Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Colectivos ecoloxistas, confrarías de pescadores, mariscadores, comerciantes, hostaleiros de Noia e dos concellos veciños unidos esta mañá nunha concentración contra a autorización das verteduras da Mina de San Finx. Presentes tamén os voceiros da oposición. Advirten: está en xogo o futuro da ría e o sustento de máis de 1.600 familias.

Pola súa banda o presidente da Xunta reuniuse co responsable de Enagás que se comprometeu a asumir a construción do corredor de hidróxeno verde entre Guitiriz e Zamora.

E en clave electoral, acto dos socialistas da provincia da Coruña con presenza do portavoz do PSOE no Congreso. Patxi López foi moi crítico coa xestión sanitaria do PP na nosa comunidade.

De seguida imos con todo, tamén coa entrevista, hoxe musical, ó grupo de hip hop Dios ke te crew.
 

A Ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, defendeu hoxe dende Ferrol o Plan de Ordenación da Eólica Mariña. Insiste na compatibilidade dos parques coa pesca e abriuse a negociar cos sectores afectados.

Fronte a ela, a Plataforma en defensa da PESCA corta toda negociación co ministerio e esixe que se retiren os plans aprobados.
 

Primeira descarga de petróleo no porto exterior da Coruña con destino á refinería. Marca o inicio do camiño par que os petroleiros deixen de entrar na ría. A concesión de Repsol aínda remata en 2027.

Revés pras familias das víctimas do dobre asasinato do Cash Récord.
Despois de 30 anos conseguiron levar a xuizo ó que consideran autor do crime, pero a Audiencia provincial absolveo por falta de probas.

Declaración de Impacto Ambiental desfavorable pra dous parques eólicos moi contestados en Ourense. Tratase do macropolígono eólico que a empresa Greenalia quería instalar entre os concellos ourensás de Bande e Verea e outro no Monte da Neve, entre Verea e Celanova.

Inverno de contrastes. A estación que está a piques de rematar foi moi chuviosa na súa primeira metade, e moi seco na segunda, co mes de febreiro con menos precipitacións dos últimos dez anos.

E, marzo empeza coas mesmas caracteristicas. Tempo seco, pero noites moi frías, aínda que se vai retirando a masa de aires frío que nos afectaba.

A vicepresidenta Teresa Ribera, que esta mañá estará en Ferrol, acepta reunirse coa Xunta e os sectores implicados na chegada da eólica mariña pr falar daz zonas marcadas polo ministerio como as adecuadas para a instalación dos muiños.

Na Coruña, Repsol inicia unha nova etapa na Coruña coa primeira descarga no posto exterior: comeza o proceso que eliminará as descargas no interior da ría.

E, escoitaremos as demandas das familias con persoas con discapacidade: ante o anunciado peche do centro de Aspaber pide á consellería que se faga cargo da súa ataención

Ministra de Transición Ecolóxica, Teresa ribera Aceptou manter unha reunión coa Xunta e o Observatorio Eólico de Galicia pra aclarar o mapa eólico mariño establecido polo Plan de Ordenación da Eólica Mariña aprobado este martes.

Un plan que defendeu esta mañá en Vigo a secretraria xeral de Pesca do Goberno, Isabel Artime, quen mandou unha mensaxe de tranquilidade ó sector pesqueiro.

Os datos do paro de febreiro acreditan que a fenda de xénero aínda segue a ser moi acusada en Galicia. Febreiro pechouse con case un milleiro menos de persoas rexistradas nas oficinas de emprego.

Os productores de mexillón volveron levar esta mañá a súa protesta a Santiago.
Realizaron unha marcha improvisada de vehículos con remolques e lanchas motoras, pra queixarse polas restriccións pra a extracción da mexilla.

En Ourense, o colexio Cardenal Cisneros prevé retomar mañá a actividade lectiva. Está suspendida desde onte á tra-la derruba dun muro sobre o patio do centro. Tampouco poden volver ás súas casas os veciños do edificio colindante desaloxado.

Protesta en Carballo de familias con persoas con discapacidade.
Piden á consellería de educación un centro de educación especial para a Costa da Morte porque a asociación Aspaber pecha o que hai agora.

Rápida e dura a reacción do sector pesqueiro tra-la aprobación polo goberno do plan de ordenación do espazo marítimo. Tras unha reunión na Coruña dixeron que non vana negociar nada e piden a retirada do documento.
Na Sanidade, convocatoria de folga do sindicato médico CESM para dentro dun mes.. e pendentes de Ourense onde varias familias tiveron que pasar a noite fóra da casa e tivo que ser desaloxado un colexio pola caída dun muro
Deportes. Adrián Ben e Belén Toimil xa debutan hoxe no primeiro día do campionto de europa en pista cuberta que se disputará en Estambul.
No tempo. Recuperamos a influencia das altas presións e van predominar os ceos despexados.