Demorouse o acordo comunitario de pesca, mesmo ata última hora da mañá de hoxe. Pero semellan que hai boas novas para Galicia ainda que tamén hai sombras, como sinala mesmo o Conselleiro de Pesca. Bruxelas autoriza a capturar 11 mil toneladas de pescada o que é un 10% máis. E noutras especies nas que se agardaban recurtes finalmente mantivéronse as cotas.
- Desestima el recurso presentado por la entidad contra un fallo del Tribunal Superior de Justicia de Galicia
- Los magistrados deducen una "práctica generalizada" durante años y la voluntad "tácita" de la empresa para concederlo
A noite non foi suficiente, e as negociacións prolongáronse durante boa parte da mañá, pero os ministros de pesca da unión alcanzaron finalmente un acordo pro reparto de pesca no atlántico e o mar do norte.... E trae boas novas pro sector, que poderá capturar 11 mil toneladas de pescada, un 10% máis. É a cifra máis alta do que vai de século... qe reciben moi positivamente dende o sector pesqueiro galego. Nalgunhas especies tamén se fixan cotas pra 2025 e 26.
Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Marta Landeira y Eva Otero.
Segunda sanción do concello de Santiago ó Servizo de Axuda no Fogar por incumprimentos graves do contrato. O consistorio sanciona con 20 mil euros á empresa adxudicaria, SERVISAR. Se houbera unha terceira multa o contrato quedaria anulado.
En 2024, a Xunta acometerá obras en 17 centros educativos da cidade da Coruña. Investirá un total de 18,6 millóns de euros nunha vintena de obras de ampliación e reforma.
Este martes continúa por segundo día a campaña da vieira en A pobra. Arredor dunha trintena de barcos, procedentes de Cambados, Rianxo , vilanova e a Illa están a faenar na zona de Punta Ostreira
En Ferrol, as chuvias están a afectar as instalacións municipais. é o caso do cuartel da policia local ou do edificio dos bombeiros. Sendos lugares non contan cun plan de mantemento dende hai anos.
O goberno galego insiste na petición de revisar o modelo de financiamento autonómico e considera pouco equitativo que o goberno central se reserva toda a capacidade de endebedamento, fronte as opcións que lle quedan ós distintos territorios. Así llo trasladou o galego Miguel Corgos ó executivo no consello de política fiscal.
Á marxe do debate, os partidos van dando pasos cara as eleccións autonómicas. Sumar Galicia presentará o seu proxecto o sábado na Coruña coa presenza de Yolanda Díaz.
E O futuro de Alcoa está no aire. A empresa trasladoulle á Xunta que non pode garantir o cumprimento dos compromisos pactados cos traballadores da fábrica de San Cibrao.
Nos deportes, empate a 0 do Celta no campo do Raio Vallecano.
No tempo, agárdanse máis choivas nos próximos días. A Xunta activou o Plan Especial de Protección Civil ante o risco de Inundacións. Así, quedan baixo seguimento os ríos da demarcación Galicia-Costa, polo aumento xeral de caudais, e forma particular, o Lérez e Gándara, en Pontevedra, espérase bastante auga a próxima noite.
O novo modelo de finaciación autonómica bota a andar. Na primeira reunión do Consello de Política Fiscal e Financieira, Galicia opúxose á proposta do Ministerio. O conselleiro de Facenda dí que fai recaer o recurte de endebedamento nas comunidade e Miguel Corgos segue a sospeitar que se está a negociar con Cataluña ás costas do resto das autonomías.
Mentras a frota pesqueira galega segue moi pendente de que nas próximas horas se peche o novo sistema de cotas. Tanto o ministro Planas como o sector amósanse optimistas.
O sector pesqueiro galego ten por diante unha xornada de tensa agarda polos resultados do consello de ministros de pesca. En xogo están as cotas de pesca do vindeiro ano, e por vez primeira poderían coñecerse as de varios anos nalgunhas especies do atlántico. O Ministro Luis Planas é optimista tralos primeiros encontros informais, pero o resultado non se coñecerá ata a madrugada
Un consello que podería adoptar unha medida crucial pra evitar a desaparición da anguía, en perigo crítico de extinción. Só a prohibición de pescala durante seis anos ou máis pode evitalo, segundo Amigos da terra.
Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Marta Landeira y Eva Otero.
A ANPA do CEIP María Barbeito da Coruña, terá que sufragar os costes da metade da ampliación do comedor escolar. Unha situación sen precedentes que as familias denuncian.
O BNG de Santa Comba urxe á Xunta unha actuación inmediata no centro de saúde e no colexió Barrié de la Maza có fin de solucionar o deterioro destes dous servizos esenciais
Os traballadores do Hotel Almirante de Ferrol acusan á empresa Pazo Libunca de incumprir coa legalidade vixente, ao non subrogar a dous traballadores que, como o resto do cadro de persoal, terían que pasar de Carrís Hoteis á nova empresa explotadora.
Cita esta mañá das autonomías co Ministerio de Facenda, a Xunta quere que se poña sobre a mesa a condonación da débeda das comunidades ou a execución de fondos europeos.
Todo nunha xornada na que a frota galega mira a Bruxelas. Reunión de ministros europeos de pesca para decidir as cotas para algunhas especies a partir do ano que vén.
Atrás queda unha Ponte da Constitución cunhas cifras de ocupación hostaleira que melloraron as previsións. O balance negativo está nas estradas, con 4 vítimas mortais, a última unha muller de 59 anos en Xinzo.
Nos deportes, o Celta pechará esta noite a xornada de Liga en Primeira cunha visita ó campo do Rayo Vallecano a partir das nove.
Entrevista a D. Xaime Fandiño (profesor jubilado de la Universidad de Santiago) realizada por D. Seve Cagide