Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Ingresado no cárcere, por orde do xuiz, o mozo de Tomiño detido logo de ser descuberto por un garda forestal prendendo lume. Tamén hoxe o consello de ministros puxo en marcha a reforma do código penal para elevar a pena nese tipo de delictos // O Partido Popular vai promover nas institucións iniciativas de condena a Resistencia Galega. A decisión anúnciase despois da sentenza da Audiencia Nacional que lles impuxo a catro membros da organización penas de ata 18 anos de prisión por cometer accións terroristas // Decepción na flota cefalopodeira, logo de que a Union Europea e Mauritania confirmasen a expulsión dos barcos galegos que faenaban en augas do pais norteafricano. 20/09/13