Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A dirección do PSdeG acepta abrir negociacións co Bloque pra establecer un pacto naqueles concellos on de suman maioría. Contactos que xa se puxeron en marcha en Santiago. Caso aparte é o de Ourense...alí o candidato do PP quere negociar cos aspirantes do PSdeG e do Bloque unha alternativa ó actual alcalde, pero tanto Luis Seara como Francisco Rodríguez remíteno ás direccións galegas.
E, noticias desde Terranova...localizada a estructura dun baraco... falta or saber se corresponde ó Pintnxo

Xornada de negociacións e planificación nos partidos politicos galegos a piques de se cumprir unha semana das eleccións municipáis.

Algunhas cidades, coma Ourense e Santiago, ultiman detalles e pactos pra cogobernar, mentres que as cúpulas autonómicas dan as súas directrices. Esta tarde foi a do PSDG quen reuniunu a executiva autonómica en Santiago pra esta fin.

A pouco máis de dúas semanas pra a constitución das novas corporacións e a elección dos alcaldes saidos das eleccións do domingo. Os partidos políticos comezan a definir a súa política de pactos. Esta tarde será a dirección do PSdeG a que explicará a súa posición.
Hai un caso aparte... Ourense, secadra máis enrevesado agora que no anterior mandato. E é que o acordo tería que ser a tres bandas PP, PSOE e BNG e non comparten os mesmos intereses.... Porque pra o PP o problema é Jácome... para o resto tamén Baltar.
Hoxe falou por primeira vez desde as votacións do domingo o candidato do PP á alcaldía de Ourense, Manuel Cabezas.