Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Hoxe baixan os hospitalizados por COVID, e a taxa de positividade, pero temos 52.500 doentes de coronavirus. E a gran maioría están sendo atendidos nos centros de saúde, que desbordan a súa carga asistencial.

Ante esa situación, o Sergas ordeou que os médicos de 14 unidades da área sanitaria de Vigo anulen todas as súas citas non urxentes. Os sanitarios non entenden que se deixe ós cidadáns sen atención, empuxándoos ás urxencias, sen antes cubri-las numerosas vacantes que veñen denunciando

- A volta ás aulas será o día 10 e de forma presencial

Acordo a nivel nacional pra manter o calendario escolar previsto. A Xunta prantexara un retraso dun día se se confirmaba a chegada de novas tandas de vacina pediátrica.

- O persoal de limpeza dos hospitais de Pontevedra ameaza con ir á folga

A concesionaria rexeita aumenta-l persoal pra afrontar a sobrecarga de traballo provocada pola pandemia, e tamén os aumentos salariais que piden os traballadores.

- Galicia rexistra a menor baixada do paro en decembro do conxunto do estado

Hai 163 desempregados menos, e redúcense os afiliados, que medran no conxunto de españa. Os sindicatos alertan da precariedade e dunha mala evolución. A Xunta de recuperación laboral

- En marcha un proxecto de convivencia solidaria pra maiores en Sanxenxo

Unha nova forma de vivi-la vellez, con 70 vivendas independentes e servizos comúns coma alimentación, lavandería ou enfermeiría

Os traballadores da acería Megasa, en Narón, non volverán a actividade o domingo, como estaba previsto. A empresa acordou continuar co parón ata que baixen os prezos da luz.

- En Lugo, segue adiante o proxecto de contruscción do Parque Multiusos de 45 mil metros cadrados en Antas de Ulla, coa apertura dos prazos para a licitaciñón das obras.

- Tamén en Lugo, o PAC de Fingoy sufriu de novo o lanzamento dunha pedra a pasada tarde... é a terceiro ataque destas características que sofre o centro sanitario.

- O aeroporto de Peinador, en Vigo, xa está operativo despois de máis de tres xornadas completas pechado por mor dun socavón na súa pista de aterraxe.

- Nos deportes, o Celta comezou o ano con vitoria 0-2 ante o Betis grazas ós dous tantos de Iago Aspas

Galicia estrena a primeira semana do ano con baixada nos novos contaxiados, 3.400, tras os días festivos e a fin de semana... nos vindeiros días saberemos o balance real, de momento, hai que sumar catro novos falecidos, todos en Vigo, que lidera os novos positivos. Todo nun momento no que o sector sanitario continúa denunciando o colapso na atención primaria.

A nosa comunidade comezou o ano ademais con subidas nas peaxes das autopistas... Tamén do transporte, PEINADOR recupera a normalidade tras pechar por problemas nunha das pistas de aterraxe.

Nos deportes, o Celta comezou 2022 con vitoria ante o Betis no Benito Villamarín con dous goles de Iago Aspas

Entrevista co Presidende da FADSP (Federación de Asociaciones para la Defensa de la Sanidad Pública) e voceiro de SOS Sanidade Pública, Manuel Martín.

Realizada por Xosé Manuel García.

O ano comeza con nova marca de máximos nos doentes de coronavirus en Galicia... Cifras que multiplican por 9 as do ano pasado por estas datas, pero que non teñen a mesma repercusión nos hospitais, onde iso sí, hoxe volven repunta-los ingresados...

A baixada na cifra de novas detecións apunta a unha posible melloría, pero dende sectores coma o comercio temen que esta e outras malas novas, coma o peche temporal de Alcoa, impidan a recuperación necesaria.

Comeza tamén o ano coas xa tradicionais subas de prezos en cuestións coma as peaxes. AUmentan entre un 2 e un 3%, segundo os tramos, ainda que a asociación En Colectivo agarda que 2022 sexa o ano no que a AP9 se volva gratuita.

  • Ha fallecido a los 89 años en su casa de Vilanova de Arousa (Pontevedra) al no poder recuperarse de una caída doméstica
  • Su arresto más sonado fue en 1990, en el marco de la 'Operación Nécora', dirigida por el juez Baltasar Garzón

Moito movemento e compras en pequenas cantidades para una Noitevella reducida // Terrazas cheas ao mediodía ante as restricións para as festas da noite, pola situación da pandemia // Na última xornada rexistráronse máis de 5.800 contaxios e os casos activos xa son 41.800 // Na súa mensaxe de fin de ano, o presidente da Xunta recoñece o labor dos profesionais implicados na loita contra a covid e da sociedade en xeral pola alta aceptación da vacinación. (31/12/2021)

Moito movemento e compras en pequenas cantidades para una Noitevella reducida // As ceas fóra da casa teñen que rematar antes da unha e os poucos establecementos de ocio nocturno que abran hoxe pecharán ás tres // Na última xornada rexistráronse máis de 5.800 contaxios e os casos activos xa son 41.800 // Neste 2021 cumpríronse 50 anos da apertura da casa-museo de Rosalía de Castro, en Padrón. (31/12/2021)

Moito movemento e compras en pequenas cantidades para una Noitevella reducida // As ceas fóra da casa teñen que rematar antes da unha e os establecementos de ocio nocturno pecharán ás tres // Na última xornada rexistráronse máis de 5.800 contaxios e os casos activos xa son 41.800 // Neste 2021 cumpríronse 50 anos da apertura da casa-museo de Rosalía de Castro, en Padrón. (31/12/2021)

Galicia despide o ano cun sol e unhas temperaturas que non parece que esteamos en inverno. É pola influencia dun anticiclón centrado na Península. Nos ceos hai nubes altas que non impiden o paso do sol e as temperaturas mantéñense tan agradables coma onte, ou mesmo con máximas un pouco máis elevadas. En Ourense, Pontevedra ou Vigo van andar polos 20 graos. (31/12/2021)

O segundo fin de ano con pandemia é peor que o primeiro... Moitos máis enfermos, aínda de menos gravidade, e restriccións máis duras... hoxe estarán pechadas as salas de música e as ceas fóra reducíronse... lóxicamente sen cotillón nin baile.

Ademáis desde as tres da madrugada xa non poderá haber reunións de non conviventes nin dentro das casa nin fora.

Disfruten na medida do posible... Este último día do ano ten estes titulares que con Silvia Muiña abrimos cos datos da pandemia

- Galicia pecha 2021 con 42 mil persoas con coronavirus e case 6 mil novos positivos.

A taxa de positividade xa está no 32 por cento e a incidencia acumulada xa pasa dos 1.400 casos por cada cen mil habitantes.

- 31 de decembro de 2021, remata o ano pero non o Xacobeo que de xeito excepcional a causa da pandemia se prolonga todo o 2022.

Esta tarde non se procederá ó peche da porta Santa, como sería habitual, pero na praza da Quintana haberá un acto, conducido polo gaiteiro Carlos Núñez, para darlle á benvida á prolongación do Xacobeo.

- Ás 20:22... hora que cadra cos números do ano que entra, o concello de San Xoan de Río programa as badaladas.

Un acto co que queren reivindidar o rural e demandar as mesmas oportunidades que ten o resto.

- A falta de oportunidades leva a moitos mozos galegos a emigrar para poder desenvolver a súa carreria como investigadores.

Esta semana estiveron na Coruña para mostrarnos o seu traballo e ó mesmo tempo reivindicar oportunidades aquí

Chegamos ó último día do ano cos peores datos de contaxios e enfermos desde que comezou a pandemia... levamos unha semana con máximos diarios, pero non é ata hoxe cando entran en vigor resttriccións para tratar de controlar esta sexta vaga. Medidas que se dúbida fan facer que esta próxima noite as celebracións sexan ben distintas: sen festas, sen bailes, sen ceas con orquestra.... Os que ceen fóra saiban que desde as tres da próxima madrugada non pode haber reunións de non conviventes...ata as seis.

Este último día de 2021 é unha data sinalada en tres emresas: Vestas, que pecha; Alcoa, que inicia o apgado das cubas da fábrica de aluminio; e, Barreras que buscar rexurdir cun novo propietario.

Este ultimo día do ano será solleiro e con temperturas próximas ós 20 graos

Esta medianoite entran en vigor as novas medidas para tentar frear a sexta vaga da pandemia // A covid segue batendo o récord de contaxios día a día. Na última xornada sumáronse 5.700 infectados máis // Reproches entre a Xunta e o Goberno a conta do pacto de Alcoa cos traballadores // A loita contra a pandemia, presente tamén na cerimonia da translación dos restos do Apóstolo. 30-12-2021

Esta medianoite entran en vigor as novas medidas para tentar frear a sexta vaga da pandemia // Os contaxios volven marcar máximos históricos. Máis de 5.700 nun día // Reproches entre a Xunta e o Goberno na primeira xuntanza da comisión que vai vixiar que Alcoa cumpra o pactado cos traballadores // A loita contra a pandemia, presente tamén na cerimonia da translación dos restos do Apóstolo, na catedral de Santiago. 30-12-2021

Esta medianoite entran en vigor as novas medidas para tentar frear a sexta vaga da pandemia // Máis de 5.700 contaxios nun día // Reproches entre a Xunta e o Goberno na primeira xuntanza da comisión que vai vixiar que Alcoa cumpra o pactado cos traballadores // A loita contra a pandemia, presente tamén na cerimonia da translación dos restos do Apóstolo. 30-12-2021

Loce o sol en toda Galicia con aire cálido polo vento do sur. O anticiclón fixo descender as temperaturas nocturnas pero durante o día han continuar en aumento e despediremos o ano cos termómetros en valores máis propios doutras épocas do ano. 30-12-2021

En Galicia, cada día alcanzamos un novo máximo de positivos e persoas con COVID. Nunha semana duplicáronse as cifras. Tamén aumentan as hospitalizacións, pero, nas Ucis hai o mesmo número de persoas ingresadas que hai sete días.

De momento, non se ve o pico desta sexta onda... para intentar frea-la esta próxima medianoite entran en vigor as novas restriccións de horarios para os locais de lecer nocturno, bares e restaurantes

- Nova Concentración dos sanitarios do hospital da Coruña.

Reclaman á xerencia unha mellor xestión na cobertura de turnos e máis persoal. Asegura que as urxencias están nunha situción crítica.

- A ministra de Industria e o conselleiro de Economía intercambianse reproches pola situación de Alcoa.

Reyes Maroto pídelle á Xunta que se implique na busca de solucións e o conselleiro considera que o problema foi a falta de solucións ó custe da enerxía

- Non por unanimidade, pero os traballadores de Vestas aceptan o peche da factoría de compoñentes eólicos.

A dirección comprométese a manter 24 postos de traballo, pero o comité de empresa descoñece con que cometido.

- A titular do xulgado número dous de instrucción de Tui rexeita citar a declarar como investigado ao exnoivo de Deborah Fernandez.

A familia solicitara a medida por consideralo principal sospeitoso da súa morte

Esta próxima medianoite entran en vigor as restriccións aprobadas pola Xunta para intentar poñer freo o descontrol desta sexta onda da pandemia. Recortes horarios e prohibición de reunións, tanto no ámbito privado como no público, de madrugada, entre as 3 e as 6. Porque cada día alcanzamos un novo récord de casos positivos.

Hoxe de novo, protagonismo para Alcoa e Vestas. En Santiago, reúnese a comision de seguemento do acordo que vai suupoñer o peche das cubas da fábrica de aluminio...E, os traballadores de Vestas renuncian a continuar coa loita e aceptan o peche da fábrica de Chavín.

O tempo... imos despedir o ano, en pleno inverno, con case temperaturas de verán