Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O paso da volta ciclista a España  por Galicia está a ter unha importante repercusión económica, sobre todo na  hostalaría. 

  A Xunta vai por en marcha un  programa de apoio á investigación nas universidades galegas, dotado con catro millóns de euros.

 Os prezos  subiron lixeiramente  no pasado mes de agosto en Galicia. (12/09/14)

O paso da volta ciclista a España  por Galicia está a ter unha importante repercusión económica, sobre todo na  hostalaría. En Santiago, onde o domingo finaliza a ronda ciclista, practicamente non hai prazas hoteleiras dispoñibles. 

  A Xunta vai por en marcha un  programa de apoio á investigación nas universidades galegas, dotado con catro millóns de euros.

  Un vídeo sexual gravado cun teléfono móbil está a ter unha difusión masiva entre os veciños  de Monforte. Gravouno un mozo da localidade  nun parque na noite do domingo ... durante un festival de música. Nel vese a unha parella practicando sexo, coa muller en estado semiinconsciente. (12/09/14)

O paso da volta ciclista a España  por Galicia está a ter unha importante repercusion económica, sobre todo na  hostalaría. En Santiago, onde o domingo finaliza a ronda ciclista, practicamente non hai prazas hoteleiras dispoñibles.  

  A Xunta vai por en marcha un  programa de apoio á investigación nas universidades galegas, dotado con catro millóns de euros. Anunciouno o Presidente, Núñez Feijóo en Vigo, durante o acto inaugural do curso universitario. 

  Os prezos  subiron lixeiramente  no pasado mes de agosto en Galicia. Concretamente dúas décimas, respecto a xullo, un incremento igual ao da media de España. 

 Respecto aos do ano pasado ,baixaron catro décimas e, no que vai de ano, tamén se abarataron: concretamente  o UN CON DOUS por cento. Encarecéronse lixeiramente os hoteis e restaurantes, a cultura e a vivenda. (12/09/14)

Un xulgado investiga o roubo, no edificio xudicial de Santiado, dunha caixa forte con documentación xudicial ...da que o contido aínda está sen determinar.

 Tamén se notou que alguén remexera en documentación relacionada cun dos procesos  que lle afectan ao presunto ladrón do Códice Calixtino da Catedral compostelá.

  Satisfacción da Xunta polo balance turístico do verán,de mais do  70% de ocupación hostaleira,  4 puntos mais có  ano pasado. Para Alberto Núñez Feijoo, a mellora do sector é un dos piares da actual recuperación económica. 

  Mes excepcional  de cruceiros no Porto de Vigo. Hoxe é  a segunda xornada consecutiva ...de arribada masiva de cruceiristas.  Atracaron tres grandes barcos turísticos, despois de que onte o fixeran outros tres.  En todo setembro traerán á cidade  56 mil persoas, entre tripulantes e  pasaxeiros. (11/09/14)

Un xulgado investiga o roubo, no edificio xudicial de Santiago, dunha caixa forte con documentación xudicial ...da que o contido ainda está sen determinar.  Tamén se notou que alguén remexera en documentación...  relacionada cun dos procesos  que lle afectan ao presunto ladrón do Códice Calixtino da Catedral compostelá.

  Satisfacción da Xunta polo balance turístico do verán,de mais do  70% de ocupación hostaleira,  4 puntos mais có  ano pasado. Para Alberto Núñez Feijoo, a mellora do sector é un dos piares da actual recuperaciÓn econÓmica. 

  Mes excepcional  de cruceiros no Porto de Vigo. Hoxe é  a segunda xornada consecutiva de arribada masiva de cruceiristas.  Atracaron tres grandes barcos turísticos, despois de que onte o fixeran outros tres. (11/09/14)

Un xulgado investiga o roubo, no edificio xudicial de Santiago, dunha caixa forte con documentación xudicial 

  Satisfacción da Xunta polo balance turístico do verán,de mais do  70% de ocupación hostaleira,  4 puntos mais có  ano pasado.

  Mes excepcional  de cruceiros no Porto de Vigo. (11/09/14)

Comezou de curso  para 200.000 alumnos de educación infantil e primaria.Chegan  a un curso que con cambios pola implantación da LOMCE. Cunha  hora máis de matemáticas en quinto, e o desdobre de Coñecemento do Medio en dúas asignaturas: ciencias sociais e ciencias da natureza. 

   Sae de Vigo o barco de apoio a plataformas petrolíferas Lei  Vesel 108, do estaleiro Metalships para unha multinacional norteamericana especializada en traballos submariños.  Custou  cen millóns de euros e  a empresa viguesa negocia a construcción doutros 4 barcos. Polo momento, o seu plantel queda ocupado só en reparacións. 

  A Primeira etapa da volta Ciclista a España en Terras galegas, está proxima a chegar a A Coruña.  Partiu de Ortigueira. 5 corredores  escapados do pelotón non se prevé fagan perigar o liderado de Contador. (10/09/14)

Comezou de curso  para 200.000 alumnos de educación infantil e primaria.Chegan  a un curso que con cambios pola implantación da LOMCE. Cunha  hora máis de matemáticas en quinto, e o desdobre de Coñecemento do Medio en dúas asignaturas: ciencias sociais e ciencias da natureza. 

  O presidente da Xunta defendeu a reforma da lei electoral para que sexa elexido alcalde... o cabeza da lista máis votada. Os grupos da oposición acusaron ao PP de rachar o consenso mantido ata o de agora... sobre reformas que afectan ao sistema democrático.

   Sae de Vigo o barco de apoio a plataformas petrolíferas Lei  Vesel 108, do estaleiro Metalships para unha multinacional norteamericana especializada en traballos submariños.  Custou  cen millóns de euros e  a empresa viguesa negocia a construcción doutros 4 barcos. Polo momento, o seu plantel queda ocupado só en reparacións. (10/09/14)

Comezou de curso  para 200.000 alumnos de educación infantil e primaria.

O presidente da Xunta defendeu a reforma da lei electoral para que sexa elexido alcalde o cabeza da lista máis votada. 

 Sae de Vigo o barco de apoio a plataformas petrolíferas Lei  Vesel 108, do estaleiro Metalships para unha multinacional norteamericana especializada en traballos submariños. (10/09/14)

Galicia está baixo a influencia dunha borrasca debilitada e situada sobre o Atlántico. Segue o ambiente caloroso, e as temperaturas máximas mesmo soben algo. (10/09/14)

O Presidente da Xunta situou, hoxe en Bruxelas, o avellentamento da poboación, coma un dos principais problemas aos que se enfronta Europa, se quere garantir o seu futuro.

Pediu  que as políticas de loita contra ese problema teñan maior peso no reparto de fondos comunitarios // Máis de 200.000 alumnos de educación infantil e primaria, e os seus pais e profesores, ultiman os preparativos para o inicio do curso, mañá. Nalgúns colexios dan os últimos retoques,mentres, nos parques, disfrutan das horas ao ar libre, previas á volta á rutina do curso // Os equipos da volta ciclista están xa na Coruña a onda chega mañá a primeira etapa da rolda en territorio galego. A volta chega no momento máis emocionante, logo do visto onte en Asturias, onde Contador avantaxou claramente aos seus competidores, gañando con autoridade a etapa. 09/09/14 

O Presidente da Xunta  situou, hoxe en Bruxelas, o avellentamento da poboación, coma un dos principais problemas aos que se enfronta Europa, se quere garantir o seu futuro.

Pediu que as políticas de loita contra ese problema teñan maior peso no reparto de fondos comunitarios // Máis de 200.000 alumnos de educación infantil e primaria, e os seus pais e profesores, ultiman os preparativos para o inicio do curso,... mañá. Nalgúns colexios dan os últimos retoques,mentres, nos parques, disfrutan das horas ao ar libre, previas á volta á rutina do curso // Os equipos da volta ciclista están xa na Coruña a onda chega mañá a primeira etapa da rolda en territorio galego. A volta chega no momento máis emocionante, logo do visto onte en Asturias, onde Contador avantaxou claramente aos seus competidores, gañando con autoridade a etapa. 09/09/14