Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A siniestralidade nas estradas galegas diminui nun 43% nos últimos anos. Faise pública a sentenza sobre o accidente laboral que custou a vida, hai case oito anos, a 4 traballadores en Navantia-Ferrol // O Deportivo logrou un punto valioso no campo do Betis, que aspira a competicions europeas. 30/04/13

Nova Galicia Banco comunicou hoxe as contas do ano pasado á Comisión Nacional do Mercado de Valores. As perdas que rondan os 8.000 millons de euros supoñen multiplicar por mais de 40 ás da entidade en 2011.

-Presenta a demisión como conselleiro de Pescanova Antonio Basagoiti, ex presidente de Banesto e Unión Fenosa: un día despois de que a empresa recurrise a decisión do xuiz de apartar da xestión á cúpula directiva. Pescanova alega que os administradores concursais acabarán por liquidar á compañía.

-A conselleira de Sanidade achaca o incremento das listas de espera do SERGAS á Semana Santa e ás obras no hospital da Coruña.

-Portavoces de 38 organizacions guatemaltecas denuncian na Coruña os abusos e violacions contra os indíxenas do país centroamericano por opoñerse a un proxecto hidroeléctrico promovido por un empresario coruñés nas súas terras.

Xa está funcionando a plataforma loxística construída polo SERGAS na localidade coruñesa de Negreira. De momento só abastece aos centros hospitalarios da zona de Santiago pero o ano que vén subministrará ás entidades sanitarias de toda Galicia // Rescatan por aire a un condutor que se precipitou por un barranco e quedou suspendido nel sobre unha rocha. Sucedeu onte á noite na Serra da Groba en Oia, Pontevedra. Él mesmo chamou o 112. 29/04/13

O Comercio minorista non pasa polos seus mellores momentos. As súas vendas baixaron no último ano. En Galicia esa reducción foi de algo máis do 12 por cento, entre marzo do ano pasado e este último.As tendas de alimentación figuran entre as que menos descenso de vendas experimentaron // O banco Etcheverría e o seu Socio o Banesco de Venezuela van levar a cabo un proxecto de expansión en Galicia que suporá a posta de 200 millóns de euros a disposición do sistema produtivo e a apertura de setenta novas oficinas // Xa está funcionando a plataforma loxística construída polo SERGAS na localidade coruñesa de Negreira. De momento só abastece aos centros hospitalarios da zona de Santiago pero o ano que vén subministrará ás entidades sanitarias de toda Galicia. 29/04/13

Pois, precisamente, pola estación, hoxe as temperaturas tenden a subir nun día que como viamos comezou solleiro. De cara a tarde os prognósticos din que van ir aumentando as nubes que apenas deixarán chuvia no norte e no leste da comunidade. 29/04/13

As vendas do comercio minorista baixaron no último ano. En Galicia esa redución foi de algo máis do 12 por cento, entre marzo do ano pasado e este último // O banco Etcheverría e o seu Socio o Banesco de Venezuela van levar a cabo un proxecto de expansión en Galicia // Xa está funcionando a plataforma loxística construída polo SERGAS na localidade coruñesa de Negreira. 29/04/13

O Banco Etcheverría anuncia a apertura de 70 oficinas en Galicia, e a creación de 200 postos de traballo. Tamén disporá de 200 millons de euros para créditos ás pemes e ás familias. O Etcheverría é agora propiedade do banco venezolano Banesco. Novas protestas dos afectados polas preferentes e do Naval, que obrigaron a suspender durante dúas horas e media o pleno municipal de Ferrol. No pleno de Vigo, tomaron a palabra os preferentistas e tamén os sindicatos do Naval.

O presidente do Psoe José Antonio Griñán asegura que en Galicia o Ps de G terá que facer o que decida o comité federal na súa reunión de xullo. O portavoz socialista no Parlamento, Abel Losada, confía na sensibilidade da dirección de Madrid para permitir ás primarias en Galicia. A plataforma "Queremos Galego" prepara a manifestación do 17 de maio: día das letras galegas. O seu presidente Carlos Callón di que no 90 por cento das clases de infantil o galego está desaparecido.

As protestas de centos de afectados polas participacións preferentes impediron hoxe a celebración dun pleno da Deputación de Pontevedra // Namentres, un Xulgado da Coruña, condenou a Novagalicia Banco a reintegrar a un matrimonio de Lugo, case 90.000 euros // O Partido Popular mantén a petición de demisión de Xosé Manuel Beiras, a raiz do incidente protagonizado polo portavoz de AGE no Pleno do Parlamento antonte, cando petou no escano do Presidente da Xunta, mentres Núñez Feijóo estaba intervindo. 26/04/13

A roupa de abrigo volve verse hoxe nas rúas e centros de traballo, logo de varios días de ambiente primaveral. O tempo cambiou bruscamente nas últimas horas. Ademáis hai alerta amarela na costa onde se rexistran refachos de vento de ata 80 quilómetros á hora // O sindicato maioritario de Pescanova, CC.OO vai estar presente no proceso concursal da empresa. A Xunta califica a posta en marcha do concurso coma unha boa nova para garantir a continuidade da multinacional // O Celta espera continuar mañá ante o Levante a remontada para sair do descenso. O Deportivo visita o luns ao Betis, tamen coa idea de seguir sumando puntos. 26/04/13

O sindicato maioritario de Pescanova, CC.OO vai estar presente no proceso concursal da empresa // O Celta espera continuar mañá ante o Levante a remontada. O Deportivo visita o luns ao Betis, tamen coa idea de seguir sumando puntos. 26/04/13

Uns 300 afectados polas preferentes irrompiron ó comenzo da sesión plenaria na Deputación de Pontevedra e conseguiron falar co presidente, Rafael Louzán, que se chegou a colocar camisetas dos preferentistas.

En Pescanova, o administrador concursal tardará de 2 a 4 meses en coñecer o estado das contas da compañía. CCOO persoaráse como parte.

Cita importante no Ps de G-Psoe, que vai presentar a súa proposta de primarias. Dase por seguro que decida aprazar o proceso e o congreso ata setembro.

Tralo bó tempo, chega a Galicia unha vaga de frío polar, que fará baixar as temperaturas dez graos durante a fin de semana. A cota de neve, estará entre os 800 e os 600 metros.

Na nosa comunidade máis de 287.000 persoas en paro. Son datos da enquisa de poboación activa do primeiro trimestre deste ano

O lider dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, acolle con satisfacción o anuncio, coñecido hoxe, de que o PSOE elexirá mediante primarias aos seus secretarios xerais en toda España. Vázquez espera agora poder pactar a data para a elección

A Xunta destina 138 millóns de euros a facilitarlles o acceso ao emprego a 37 mil parados. (25/04/13)

Na nosa comunidade máis de 287.000 persoas en paro. Son datos da enquisa de poboación activa do primeiro trimestre deste ano. O 22,35 por cento dos galegos en idade de traballajar están sen emprego. Son case 22.000 máis que hai un ano. O paro afecta especialmente aos máis novos, un de cada dos menores de 25 anos non atopan traballo./ O lider dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, acolle con satisfacción o anuncio, coñecido hoxe, de que o PSOE elexirá mediante primarias aos seus secretarios xerais en toda España. Así o anunciou hoxe o secretario de Organización Oscar López, facendo así xeneralizado o sistema anunciado polos socialistas galegos. /A Xunta destina 138 millóns de euros a facilitarlles o acceso ao emprego a 37 mil parados. Promoverá obradoiros de emprego, a incentivación de contratacións e o fomento de microempresas. O Consello tamén lle deu o visto e prace ao proxecto de lei do RISGA que posibilita a compatibilización destas axudas con rendas do traballo. (25/04/13)

Na nosa comunidade máis de 287.000 persoas en paro. Son datos da enquisa de poboación activa do primeiro trimestre.. A Xunta destina 138 millóns de euros a facilitarlles o acceso ao emprego a 37 mil parados. (25/04/13)

Ás portas de que mude o tempo radicalmente de cara a fin de semana hoxe aínda disfrutamos de sol e temperaturas máximas que rondarán os 23 graos. En Ourense rozarán os 30. (25/04/13)