Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Bancos marisqueiros estragados pola chegada masiva de auga doce. É o efecto das abondosas chuvias das últimas horas nos areais da boca das Rías. As mariscadoras dan por perdida a campaña da ameixa e o berberecho // A Audiencia Provincial de Lugo arquiva a macrocausa do Garañón que investigaba presuntas irregularidades urbanísticas ao entender que nonexisten indicios da comisión de delitos. // Comeza a descender o número de contaxios en Galicia e a incidencia acumulada a sete días, segundo anuncia a conselleiro de Sanidade que ve motivos para o optimismo, pero non para baixar a garda. O comité clínico dediciu tamén que as farmacias de Pontevedra comecen a facer recollidas de saliva para facer probas PCR. 03-02-2021

Ríos desbodados en zonas do interior e pequenas inundacións. É o resultado da abondosa choiva das últimas horas, que contribue a encher os encoros por riba do 75 por cento da capacidade. O exceso de auga doce na boca das Rías, onde provoca gran mortandade no marisqueo. // A curva da Pandemia parece comenzar a estabilizarse, con 22.400 casos activos, pese a que os novos contaxios rexistrados no último día volven superar os mil. A presión hospitalaria redúcese lixeiramente, e Nas UCi hai sete ingresados menos. // Abanca declara un beneficio de 160 millóns de euros en 2020, tras adicar 273 millóns a provisións. E un 60 por cento menos que o do ano anterior. // O aumento das reformas e obras de rehabilitación permitíu á construcción consolidarse como o sector no que a Pandemia tivo un menor impacto. 03-02-2021

Amaina o temporal en terra e no mar a alerta rebaixouse a nivel amarelo por ondas de ata cinco metros. Pola tarde irá diminuindo a nubosidade e as precipitacións despois de que na xornada de onte superaran o previsto. Ata 125 litros por metro cadrado caeron en Lousame. 03-02-2021

Ríos desbodados en zonas do interior e pequenas inundacións. É o resultado da abondosa choiva das últimas horas, que contribue a encher os encoros por riba do 75 por cento da capacidade. O exceso de auga doce na boca das Rías, onde provoca gran mortandade no marisqueo. // A curva da Pandemia parece comenzar a estabilizarse, con 22.400 casos activos, pese a que os novos contaxios rexistrados no último día volven superar os mil. A presión hospitalaria redúcese lixeiramente, e Nas UCi hai sete ingresados menos. // Abanca declara un beneficio de 160 millóns de euros en 2020, tras adicar 273 millóns a provisións. E un 60 por cento menos que o do ano anterior. // O aumento das reformas e obras de rehabilitación permitíu á construcción consolidarse como o sector no que a Pandemia tivo un menor impacto. 03-02-2021

A delegación do Parlamento de Galicia, formada pola portavoz do BNG Ana Pontón, o socialista Gonzalo Caballero e Diego Calvo do PP, defende no Congreso dos Deputados que a xestión da AP-9 sexa transferida a Galicia. // Repuntan os casos activos, logo de rexistrarse máis de mil novos contaxios nas últimas horas. Os hospitalizados baixan lixeiramente, ainda que a ocupación das UCI chega a un novo máximo de 253 pacientes.. // O paro descende en Galicia no mes de xaneiro, en 3.600 persoas. É a única comunidade xunto con Baleares e Ceuta onde hai unha baixada. // A audiencia provincial da Coruña confirma a condena a 6 anos de cadea a José Manuel Vázquez, "Coté", un home que exerceu durante 5 anos como falso médico en Ferrol. 02-02-2021

Repuntan os casos activos, logo de rexistrarse máis de mil novos contaxios nas últimas horas. Os hospitalizados baixan lixeiramente, ainda que a ocupación das UCI chega a un novo máximo de 253 pacientes. O Sergas notifíca 40 falecementos máis, a cifra máis abultada dende o comenzo pandemia //No Congreso dos Deputados está a piques de ser debatida a proposta para transferir a AP-9 á Xunta. E a terceira vez que se vota unha solicitude similar e o previsto é que, nesta ocasión saia adiante, // O paro rexistrado baixou en 3.600 persoas en Galicia no mes de xaneiro, fronte a unha caída xeral de emprego no conxunto de España. Os traballadores en ERTE na comunidade superan os 31.000. // Comprobamos as dificultades para acceder á sua vivenda dunha veciña de Tomiño, Logo dos cambios introducidos pola concentración parcelaria que eliminou a servidume de Paso. 02-02-2021

Repuntan os casos activos, logo de rexistrarse máis de mil novos contaxios nas últimas horas. Os hospitalizados baixan lixeiramente, ainda que a ocupación das UCI chega a un novo máximo de 253 pacientes. O Sergas notifíca 40 falecementos máis, a cifra máis abultada dende o comenzo pandemia //No Congreso dos deputados está a piques de ser debatida a proposta para transferir a AP-9 á Xunta. E a terceira vez que unha solicitude similar se vota na Cámara e o previsto é que, nesta ocasión saia adiante, // O paro rexistrado baixou en 3.600 persoas en Galicia no mes de xaneiro, fronte a unha caída xeral de emprego no conxunto de España. Os traballadores en ERTE na comunidade superan os 31.000. 02-02-2021

Unha fronte moi activa está a descargar chuvias máis intensas sobre todo na metade oeste. Poden acumularse ata 80 litros por metro cadrado en doce horas. Chuvias menos probables no centro que virán acompañadas de refachos moi fortes de vento do sur na costa e zonas altas. 02-02-2021