Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Os restos de Franco, exhumados da basílica do Valle dos Caídos // O terceiro trimestre do ano remata con 3.100 parados máis en Galicia que no trimestre anterior // Unha froiteira da Coruña denuncia que foi agredida por ter á venda mercadoría procedente de Cataluña. (24/10/19)

A universidade de Santiago suspende cautelarmente ao profesor Luciano Méndez tras unha nova denuncia por comentarios machistas dirixidos a unha alumna // Sesión de control no Parlamento galego con preguntas a Feijóo sobre recursos sanitarios e a crise de empresas electrointensivas, e cun marcado ton preelectoral // A campaña deste outono prevese moi boa en canto a variedade, cantidade e calidade dos cogomelos, logo de tres anos malos por mor da meteoroloxía. (23/10/19)

A universidade de Santiago suspende cautelarmente ao profesor Luciano Méndez tras unha nova denuncia por comentarios machistas dirixidos a unha alumna // Sesión de control no Parlamento galego con preguntas a Feijóo sobre recursos sanitarios e a crise de empresas electrointensivas, e cun marcado ton preelectoral // A patronal do xogo celebra un encontro na cidade da cultura no que defende que en Galicia non existe un problema con esta actividade // Seiscentos estudantes participan na feira internacional de emprego impulsada pola universidade de Vigo // Cine de autor feito en calquer lugar do mundo, ciclos temáticos e películas de animación centran a semana de cine de Lugo // A campaña deste outono prevese moi boa en canto a variedade, cantidade e calidade dos cogomelos, logo de tres anos malos por mor da meteoroloxía. (23/10/19)

Galicia seguirá allea á DANA que está afectar ao Mediterráneo e hoxe tamén ao Cantábrico oriental. Teremos, iso sí, algo máis de inestabilidade. Nubes e claros con algunhas chuvias ocasionais que serán máis intensas con chuvascos dispersos en Lugo e Ourense. As temperaturas mínimas subiron e as máximas poden baixar algo. Oscilarán entre os 14 graos previstos en Lugo e os 18 de Vigo. (23/10/19)

A empresa de Padrón Aluminios Cortizo segue medrando e vai crear un campus tecnolóxico onde investigarán 350 enxeñeiros e arquitectos // Unha empresa funeraria de Becerreá, en Lugo, é a encargada da exhumación dos restos de Francisco Franco do Valle dos Caídos o próximo xoves // Entre aplausos e como heroes eran recibidos na Coruña trinta dos policías galegos destacados en Cataluña // Pontevedra limita a dez quilómetros por hora a velocidade máxima de todo tipo de vehículos nas rúas que compartan cos peóns // Un cento de empresas buscan captar talento en Galicia nun foro no que se ofertan mil postos de traballo de media e alta cualificación // O mosteiro de Xunqueira de Espadanedo, en Ourense, acolle unha exposición antolóxica de Acisclo Manzano. (22/10/19)

Entre aplausos e como heroes eran recibidos na Coruña trinta dos policías galegos destacados en Cataluña // A empresa de Padrón Aluminios Cortizo segue medrando e vai crear un campus tecnolóxico onde investigarán 350 enxeñeiros e arquitectos // Pontevedra limita a dez quilómetros por hora a velocidade máxima de todo tipo de vehículos nas rúas que compartan cos peóns. (22/10/19)

Xornada solleira, agás no terzo norte, onde os ceos están máis anubrados, e no leste, onde aumentará a nubosidade pola tarde con posibilidade dalgún chuvasco disperso. As temperaturas mínimas foron máis baixas esta noite con xeadas no interior e as máximas han subir. Oscilarán entre os 15 graos previstos en Lugo e os 19 que se agardan en Pontevedra. (22/10/19)

A empresa de Padrón Aluminios Cortizo segue medrando e vai crear un campus tecnolóxico onde investigarán 350 enxeñeiros e arquitectos // Unha empresa funeraria de Becerreá, en Lugo, é a encargada da exhumación dos restos de Francisco Franco do Valle dos Caídos o próximo xoves // Entre aplausos e como heroes eran recibidos na Coruña trinta dos policías galegos destacados en Cataluña // Pontevedra limita a dez quilómetros por hora a velocidade máxima de todo tipo de vehículos nas rúas que compartan cos peóns // Un cento de empresas buscan captar talento en Galicia nun foro no que se ofertan mil postos de traballo de media e alta cualificación // O mosteiro de Xunqueira de Espadanedo, en Ourense, acolle unha exposición antolóxica de Acisclo Manzano. (22/10/19)

Concentracións nas comisarías de Policía Nacional galegas en apoio aos axentes feridos nos disturbios de Barcelona, na de Vigo participou a nai do axente galego que segue grave // Arranca na Audiencia Provincial da Coruña o xuízo contra a muller acusada de matar aos dous anciáns que coidaba en Arzúa // O Celta roza os postos de descenso, logo de colleitar unha nova derrota fóra da casa // O Deportivo perde contra o Málaga e queda colista da Segunda División, mentres que o Lugo acada a segunda vitoria no que vai de liga // Comeza en Santiago a semana de cine euroárabe Amal, unha ollada cinematográfica á vida en lugares coma Siria, Líbano ou Arxelia. (21/10/19)

Concentracións nas comisarías de Policía Nacional galegas en apoio aos axentes feridos nos disturbios de Barcelona, na de Vigo participou a nai do axente galego que segue grave // Abren en Lugo as Aulas Newton, unha iniciativa para promover o interese dos estudantes de secundaria polas carreiras tecnolóxicas // Comeza en Santiago a semana de cine euroárabe Amal, unha ollada cinematográfica á vida en lugares coma Siria, Líbano ou Arxelia. (21/10/19)

Concentracións nas comisarías de Policía Nacional galegas en apoio aos axentes feridos nos disturbios de Barcelona, na de Vigo participou a nai do axente galego que segue grave // Arranca na Audiencia Provincial da Coruña o xuízo contra a muller acusada de matar aos dous anciáns que coidaba en Arzúa // O Celta roza os postos de descenso, logo de colleitar unha nova derrota fóra da casa // O Deportivo perde contra o Málaga e queda colista da Segunda División, mentres que o Lugo acada a segunda vitoria no que vai de liga // Comeza en Santiago a semana de cine euroárabe Amal, unha ollada cinematográfica á vida en lugares coma Siria, Líbano ou Arxelia. (21/10/19)

Comezamos a semana con ventos do norte e aínda certa inestabilidade. Día de ceos parcialmente cubertos con chuvascos, máis frecuentes na metade norte e que poderán deixar algunha folerpa de neve nos cumios máis altos de Galicia. As temperaturas descenden lixeiramente, con máximas que nas cidades oscilarán entre os 18 graos de Vigo e Pontevedra e os 14 de Lugo e Santiago. (21/10/19)

Toyota vai construir na planta de PSA CITROEN de Vigo a sua nova furgoneta Proace City // Cada ano diagnostícanse  en Galicia uns 4.500  casos de cancro de mama, unha doenza que vai padecer unha de cada oito mulleres ao longo da súa vida // Cúmprense trinta anos da concesión do Premio Nobel de Literatura a Camilo José Cela. 18/10/19

Toyota vai construir na planta de PSA CITROEN de Vigo a sua nova furgoneta Proace City // O xurado popular acaba de declarar culpable de asasinato, por unanimidade, ao acusado polo crime machista de Becerreá // Cada ano diagnostícanse  en Galicia uns 4.500  casos de cancro de mama, unha doenza que vai padecer unha de cada oito mulleres ao longo da súa vida // O sector sanitario reflexiona sobre cómo axudar aos lesionados medulares a vencer a sensación de impotencia e tomar o control das súas vidas // Os atletas galegos Ana Peleteiro e Adrián Ben prestarán a sua imaxe para a campaña da Xunta contra a violencia de xénero // Cúmprense trinta anos da concesión do Premio Nobel de Literatura a Camilo José Cela // Mondoñedo celebra as afamadas festas das San Lucas cos cabalos como protagonistas. 18/10/19

A fin de semana chega acompañada dunha fronte fría que xa esta tarde-noite deixará chuvias que serán máis intensas na fachada atlántica. As temperaraturas baixan lixeiramente. As máximas oscilarán entre os 15 graos de Lugo e os 18 da Coruña. Temperaturas que seguirán en descenso durante o sábado e o domingo, cando agardamos chuvascos con saraiba e mesmo neve en cotas altas. 18/10/19

A xunta aproba o proxecto de orzamentos para o próximo ano // Un de cada catro galegos está en risco de pobreza ou exclusión social // A fervenza do Ézaro, a rebordar polas chuvias de récord que se rexistraron no suroeste da provincia coruñesa nas últimas horas. 17/10/19

A xunta aproba o proxecto de orzamentos para o próximo ano // Un de cada catro galegos está en risco de pobreza ou exclusión social // As probas periciais e os testemuños dos gardas civís desmontan a versión do disparo accidental que deu o acusado polo crime machista de Becerreá // A multinacional de venda por internet Amazon abre hoxe no Porriño o seu primeiro centro loxístico para o noroeste de España // En toda Galicia retiráronse 15.000 niños de avespa velutina ete ano e aínda quedan outros dez mil localizados // A fervenza do Ézaro, a rebordar polas chuvias de récord que se rexistraron no suroeste da provincia coruñesa nas últimas horas. 17/10/19