E de Asia procede un insecto que pode ser o responsable de que se reduza e moito a producción de castaña ou madeira de castaño nos próximos anos. Poden ser algunhas das consecuencias da avespiña do castiñeiro, un pequeno e exótico insecto que foi localizado por unha investigadora do Campus de Lugo. 08/12/15

Últimas horas de descanso para as persoas que puideron disfrutar da ponte // Preocupación en Santiago polo aumento dos roubos a vivendas no entorno norte da cidade // De Asia procede un insecto que pode ser o responsable de que se reduza e moito a producción de castaña ou madeira de castaño nos próximos anos. 08/12/15

Os contundentes resultados das eleccións en Venezuela, onde a oposición derrotou claramente ao chavismo son seguidos con interés dende Galicia e pola gran colonia galega residente naquel país // O deputado provincial de Lugo expulsado do PSOE, manuel Martínez, recibiu hoxe o apoio do PSdeG-PSOE para sair elexido Vicepresidente de Suplusa, unha sociedade pública que xestiona 6 millóns de euros anuais. Un cargo para o que tamén recibiu o apoio do Partido Popular e para o que contou coa oposición do BNG, socio de goberno dos socialistas na institución provincial // O Teucro, o equipo de balonman de Pontevedra conta cun masaxista con síndrome de Down. Miguel tén 23 anos, estudou quiromaxe e esta temporada axuda ao fisioterapeuta do clube, pendente do estado físico de todos os xogadores. 07/12/15

Os contundentes resultados das eleccións en Venezuela, onde a oposición derrotou claramente ao chavismo son seguidos con interés dende Galicia e pola gran colonia galega residente naquel país // O deputado provincial de Lugo expulsado do PSOE, manuel Martínez, recibiu hoxe o apoio do PSdeG-PSOE para sair elexido Vicepresidente de Suplusa, unha sociedade pública que xestiona 6 millóns de euros anuais. Un cargo para o que tamén recibiu o apoio do Partido Popular e para o que contou coa oposición do BNG, socio de goberno dos socialistas na institución provincial // O Teucro, o equipo de balonman de Pontevedra conta cun masaxista con síndrome de Down. Miguel tén 23 anos, estudou quiromaxe e esta temporada axuda ao fisioterapeuta do clube, pendente do estado físico de todos os xogadores. 07/12/15

Os contundentes resultados das eleccións en Venezuela, onde a oposición derrotou claramente ao chavismo son seguidos con interés dende Galicia // O deputado provincial de Lugo expulsado do PSOE, manuel Martínez, recibiu hoxe o apoio do PSdeG-PSOE para sair elexido Vicepresidente de Suplusa, unha sociedade pública // O Teucro, o equipo de balonman de Pontevedra conta cun masaxista con síndrome de Down. 07/12/15

O Consello de Ministros aproba unha partida de 121 millóns euros para as obras de construción do treito entre Palas de Rei e Melide, da autovía Santiago- Lugo. Son case 12 kilómetros e con estas obras e as que se realizan entre Santiago e Arzúa, xa só queda por licitar o treito de Arzúa a Melide // O avogado de Rosario Porto recurre a sentenza que a condena a dezaoito anos de prisión polo asasinato da súa filla Asunta. Pide a absolución para ela porque argumenta o veredicto está basado en especulacións. A defensa de Porto afirma nel que o xurado popular tiña decidida a condena de antemán // Está fóra de perigo, pero con un corte no pescozo, a muller de 55, da Coruña, á que o home que fora a súa parella, a atacou cando entraba no domicilio do ancián que coidaba. 04/12/15

O Partido Popular preséntase como garante da consolidación da melloría económica acadada, despois dos peores anos da crise. Os socialistas din que son a única alternativa real de cambio para recuperar as políticas de igualdade e garantir os servizos públicos. Nos Candidatura Galega preséntase coma a única opción para que Galicia teña voz propia en Madrid e En Marea quere levar ao congreso o cambio que xa introduciu en moitos concellos // O avogado de Rosario Porto recurre a sentenza que a condena a dezaoito anos de prisión polo asasinato da súa filla Asunta. Pide a absolución para ela porque argumenta o veredicto está basado en especulacións // Está fóra de perigo, pero con un corte no pescozo, a muller de 55, da Coruña, á que o home que fora a súa parella, a atacou cando entraba no domicilio do ancián que coidaba. Os veciños alertados polos seus berros, avisaron á policía e, cando os axentes chegaron, o home tirouse por unha ventá e faleceu. 04/12/15