Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Remata a esta hora a manifestación contra os parques eólicos que dende este mediodía percorreu as rúas de Vigo. Congregou a case un cento de colectivos de toda Galicia.

Por outra banda, seguimos pendentes do corte da Nacional 642, entre Burela e Foz. Nas próximas horas podería haber novidades, unha vez que os técnicos avalíen o estado do firme e da drenaxe. De momento continúan habilitados os desvíos provisionais polas estradas locais e un paso especial para as ambulancias. Cortes tamén no tráfico ferroviario, ante o risco de desprendementos na zona.

E malia que xa non hai chuvias, hoxe aínda son catro os ríos en risco de desbordamento. Son o Miño, na Peroxa e Salvaterra; o Mero e o Mendo, en Betanzos; e o Tambre, en Oroso.

En portada, damos conta tamén dunha colisión múltiple entre seis vehículos que deixou tres feridos esta mañá no concello lucense de Castroverde

A Mariña de Lugo dividida en dous. A estrada Nacional 642 está cortada dende a pasada noite á altura da praia de Areoura, entre Burela e Foz, debido á auga acumulada polas últimas chuvias. Os alcaldes xa amosan a súa preocupación porque o corte pode durar varios días e porque non hai alternativas que garantan unha circulación en condicións nin do tráfico pesado nin, sobre todo, das urxencias sanitarias.

Onde mellora a situación é nos ríos. Agora mesmo só presentan risco de inundación o Miño nos Peares, Lugo, Ourense e Salvaterra; o Mendo en Betanzos, e o Tambre en Oroso.

Polo demais, probas MIR e outras especialidades sanitarias a partir desta tarde en Santiago e Vigo, e amplíanse os horarios de vacinación para a cuarta dose contra a covid

Trala neve das pasadas xornadas, comeza o desxeo e a crecida dos ríos.

Hoxe a situación estivo complicada na provincia de Ourense, sobre todo, porque a chuvia e a suba de temperatura fixo que a neve se desfixera moi rápido. Malia todo, os ríos da conca hidrográfica MIño - Sil xa están en descenso tras acadar o seu máximo

Primeiro a choiva e a neve, e agora os anegamentos. Máis de dez ríos teñen activo o plan especial por risco de inundación: hai risco alto no Miño ó seu paso pola Peroxa aínda que non hai perigo para as vivendas. Tamén vai por encima do seu caudal o Arnoia en Baños de Molgas e o Támega, que obrigou a cortar unha das estradas que une Monterrei e Verín. Hai algunhas vivendas incomunicadas, aínda que son segundas residencias e non tiñan xente nese momento.

Outros dos ríos en situación de alerta son o Ladra, en Begonte, o Sil, no Barco; o Ouro, en Foz; o Mendo, en Betanzos; ou o Xallas, en Santa Comba, entroutros

- Queixas en Verín pola falta de pediatras case tres anos depois da gran protesta contra o peche do paridoiro do Hospital comarcal.

Hoxe en Verín os veciños entregaron no concello algo máis de 3.400 sinaturas pra demandar a contratación de máis pediatras no centro de saúde.

- A plataforma SOS sanidade pública censura a falta de medidas da Xunta para atallar o deteriro da sanidade pública.

Fai un chamamento á participar nunha manifestación en Santiago o 12 de febreiro e ata entón vai continuar coa recollida de sinaturas levar as súas demandas ó Parlamento.

- A CIG agoira que o 2023 vai ser un ano de conflitividade laboral.

O sindicato chama á mobilización pra sacar adiante unha negociación colectiva que garanta unha actualización salarial.

- Distintas plataformas contrarias aos macroproxectos eólicos concentráronse este mediodía diante de San Caetano.

Estes colectivos falan dun ataque ó territorio e aseguran que acudirán á vía penal para esixir responsabilidades

A Xunta defende a incorporación de médicos no último ano de formación ante a calta de facultativos. A portvoz do BNG parécelle unha ocorrencia. Ana Pontón participou este xoves nunha mnifestación na Mariña en defensa da sanidade pública.

E dobre noticia en Stellantis: por un lado soubemos que vai ter máis tempo para presentarse á convocatoria de axudas pra o vehículo eléctrico; por outro, o acordo coa maioría sindical pra repetir este ano un ERTE como o do ano pasado e ofrecer cen baixas voluntarias.

Deportes. o Celta xoga hoxe en Mallorca no inicio dunha nova xornada de Liga.

O tempo. Hoxe Galicia quedará nunha situación intermedia entre altas e baixas presións, cunha fronte rozando a nosa comunidade que deixará chuvias febles no norte. O que xa se notou foi un ascenso nas temperaturas.

A defensa pola sanidade pública volve esta tarde á rúa. Esta vez na Mariña onde a falta de facultativos está a derivar nun caos sanitario.

Tamén damos conta dos primeiros casos en Galicia da variante Kraken do Coronavirus.

E contámoslles cómo foi a última xornada, desta semana, do xuizo do Alvia