Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Este xoves os orzamentos da Xunta inician o seu trámite parlamentario. As contas do executivo galego alcanzan este ano unha cifra record tras aumentar un 8,5 por cento.

Este luns, a Xunta e os sindicatos reúnense pra concretar a actualización dos salarios.

E chega a Ferrol un novo cargamento de carbón que permitirá volver a poñer en marcha a central térmica das Pontes.

Das estradas, a fin de semana deixanos unha víctima mortal....

Unha persona perdeu a vida e outras tres resultaron feridas este domingo despois de saírse da vía o vehículo no que circulaban en Pontevedra. O conductor foi detido tras dar positivo en consumo de alcol e drogas.

Hoxe van seguir as chuvias, aínda que conforme avance o día a fronte vai ir perdendo froza.

Este lúns retoman o traballo os camioneiros da central térmica das Pontes. Ata o porto de Ferrol chegou o priomeiro dos dous buques de carbón que agardan dende a emoresa pra poder comezar a traballar.

E as olladas están postas hoxe no inicio da tempada de caza en Galicia. Este ano co lobo como especie vetada. Pero esta non é a única novidade por cazadores. Esta mañá colectivos animalistas pedían que non se poidan empregar os cáns nesta actividade.

A secretaria de Estado de Transportes agarda que na primavera estean operativos os trens Avril.

En Vigo, Isabel Pardo de Vera, tamén anunciou que o vindeiro ano haberá un novo desvío que mellorará o tráfico na A-6 en Pedrafita.

Galicia non estaba preparada para facer fronte a tempada alta de incendios deste pasado verán, segundo os bombeiros forestais.

Non se fixeran as tarefas de prevención e os equipos de extinción non tiñan os medios nin a formación adecuada para estes grandes incendios.

En Ferrol, as empresas auxiliares do naval pasaron de non ter traballo a non dar atendido a carga de traballo de Navantia.

O comité de empresa pública denuncia o abuso das horas extra. Considera que se pon en perigo a saúde dos traballadores.

Vilagarcía acolle esta tarde unha manifestación convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública

Denuncia A situación dramática da atención primaria na comarca con falta de médicos, peches de PACs, ou listas de agarda que superan os 15 días.

O tempo. Nubes e algún orballo na vertente atlántica... moi aberto no leste.

Toda a culpa foi do do maquinista. É o resume da declaración no xuizo polo descarrilamento do Alvia do exdirector de seguridade de Adif. Andres Cortabitarte dixo que a curva da Grandeira non presentaba máis riscos que outras e que a sinalización era adecuada. Pero só contestou ás preguntas do fiscal e do seu avogado.

Outro asunto xudicial, a fiscalía abre dilixencias tras unha denuncia pola xestión da Xunta en materia de incendios.

A noite deixanos un accidente mortal na estrada de Sigüeiro a Lavacolla. Un home perdeu a vida ó sairse co seu vehículo da estrada. Ocorriu onte á noite.

O tempo. Hoxe estará máis cuberto pola mañá, con orballadas máis probables ó oeste

Vexamos como está a situación nas principais cidades.

Andrés Crotabitarte defende a súa inocencia no descarrilamento do Tren Alvia fai 9 anos en Agrois. O daquela diretor de seguridade de ADIF relegou toda a responsabilidade no maquinista.

E a Xunta vai ser investigada pola xestión dos lumes que este verán arrasaron importantes ecosistemas naturas en Galicia, como o Courel ou o Parque do Invernadeiro.

A Fiscalía pide a Medio Rural información dos operativos de extinción dos grandes incendios que se produciron en Galicia no mes de xullo.

Abre dilixencias a raiz dunha denuncia da plataforma 'Por un Monte galego con Futuro', que acusa á Xunta de ser responsable, por inacción, do alcance do desastre ambiental.

O Consello da Xunta vén de aprobar o proxecto de lei de medidas urxentes pra reducir a temporalidade na Administrción.

Hoxe presidiu a reunión semanal do executivo o titular de Economía, Francisco Conde, xa que Alfonso Rueda está de viaxe en Arxentina e Uruguai.

O PSdeG pon deberes á Xunta á hora de repartir os fondos que vai recibir do fondo de financiamento autonómico.

O secretario xeral socialistas cre que eses cartos debe servir para facer fronte a crise na atención privada e revalorizar as pensións non contributivas.

A economía galega alónxase do nivel de crecemento da media.

Segundo a análise que fai o foro económico, o crecemento de Galicia está dous puntos por debaixo da media.

O tempo. hoxe cuberto no norte e máis aberto no sur. A próxima noite poden regresar as chuvias desde o Oeste.